No BOP número 13, correspondente ó día 18 de xaneiro de 2000, aparece publicada a convocatoria para cubrir, mediante contratación laboral fixa, cinco prazas de peóns de mantemento-limpeza viaria, polo sistema de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.
Ames, 19 de xaneiro de 2000.
O alcalde
Rubricado