Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 24 de xaneiro de 2000 Páx. 968

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ANUNCIO de corrección de erros na convocatoria dun curso de diplomado en enfermería de empresa.

1. Advertido erro na citada convocatoria, publicada no DOG nº 234, do 3 de decembro de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 14.330, onde di: «A Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, de acordo coas previsións legais e coa finalidade de potencia-la formación e capacidade dos profesionais sanitarios no ámbito da saúde laboral, convoca un curso de diplomado de enfermería de empresa, en colaboración co Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.», debe dicir: «A Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, de acordo coas previsións legais e coa finalidade de potencia-la formación e capacidade dos profesionais sanitarios no ámbito da saúde laboral, fai pública a convocatoria dun curso de diplomado de enfermería de empresa, efectuada pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en execución das previsións contidas no convenio de colaboración subscrito o 26 de setembro de 1999 entre esta e a Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais.».

2. Na páxina 14.330, onde di: «1. Normas Xerais 1.1 Convócase un curso de diplomados de enfermería de empresa en colaboración co Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo», debe dicir: «1.-Normas Xerais.- 1.1 Anúnciase a convocatoria pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dun curso de diplomados de enfermería de empresa en colaboración entre o Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo e a Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais.».

3. Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes.

Lugo, 20 de xaneiro de 2000.

Santiago Díaz de Freijo López

Presidente da Sociedade Galega de Prevención

de Riscos Laborais