Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación do servicio de seguridade privada para as dependencias do Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de servicio, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Instituto Galego de Estatística.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económico-Administrativa.

Nº de expediente: 227.01/2001.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: prestación do servicio de seguridade privada das dependencias do Instituto Galego de Estatística.

Prazo de duración: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitacion:

Importe total: 7.500.000 ptas. (45.075,91 euros).

5. Garantía provisional: 150.000 ptas. (901,52 euros).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, CP 15703. Teléfono: 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro do IGE das 9 ás 14 h ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas económicas: o noveno día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2000.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística