Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (116/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de decembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente por pedimento de Campos e Carbajales, S.L., representada por Juan Fernández Canal y Antonio Rodríguez Campos, o proxecto de delimitación do polígono 13 do SU 14 do PXOU de Ourense, redactado pola arquitecta María Jesús Castelo Villanueva, con entrada neste concello o día 18 de marzo de 1999, coas correccións feitas nel en canto ó número de vivendas permitidas polo planeamento (anexo I), que pasa a formar parte do expediente con data do 11 de maio de 1999.

2. Establecer como sistema de actuación do polígono o de compensación.

O que se fai público de conformidade co disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 22 de decembro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcade-presidente