Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Limpadoiro-Os Campos, A Fontiña, Cuvelos-Penas do Castro, Tras da Aira, O Campo e Monte do Rego, a favor dos veciños da parroquia de Santo Estevo de Rivas de Sil, no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada con data do 4 de novembro, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte integrado polas parcelas denominadas Limpadoiro-Os Campos, A Fontiña, Cuvelos-Penas do Castro, Tras da Aira, O Campo e Monte do Rego e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Abel Carvajales Santaeufemia e Míriam Areal López, en virtude do punto terceiro da orde do día da reunión do 30 de setembro de 1998.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Monte denominado: monte Limpadoiro-Os Campos, A Fontiña, Cuvelos-Penas do Castro, Tras da Aira, O Campo e monte do Rego.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Santo Estevo de Rivas de Sil.

Superficie: 148 ha 90 a, aproximadamente.

Monte O Limpadoiro e Os Campos.

Superficie: 2,00 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: estrada de acceso a Santo Estevo.

Sur: herdeiros de Manuel Rodríguez Mosquera, herdeiros de Manuel Pombar Fernández, Adelaida Pombar Rodríguez e monte Apeixón.

Leste: herdeiros de Juan Taboada e Arturo Villanueva Iglesias.

Oeste: herdeiros de Faustino Fernández, herdeiros de Isaac Fernández Álvarez, herdeiros de Josefa Iglesias, herdeiros de Manuel Fontevoa Arias, herdeiros de José Pombar Fernández, herdeiros de Celso Fernández.

Noroeste: herdeiros de José Fernández Campos, Josefa Pombar Lastra.

Sueste: herdeiros de Visitación Castro Fernández, herdeiros de Juan Antonio Fernández, herdeiros de Juan Losada, Benita Fernández González, José Manuel Soto Pombar, Manuel Losada Lastra.

En dirección oeste-leste atravésao a estrada Ponte dos Gozos-Parada do Sil.

En dirección sur-norte tamén o atravesa a estrada de acceso a Santo Estevo.

Monte: A Fontiña.

Superficie: 1,5 ha, aproximadamente.

Estremas:

Nordeste: estrada Ponte dos Gozos-Parada do Sil.

Sur: herdeiros de Higinio Robés Villanueva, herdeiros de Néstor Pombar Rodríguez, herdeiros de José Pombar Fernández e Vicenta Lastra Pombar.

Leste: herdeiros de Felisa Rodríguez, herdeiros de Eudosia Pombar Rodríguez e herdeiros de Higinio Robles Villanueva.

Oeste: Benita Fernández González, Leopolda Rivera González e herdeiros de Isaac Fernández Álvarez.

Monte Cuvelos e Penas do Castro.

Superficie: 3,00 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: herdeiros de Bernardino Rodríguez, herdeiros de Remedios González Fernández e camiño Santo Estevo-Paradela.

Sur: herdeiros de Escolástica Iglesias, Manuel Gómez Pérez e herdeiros de Francisco Rodríguez Casanova.

Leste: Manuel Pombar Nóvoa, herdeiros de Enrique Rodríguez Prada, herdeiros de Fernando Fernández Pérez, herdeiros de Simón Gómez, herdeiros de Manuel González e herdeiros de Josefa Gómez Pombar.

Oeste: herdeiros de Remedios González Fernández.

Monte Tras da Aira.

Superficie: 0,8 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: herdeiros de Melchor Gómez Fernández.

Sur: herdeiros de Aquilino González Rodríguez.

Leste: herdeiros de Albino Fernández Gómez.

Oeste: camiño novo.

Monte O Campo.

Superficie: 2,5 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño a Santo Estevo-Paradela.

Sur: herdeiros de Remedios Fernández Gómez, herdeiros de Laureano Rodríguez, Amable Gómez Gómez.

Leste: herdeiros de Carolina Sánchez, herdeiros de Melchor Gómez Fernández, herdeiros de Remedios Fernández Gómez.

Oeste: herdeiros de Melchor Gómez Fernández.

Monte do Rego.

Superficie: 140 ha, aproximadamente.

Estremas:

Norte: herdeiros de Fernando Fernández Pérez, herdeiros de Manuel Rodríguez, herdeiros de María Pérez Quinzán e Hiberdrola, S.A.

Sur: herdeiros de Laureano Rodríguez, herdeiros de José Lorenzo, herdeiros de Severo Campos.

Leste: herdeiros de Pedro Pérez, herdeiros de Fernando Fernández Pérez.

Oeste: Comunal de Moura e Comunal de Nogueira.

A liña divisoria cos montes de Nogueira e Moura é a seguinte: parte do montecelo de Penas Altas, a carón da estrada Ponte dos Gozos-Parada do Sil, e segue en liña recta ata o montecelo Valdevaguas. Desde este montecelo continúa en liña recta ata o montecelo Cabanas. Desde Cabanas baixa en liña recta polos montecelos de Penedos das Pasadas ata Laxa das Estreliñas, ó lado do río Sil.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de novembro de 1999.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense