A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca o seguinte concurso.
1. Nome e enderezo do servicio.
Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.
Departamento de Contratación Administrativa.
Pizarro nº 22, 36204 Vigo.
Teléfono: 986 81 60 23/81 60 28
Fax: 986 81 60 65.
2. Modalidade da adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
3. a) Lugar da entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar.
* C.P.13/00.-Lencería dun só uso. Cun orzamento total de: 38.391.660 ptas. (230.738,53 euros), IVE incluído.
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: véxase folla de especificacións.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: véxase punto nº 1.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 14 de febreiro de 2000.
6. a) Data límite da recepción das ofertas: 21 de febreiro de 2000.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto nº 1.
c) Lingua ou linguas nas que se deben redactar: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.
Data, hora e lugar da dita apertura: 3 de marzo de 2000, 8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.
8. Fianzas e garantía esixidas:
Provisional: 2% do orzamento de cada un dos lotes ós que se licite.
Definitiva: 4% do importe máximo de licitación.
9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: véxase prego de cláusulas administrativas.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: véxase prego de cláusulas administrativas.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: véxase prego de cláusulas administrativas (folla de especificacións).
14. Data de publicación do anuncio indicativo no Diario Oficial das Comunidades Europeas: non se enviou.
15. Data do envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 30 de decembro de 1999.
16. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:
17. Anuncio: o importe desta resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.
Vigo, 18 de novembro de 1999.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo