Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.120

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal do grupo de xestión da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

O punto 3º da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de celebración das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 10 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polo citado tribunal sobre o lugar, data e hora de realización do cuarto exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición da categoría do grupo de xestión da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición o vindeiro día 9, ás 17 horas, no Palacio de Congresos e Exposicións, sito en San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte, e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que se excluirá do concurso-oposición quen non compareza.

Terceiro.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos