Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 201/1999).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Viladesuso (Betanzos e Bergondo).

Liñas eléctricas aéreas a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 619 m de lonxitude coa orixe na liña de Betanzos e final no centro de transformación Viladesuso I que se vai instalar e de 168 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o centro de transformación Viladesuso I e final no centro de transformación Viladesuso II que se vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV para Viladesuso I e Viladesuso II. Redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de lonxitudes de 425 m e 205 m desde os CC.TT. Viladesuso I e Viladesuso II respectivamente, nos termos municipais de Betanzos e Bergondo. (Expediente 201/1999).

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 2-9-1999 e no BOP do

6-9-1999, no xornal La Voz de Galicia do día 11-8-1999 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Betanzos e Bergondo. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos terreos relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e no artigo 25 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Comprobouse igualmente que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 13 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña