Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de decembro de 1999 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estos prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

-Guía de Xestión Clínica da Incapacidade Temporal: l.800 pesetas (4,81 euros).-Programa Gallego de Eliminación del Sarampión: 1.500 pesetas (9,02 euros).-Guía de Procedimientos de Prevención y Control de Enfermedades Transmisibles en el Medio Hospitalario: 8.600 pesetas (51,29 euros).-Guía para a Xestión de Residuos Sanitarios: 2.400 pesetas (14,42 euros).-Memoria de Xestión 1998 da Dirección Xeral de Saúde Pública: 4.000 pesetas (24,04 euros).-Concerto para a Prestación Farmacéutica a través das Oficinas de Farmacia: 800 pesetas (4,81 euros).-Manual de Procedementos de Atención Primaria: 750 pesetas (4,51 euros).-Programa de Atención Sociosanitaria: Plan Estratéxico: 1.200 pesetas (7,21 euros).-Valoración por Obxectivos e Potencialidades no Traballo Social: 1.100 pesetas (6,61 euros).