Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, asinado o día 2 de novembro de 1999, pola representación da patronal (APEC) e das centrais sindicais FECOMA-CC.OO. (45,5%), MCA-UGT (27,3%), USO (18,2%) e FCM-CIG (9,1%), e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de decembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Asistentes e representantes

Representación sindical:

Por FECOMA-CC.OO. co 45,5%:

Jesús Varela Lodeiro.

Ramiro López Peruga.

Manuel Valín Ceide.

Ángel Barreiro Pérez.

Por MCA-UGT, co 27,3%:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

Por USO, co 18,2%:

Mª del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

Por FCM-CIG, co 9,1%:

Ignacio Javier García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel Glez. Zaera Glez.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo e na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, sita na Avda. das Américas, 15-17 entreplanta, reúnense os representantes das centrais sindicais e da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, relacionados na marxe, ás 20 horas do día 2 de novembro de 1999, logo de convocatoria cursada para o efecto co obxecto de negocia-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo.

Aberta a sesión e despois de intercambios de distintos puntos de vista chégase ós seguintes acordos:

1. Aproba-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento da provincia de Lugo para o ano

1999, do que se xunta redacción con tódolos seus anexos.

2. Aproba-la táboa de retribucións revisada que figura no anexo I.

3. Publica-lo texto do convenio colectivo, táboas de retribucións coa vixencia que no dito texto se indica.

4. Remiti-la presente acta co texto do convenio e documentación adxunta á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Galicia en Lugo para o seu rexistro e envío ó Diario Oficial de Galicia e ó BOP.

5. Que os atrasos de retribucións se aboarán no mes seguinte á publicación deste acordo no BOP ou Diario Oficial de Galicia, non obstante, a parte empresarial recomendará ós seus asociados o aboamento dos ditos atrasos antes de rematar 1999.

6. Autorizar expresamante a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

7. A CIG manifesta o seu desexo de non asinar este convenio.

E en proba de conformidade asínase esta acta polos integrantes da comisión negociadora, no lugar e data expresados no encabezamento, se ben non subscribe o acordo a CIG, que queda non obstante aprobado pola maioría absoluta da representación sindical e a totalidade dos representantes empresariais.

Asistentes e representantes:

Representación sindical:

Por FECOMA-CC.OO. co 45,5%:

Jesús Varela Lodeiro.

Ramiro López Peruga.

Manuel Valín Ceide.

Ángel Barreiro Pérez.

Por MCA-UGT, co 27,3%:

Adolfo Mosteirín Turia.

Plácido Regueiro Gorgoso.

Pedro González Sordo.

Por USO, co 18,2%:

Mª del Carmen Arias Río.

Manuel Expósito López.

Por FCM-CIG, co 9,1%:

Ignacio Javier García Gómez.

Guillermo Rey Rouco.

Xosé Manuel Seixas Ares.

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

Ricardo Castro López.

José Juan Meijide Calvo.

Manuel Sánchez Varela.

Juan Manuel Glez. Zaera Glez.

Silviano Pizarro Gómez.

Asesora:

Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo e na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, sita na avenida das Américas, 15-17, entreplanta, reúnese a comisión deliberadora do convenio de comercio e materiais da construcción e saneamento constituída polos representantes das centrais sindicais e da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo relacionados á marxe, ás 20 horas, o día 23 de novembro de 1999, logo de convocatoria cursada para o efecto co obxecto de emenda-los erros advertidos no citado convenio e para tal efecto

ACORDAN:

1. Corrixi-la palabra paritaria que figura no último parágrafo da acta de constitución da comisión mixta deliberadora do convenio de comercio e materiais da construcción e saneamento asinada o 1-2-1999, xa presentada no rexistro xeral do edificio administrativo de Lugo, que debe quedar suprimida.

2. Corrixi-lo acordo primeiro da acta de aprobación do convenio de comercio e materias da construcción e saneamento presentada o 2 de novembro do ano en curso no rexistro xeral do edificio administrativo, que queda redactado como segue:

«Aproba-lo convenio colectivo de traballo para a actividade de comercio e materiais da construcción e saneamento na provincia de Lugo para os anos 1999, 2000 e 2001, do que se xunta redacción con tódolos seus anexos».

3. Emenda-lo erro advertido no artigo 7 do convenio que queda redactado nos seguintes termos:

«Para o ano 1999, 2000 e 2001 o incremento económico atópase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I e artigo 6 do anexo IV».

4. Emenda doutros erros observados no contido do convenio, subscribindo os comparecentes o novo texto dos artigos rectificados.

5. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora, Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para os efectos de proceder á presentación desta actas de emenda.

E en proba de conformidade asinan esta acta os integrantes da comisión negociadora, con excepción dos representantes da FCM-CIG, no lugar e datas expresados no encabezamento.

CONVENIO COLECTIVO DE TRABALLO REVISADO PARA

A ACTIVIDADE DE COMERCIO DE MATERIAIS

DE CONSTRUCCIÓN E SANEAMENTO

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio colectivo regula as condicións de traballo en tódalas empresas que se dediquen

á actividade de comercio de materiais de construcción e saneamento.

Artigo 2º.-Carácter.

As condicións que nel se estipulen teñen o carácter de mínimas e, na súa virtude, son nulos e non producirán efecto ningún entre as partes os pactos ou cláusulas que, individualmente ou colectivamente, impliquen condicións menos favorables para os traballadores.

Artigo 3º.-Lexislación supletoria.

No non previsto neste convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 4-6-1998, así como o Acordo Sectorial Nacional do 24-5-1999.

Artigo 4º.-Ámbito funcional.

O convenio afecta a tódolos traballadores e empresas incluídas no ámbito funcional salvo o persoal directivo nivel I.

Artigo 5º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo de traballo é de aplicación obrigatoria a toda a provincia de Lugo e afectará os centros de traballo radicados nela, aínda cando tivesen as empresas o seu domicilio social noutras, e ós traballadores que fosen trasladados doutras a esta.

Artigo 6º.-Vixencia e incrementos salariais.

A vixencia para efectos económicos deste convenio será desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do 2001, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia o no BOP. Coas actualizacións que se recollen no artigo 6º.

Non obstante o anterior, e en evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade tanto o seu contido normativo como no obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 7º.-Incrementos económicos.

Para o ano 1999, 2000 e 2001 o incremento económico atópase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I.

Artigo 8º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o incremento anual do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) o 31 de decembro de 1999 supere o 1,8% efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

O mesmo criterio fixado no parágrafo anterior operará, se é o caso, para a revisión económica dos anos 2000 e 2001, cando o IPC do 31 de decembro supere o IPC previsto nos Orzamentos Xerais do Estado respectivos, que servirán de base para fixa-los incrementos salariais sinalados no artigo 6º deste convenio.

A dita revisión, se é o caso, afectará ós conceptos previstos no artigo 6º deste convenio.

Artigo 9º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, este convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, para o obxecto de resolve-lo problema formulado. Se no prazo de 45 días, a partir da data da firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non acadasen un acordo, comprométense a fixa-lo calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 10º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio haberá de efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de terminación, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 11º.-Absorción, compensación, condicións mínimas e condicións máis beneficiosas.

As condicións deste convenio absorberán ou compensarán calquera outra que existan á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a súa vixencia, con respecto das condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio .

Artigo 12º.-Aviso previo do cesamento.

O persoal comprendido neste convenio obrígase a comunicar, por escrito, o cesamento na empresa, cos prazos seguintes:

Técnicos: tres meses, como mínimo.

Empregados: quince días de traballo efectivo como mínimo.

Persoal obreiro: dez días de traballo efectivo como mínimo.

Artigo 13º.-Conservación do equipo mecánico.

Todo traballador responsable dun equipo mecánico de traballo terá a obriga, durante a xornada laboral de traballo- e nos tempos mortos- de coidar da boa conservación e mantemento del, podéndose esixir responsabilidades, en caso contrario.

Artigo 14º.-Categorías profesionais.

Os empregados percibirán niveis retributivos que lles correspondan segundo a súa categoría profesional e aténdose, para iso, á clasificación que fai a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica de 1970, modificada por Orde do 27 de xullo de 1973.

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral normal de traballo será de 1.760 horas efectivas anuais de traballo que se rea

lizarán en razón de 40 horas semanais, para repartir de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario fixado pola comisión mixta do convenio.

A xornada para o ano 2000 será igualmente de 1.760 horas efectivas de traballo, e para o a no 2001 de 1.756 horas efectivas de traballo, sendo inhábiles sábados e domingos.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías.

O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre en día laborable, que non sexa venres, mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construcción.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. A falta de acordo haberá que aterse ó disposto nos convenios colectivos sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en calquera caso, os criterios seguintes:

a) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderase fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e contra a súa decisión non caberá recurso.

3. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación da súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase aquel se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións se sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a súa duración computarase como días de vacación, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT

Se a incapacidade temporal se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

8. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

Artigo 17º.-Permisos e licencias.

1. O traballador, con aviso previo de polo menos corenta e oito horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, está facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Un día por matrimonio de fillos.

d) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día, por traslado do domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudios que estea realizando en centros de ensino, universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nos puntos b), c), d), e), o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados neles incrementaranse en dous días naturais.

2. Nas mesmas condicións que as previstas no punto 1 deste artigo, o traballador poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, haberá que aterse ó que esta dispoña, en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador perciba unha compensación económica, calquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe dela da retribución a que tivese dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis do 25% das horas laborables nun período de tres meses, a empresa encóntrase facultada para decidi-lo paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con tódolos efectos inherentes a ela.

3. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4. O traballador que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terán dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeiros nove meses de vida do menor é incompatible co previsto no punto 3 deste artigo.

Réxime económico

Artigo 18º.-Percepcións económicas.

1. Do conxunto de percepcións económicas, en diñeiro ou en especie, que o traballador obtén na relación de traballo por conta allea, unhas percíbeas como retribución ou contraprestación directa pola prestación do seu traballo e son as que constitúen o salario. Outras recíbeas como compensación de gastos, como prestación e os seus complementos e indemnizacións ou por modificacións na súa relación

de traballo, non formando ningunha delas parte do salario por ser percepcións de carácter extrasalarial.

2. Percepcións económicas salariais:

a) Salario base é aquela parte da retribución que se fixa atendendo exclusivamente á unidade de tempo, co rendemento normal esixible, de acordo coa táboa salarial exposta no anexo I.

b) Complementos salariais ou cantidades que, se é o caso, deban adicionarse ó salario base, atendendo ás seguintes circunstancias distintas da unidade de tempo:

Persoais, tales como antigüidade consolidada, se é o caso.

De posto de traballo, tales como as derivadas de traballo, incentivos, traballos feitos, complementos de actividade ou asistencia ou horas extraordinarias.

As cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente ós seus traballadores.

As pagas extraordinarias e a retribución de vacacións.

3. Percepcións económicas non salariais:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e os seus complementos.

b) As indemnizacións ou suplidos por gastos que tivesen que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe ou locomoción, complementos extrasalariais e aquelas diferencias de aluguer ou custo de vivenda que viñese percibindo o traballador, en aplicación do artigo 146.7º da derrogada, para o sector da construcción, ordenanza laboral da construcción.

c) As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Aqueles complementos salariais que teñan carácter funcional ou circunstancial como os de posto de traballo realizado, e as cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente, consideraranse non consolidables no salario do traballador e non se computarán como base das percepcións enumeradas no punto 2 dese artigo.

Artigo 19º.-Estructura das percepcións económicas.

1. Conceptos salariais e extrasalariais que forman parte da táboa de percepcións económicas.

a) Os conceptos son os seguintes:

Salario base.

Gratificacións extraordinarias.

Complementos salariais.

Complementos extrasalariais.

b) No concepto gratificacións extraordinarias enténdese incluída a retribución de vacacións.

c) En complementos salariais considéranse incluídos tódolos complementos que se pacten, que constitúan contraprestación directa do traballo e non compensación de gastos orixinados por asistir ou realiza-lo traballo.

d) En complementos extrasalariais considéranse incluídos cantos conceptos se pacten, de carácter indemnizatorio de gastos orixinados ó traballador pola prestación do seu traballo, tales como distancia, transporte, percorrido, ferramentas e roupa de traballo.

2. Dentro do citado espírito de homoxeneización e racionalización, acórdase establece-las proporcións que deben gardar algúns dos conceptos, en relación co total anual pactado na táboas de percepcións económicas deste convenio.

a) Os conceptos de salario base e gratificacións extraordinarias definidos no artigo anterior, sumados, deberán quedar comprendidos entre o 65% e o 75% do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel.

b) O complemento extrasalarial deberá quedar comprendido, durante 1999 para cada categoría ou nivel retributivo, entre o 5% e o 8%.

Durante os restantes anos da vixencia deste convenio estas porcentaxes variarán segundo a seguinte escala:

Ano 2000, entre o 5% e o 7%.

Ano 2001, entre o 5% e o 7%.

c) Os complementos salariais sumados ocuparán a restante porcentaxe que resulte de aplica-los dous criterios anteriores sobre o total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

3. Ademais dos conceptos sinalados, poderán existir no recibo de salarios dos traballadores as restantes percepcións a que fai referencia o artigo anterior.

Todo iso mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 20º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais, polos importes que, para cada categoría e nivel, se establecen no anexo I.

2. Os complementos salariais de convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que, para cada categoría e nivel, se fixen no anexo I.

3. O complemento extrasalarial de convenio devengarase durante os días de asistencia ó traballo, polos importes que se fixan no anexo I.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

a) Paga de xuño: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada comprenderá tódalas percepcións económicas pactadas no convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual virá dada pola seguinte fórmula:

RA=SBx335+ (PS+PE) x número de días efectivos de traballo) + vacacións + PX + PN.

RA= remuneración anual.

SB= salario base.

PS= pluses salariais.

PE= pluses extrasalariais.

PX= paga de xuño.

PN= paga de Nadal.

Artigo 21º.-Pagamento das percepcións económicas.

1. Pagamento do salario.

a) Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía non superior ó 90% das cantidades devengadas.

b) As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á de finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

c) O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e por tanto non retribuído para ningún efecto.

d) As empresas quedan facultadas para paga-las retribucións e anticipos a conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose o cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

As empresas que veñan obrigadas a efectuaren o pagamento de salarios por talón bancario ingresarán o importe deles, por petición do traballador, na conta bancaria que sinale o traballador, sen que iso poida ocasionar mingua ou gasto para os citados.

e) O traballador deberá facilitarlle á empresa, no momento do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu Número de Identificación Fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

2. O réxime retributivo salarial, para tódolos traballadores comprendidos neste convenio, será o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais, que figuran como anexo.

Para unha maior simplificación dos cálculos retributivos, como anexo a este convenio, tamén figurará a táboa de retribucións mensuais e anuais de tódalas categorías profesionais.

Para tódalas categorías, os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30).

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio terá dereito a percibir como atrasos o tanto por cento que se determine o primeiro de ano entre a representación sindical e patronal, que terá como base o IPC previsto polo Goberno.

Artigo 22º.-Complemento de asistencia, puntualidade e productividade.

Establécese este complemento, do que a contía figura no anexo I, para os traballadores que con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade non teñan ningunha falta de asistencia, non xustificada, ó traballo.

O dito complemento será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

No suposto de hospitalización do traballador, percibirá o complemento completo, pero, neste caso, non será cotizable á Seguridade Social nin accidentes de traballo pola súa condición de indemnización ou suplidos polo gastos realizados como consecuencia da súa situación laboral.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído, directamente, da base de cálculo do importe das horas extraordinarias.

Artigo 23º.-Perda do complemento de asistencia, puntualidade e productividade.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días de complemento.

A segunda xornada non traballada completa suporá a perda de dez días de complemento.

A terceira xornada non traballada completa suporá a perda do importe total mensual do dito complemento.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

Para a determinación do complemento diario, para tódolos efectos, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura baixo este concepto nas táboas de salarios. A perda deste complemento é independente das sancións que por comisión de faltas de asistencia poidan ser impostas pola empresa, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia.

Para estes efectos non se entenden como faltas inxustificadas as faltas en situación de baixa oficial. Por enfermidade ou accidente, vacacións, licencias retribuídas ó amparo do convenio xeral do sector e demais disposicións legais e licencias retribuídas con permiso ou expresa autorización da empresa. A perda deste complemento é independente das sancións que, por comisión de faltas de asistencia, poidan ser impostas, pola empresa, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia.

Puntualidade. Respecto ó horario de traballo, por parte dos traballadores, a puntualidade é de nece

saria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores comprendidos neste convenio.

Enténdese por puntualidade a presencia do persoal á hora de comezo da xornada, no seu centro de traballo, así como non abandona-lo traballo, antes da finalización daquela.

Complementos salariais

Artigo 24º.-Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do Acordo Sectorial Nacional da Construcción sobre o concepto económico de antigüidade, asinado o día 18 de outubro de 1996 (BOE do 21 de novembro), asúmense por ámbalas partes asinantes os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito polo complemento persoal de antigüidade o 21 de novembro de 1996.

Ó importe anterior así determinado adicionarase, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada o 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio.

b) Os importes obtidos, ó abeiro do previsto na letra a), manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, isto é, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente co contrato do traballador afectado coa súa empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 25º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados por este convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles.

2. A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo I, máis antigüidade consolidada.

3. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Proporcionalidade no devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía será rateado conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural devengará a paga en pro

porción ó tempo de permanencia na empresa durante este.

b) Ó persoal que cese no semestre respectivo faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

c) O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida ou a tempo parcial devengará as pagas extraordinarias en proporción ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 27º.-Indemnizacións non salariais.

1. Complemento extrasalarial. Comprende complemento de transporte e distancia ata 12 km do centro urbano e roupa e calzado de traballo.

Será satisfeito, unicamente, en xornada realmente traballada completa e non será cotizable para efectos de Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnización ou suplido polos gastos realizados con consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste complemento diario dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura, para cada nivel profesional, neste artigo e nas táboas de retribucións mensuais e anuais anexas a este convenio.

Os traballadores comprendidos neste convenio ós que se lles esixa levar uniforme, serán provistos del pola empresa.

Os importes mensuais deste complemento, para cada nivel fíxanse na táboa anexa.

2. A paga de estudios atópase integrada nos importes de xuño e Nadal do anexo I.

Artigo 28º.-Compensación por enfermidade en accidente de traballo.

En caso de enfermidade común, accidente non laboral, accidente de traballo ou enfermidade profesional, o persoal en situación de incapacidade laboral transitoria percibirá, con cargo á empresa, polo período dun ano como máximo, o salario que lle corresponda por este convenio, incrementado coa antigüidade que, se é o caso, teña consolidada.

A empresa descontará deles, durante o dito período de tempo, as prestacións económicas que lle corresponda aboar ó INSS.

Artigo 29º.-Axuda por xubilación.

As empresas concederanlle un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos -como mínimo- de antigüidade na empresa, se xubilen voluntariamente durante a vixencia deste convenio.

A súa cantidade irá en función da seguinte escala:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 12 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 9 mensualidades.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 8 mensualidades.

As ditas mensualidades serán calculadas sobre o salario base.

Para a súa percepción, haberán de solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas soamente se lles concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no artigo seguinte.

Outras disposicións

Artigo 30º.-Salario mínimo.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estructura deste convenio nin a contía das retribucións salariais pactadas nel sempre e cando se lle garantan ó traballador ingresos superiores, en cómputo anual ós mínimos fixados polas disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

Artigo 31º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ó disposto para o efecto no convenio xeral do sector e demais lexislación xeral aplicable.

Artigo 32º.-Contrato para traballo ou fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados.

Este contrato formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algúns destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra con independencia da súa duración, e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución. Deberá reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra, por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberáselle comunicar por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros

de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita de cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario principal e allea á súa vontade, tras lle dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto 1. A representación dos traballadores do centro, ou no seu defecto a comisión paritaria, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa contestación, contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer un novo emprego ó traballador cesado cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo do acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o segundo suposto.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,50% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 33º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994, ou norma que o substitúa, ou formalizasen contratos de fomento de emprego dos regulados polo Real decreto 1989/1984 con anterioridade á súa derrogación, exceptuando o contrato de fixo de obra regulado no artigo anterior terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7%, se a duración fose igual ou inferior a trescentos sesenta e cinco días, e do 4,5% se a duración fose superior a trescentos sesenta e cinco días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. O contrato de duración determinado previsto no punto 1 b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores poderase concertar para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra; terán unha duración máxima de doce meses

nun período de dezaoito meses, computándose a dita duración desde que se produza a causa que xustifica a súa realización. En tales supostos, considérase que se produce a causa que xustifica a realización do citado contrato, nos casos previstos no Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo ou se considere necesario aumenta-lo número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servicio.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta á disposición, aplicarán as condicións pactadas nel.

4. Contrato para a formación.

4.1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade que a formación teórica e práctica, correspondente ós contratos para a formación, se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

4.2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4.3. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no artigo 31 do convenio xeral do sector construcción, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do convenio xeral do sector construcción.

4.4. O contrato para a formación poderase realizar con traballadores que fixesen os dezaseis anos e sexan máis novos de vinteún anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de formación ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

4.5. O tipo de traballo que debe presta-lo traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade, por razón de idade, os menores de dezaoito anos para os oficios de vixilante, poceiro e estibador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente fosen declarados como especialmente tóxicos, penosos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

4.6. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder dos 3 anos, sen prexuízo do establecido no punto 4.10.

Cando se realice por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderase prorrogar antes da súa terminación por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o de prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberase axustar ós prazos e forma que indica o artigo 28.1º do convenio xeral do sector construcción.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

4.7. Para a impartición da ensinanza teórica adoptarase como modalidade a acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensinanza.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do traballador en formación, que deberá ser aquela que, polo seu oficio ou posto cualificado, desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra que o traballador en formación.

4.8. A retribución dos contratados para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación:

De dezaseis e dezasete anos:

Primeiro ano: 55%.

Segundo ano: 60%.

De dezaoito e vinteún anos:

Primeiro ano: 65%.

Segundo ano: 70%.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

4.9. O complemento extrasalarial regulado no artigo 64 do convenio xeral do sector construcción devengarano os contratados en formación en igual contía que o sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

4.10. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ó que o contrato estivese suspendido.

4.11. Se, concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación

e do aproveitamento que, ó seu xuízo, obtivo na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5 por cento, calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico, e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Todo iso mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector construcción.

Artigo 34º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida no punto 2 b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998 os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 35º.-Recibo de liquidación.

1. O recibo de liquidación da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo III deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo editarao e proverá de exemplares a tódalas empresas do sector da provincia.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación do modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de liquidación, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo numerado, selado e datado e terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes ó da data en que foi expedido. A organización patronal que o expida virá obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Una vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

6. O traballador, poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes deste convenio no acto da sinatura do recibo de liquidación.

Aviso previo de cesamento

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicalo á empresa por escrito, con dez días de antelación, efectivos de traballo, perderá unicamente o dereito ó cobramento de tódalas percepcións correspondentes ós días de atraso no aviso previo.

Artigo 36º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da Forcem, durante os anos de vixencia deste convenio, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal nin, naqueles centros de traballo con menos de dez traballadores poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podéndose distribuír nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo nacional de formación continua, rexeranse polos dispostos no mesmo.

Artigo 37º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan 18 anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 38º.-Indemnizacións por morte e incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo ou enfermidade profesional.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha

mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicables vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 5.500.000 ptas. no ano 1999, 5.750.000 ptas. no ano 2000 e de 6.000.000 de ptas. no ano 2001; para a súa cobertura as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que haberán de lle exhibir ó traballador que así llo solicite.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ó traballador accidentado ou, en caso de falecemento, ós beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A indemnización comezará a obriga-lo día 1 do mes seguinte ó da entrada en vigor do convenio, e o seu importe considerarase entrega a conta das cantidades que como indemnización con cargo á empresa declarada responsable de accidente de traballo ou enfermidade profesional puideran fixa-los tribunais de calquera orde xurisdiccional.

Artigo 39º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe

nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión mixta paritaria, integrada por un presidente que será o da comisión deliberadora e como vocais un representante por cada unha das centrais sindicais, asinantes do convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, igual ó total dos das centrais sindicais; será secretario o vocal de menor idade.

As partes poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes, someten expresamente á dita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación deste convenio. A este respecto fíxase como requisito para proceder, a submisión previa do asunto á comisión mixta paritaria do presente convenio.

Artigo 40º

No non previsto por este convenio haberá que aterse ó disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción, e Acordo Sectorial Nacional, e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a ordenanza laboral da construcción de 28-8-1970, salvo en materia de clasificación profesional.

Convenio provincial de comercio de materiais de construcción e saneamento de Lugo. Ano 1999

Táboa de retribucións

NiveisCategoríaMensualAnualTotal anualValor hora

extraordinaria

Gratificacións

Salario baseComplementos

Asist./Produc.

puntualidade

Complemento

extrasalarial

TotalVacaciónsXulloNadal

IITitulado superior92.17129.26412.293133.728121.281146.628146.6281.885.5441.228

IIITitulado medio, xefe Admtvo. 1ª, xefe sección Org. 1ª92.06929.26412.293133.626121.281146.600146.6001.884.3661.125

IVXefe de persoal, Axdte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral91.86829.26412.293133.425121.281146.545146.5451.882.0441.033

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras85.49028.01111.599125.100114.344137.854137.8541.766.150972

VIOfic. Admtvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra79.25925.82110.391115.471112.322134.118134.1181.650.738962

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz79.25921.0139.798110.070108.281130.077130.0771.579.204921

VIIIOficial Admtvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial 1ª de oficio79.25919.6929.588108.539107.765129.561129.5611.560.815910

IXAuxiliar Admtvo. axudante topográfico, Aux. Organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio79.25910.4258.47598.159104.152125.948125.9481.435.796849

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, especialista de 1ª, axudante de oficio79.2599.7158.33497.308103.596125.392128.3921.424.767844

XIEspecialista de 2ª, peón especial79.2599.5068.26797.032103.431125.227125.2271.421.236842

XIILimpadora, peón ordinario79.2033.2527.53489.989101.353123.134123.1341.337.499793

ACORDO SECTORIAL NACIONAL DA CONSTRUCCIÓN

PARA OS ANOS 1999, 2000 E 2001

Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Metal, Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (Femca-UGT), e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (Fecoma-CC.OO.), ambas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no artigo 3.2º do convenio xeral do sector da construcción (CXSC),

ACORDAN:

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente Acordo Sectorial Nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do convenio xeral do sector da construcción (CXSC).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente nos anos 1999, 2000 e 2001, logo da súa publicación no BOE.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben este acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1999, 2000 e 2001.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no punto anterior.

3. Os pactos contidos neste acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexerá nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Xornada.

De acordo co establecido no artigo 70 do convenio xeral do sector da construcción, a xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste acordo será de mil setecentas sesenta horas de traballo efectivo durante os anos 1999 e 2000 e de mil setecentas cincuenta e seis horas durante o ano 2001.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1999, os convenios provinciais aplicarán un incremento do 2,3 por 100 sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordina-

rias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais.

Para os anos 2000 e 2001 os convenios provinciais aplicarán, respectivamente, sobre os conceptos mencionados no parágrafo anterior, un incremento igual ó da previsión de inflación establecida para o ano respectivo na Lei de orzamentos xerais do Estado máis un 0,45% no ano 2000, e un 0,40% no ano 2001.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no artigo 85.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o Índice anual de Prezos ó Consumo (IPC) o 31 de decembro de 1999 supere o 1,8%, correspondente ó IPC previsto para 1999 nos orzamentos xerais do Estado efectuarase unha revisión económica para ese ano no exceso producido, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais dos convenios do ano seguinte.

O mesmo criterio fixado no parágrafo anterior operará, se é o caso, para a revisión económica dos anos 2000 e 2001, cando o IPC o 31 de decembro supere o IPC previsto nos orzamentos xerais do Estado respectivos, que servirán de base para fixa-los incrementos salariais sinalados no artigo 6º.1 deste acordo.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 8º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da Forcem durante os anos de vixencia deste acordo, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas previstas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador haberá de acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo nacional de formación continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 9º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma en que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. O seus acordos interpretativos deste Acordo Sectorial Nacional terán a mesma eficacia que a da cláusula que fose interpretada.

4.O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do artigo 20 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para solventa-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido polas partes no convenio xeral do sector da construcción.

5. En todo caso, a comisión paritaria reunirase nos meses de xaneiro dos anos 2000 e 2001 para enviar ó BOE a suba salarial aplicable a ese ano e, se é o caso, a revisión económica prevista no artigo 7º deste acordo.

Artigo 10º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro do ano 2001.