Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2000 Páx. 1.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de redacción de proxecto técnico e execución de obra.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: redacción de proxecto e execución da obra de reforma da sala de caldeiras, para a súa adaptación á instalación de gas, no Centro Residencial e Rehabilitador San Rafael.

3. Lugar de execución: Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei-Lugo).

4. Orzamento: 19.900.000 pesetas.

5. Prazo de execución: 5 meses.

6. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da deputación provincial.

7. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

8. Presentación das ofertas: trece (13) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

10. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, das 10 ás 14 horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 8, con data do 12 de xaneiro de 2000.

Lugo, 12 de xaneiro de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo