Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.119

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000 pola que se publican os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o ano 2000 ós préstamos subvencionados dos convenios en vigor de axuda financeira ás Pemes.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998 e 1999, os tipos de xuro dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia, que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios, serán variables por semestres naturais. Para os acollidos ó convenio do ano 1991, estableceuse un sistema de variación do tipo de xuro para exercicios futuros por anos naturais.

Así mesmo, a Resolución do 17 de marzo de 1988, da Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira (DOG nº 77, do 25 de abril), dispón que ante a evolución do medio financeiro e a dinámica establecida nas variacións dos tipos de xuro, e co fin de adecua-lo custo dos créditos para os beneficiarios dos préstamos subvencionados ós prezos de mercado de cada ano, a Consellería de Economía e Facenda, segundo o establecido no texto dos correspondentes convenios de colaboración asinados coas entidades financeiras, fixará dentro do primeiro semestre de cada ano en curso os tipos de xuro vixentes para os préstamos de cada convenio.

Visto o exposto, e unha vez verificados os datos relativos á evolución dos tipos de referencia durante o período establecido nos citados convenios, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o primeiro semestre do ano 2000 ós prestamos en vigor dos convenios de axuda finan

ceira ás Pemes dos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998 e 1999 serán os seguintes:

-Préstamos do convenio 1992: 5,60%.

-Préstamos do convenio 1993: 5,20%.

-Préstamos do convenio 1994: 5,20%.

-Préstamos do convenio 1995: 5,20%.

-Préstamos do convenio 1996: 5,40%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,75, o tipo de xuro que se aplique será o resultado de engadir ó tipo de referencia (3,66) o tipo adicional que pactasen as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Préstamos do convenio 1997: 4,70%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,25, o tipo de xuro que se aplique será o resultado de engadir ó tipo de referencia (3,47) o tipo adicional que pactasen as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Préstamos do convenio 1998: 4,70%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,25, o tipo de xuro que se aplique será o resultado de engadir ó tipo de referencia (3,47) o tipo adicional que pactasen as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Préstamos do convenio 1999: 4,65%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,15, o tipo de xuro que se aplique será o resultado de engadir ó tipo de referencia (3,484) o tipo adicional que pactasen as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-O tipo de xuro máximo que se aplicará durante o ano 2000 ós préstamos en vigor do convenio do ano 1991 será o 7,20%.

Terceiro.-As entidades financeiras deberán comunicar ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Cuarto.-O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó límite fixado nos respectivos convenios. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se aplique á operación de préstamo será o que lle corresponda segundo o estipulado no punto primeiro ou segundo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica