Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2000 Páx. 1.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, e 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado, esta secretaría acordou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos administrativos que se relacionan.

Forma de adxudicación: a totalidade dos contratos que a seguir se identifican foron adxudicados, logo de tramitación do correspondente expediente administrativo, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, ó abeiro do disposto nos artigos 74 e 75 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

A) Contratos administrativos de obras.

1. Resolución de licitación: 27 de agosto de 1999.

(DOG nº 171, do 3 de setembro).

1.1. Obxecto do contrato:

Reparación de cubertas nas instalacións do INEF de Galicia en Bastiagueiro, no concello de Oleiros (A Coruña).

Adxudicatario: A. y R. Gómez Crespo, S.L.

Importe adxudicación: 26.896.014 ptas.

Prazo de execución: 7 semanas.

Data da resolución: 27 de setembro de 1999.

2. Resolución de licitación: 22 de xullo de 1999.

(DOG nº 145, do 29 de xullo).

1.1. Obxecto do contrato:

Construcción dunha pista de atletismo no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Adxudicatario: Imaga Proyectos y Construcciones, S.A.

Importe adxudicación: 241.193.172 ptas.

Prazo da execución: dezaseis (16) meses.

Data da resolución: 6 de setembro de 1999.

B) Contrato administrativo de subministracións.

1. Resolución de licitación: 25 de agosto de 1999.

(DOG nº 168, do 31 de agosto).

1.1. Obxecto do contrato:

Adquisición de equipamento deportivo da pista de atletismo no complexo deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar (Ourense).

Adxudicatario: Moype Sport, S.A.

Importe adxudicación: 3.448.796 ptas.

Prazo da execución: vintecinco (25) días.

Data da resolución: 27 de setembro de 1999.

2. Resolución de licitación: 16 de xullo de 1999.

(DOG nº 154, do 11 de agosto).

2.1. Obxecto do contrato:

Adquisición de equipamento deportivo lotes I (pavillón polideportivo de Baralla), II (pavillón polideportivo de Covelo), III (pavillón polideportivo de Ourol) e V (pavillón polideportivo de Noia).

Adxudicatario: Mondo Ibérica, S.A.

Importe adxudicación: 2.186.085 ptas.

Prazo da execución: quince (15) días.

Data da resolución: 27 de setembro de 1999.

3. Resolución de licitación: 16 de xullo de 1999.

(DOG nº 154, do 11 de agosto).

3.1. Obxecto do contrato:

Adquisición de equipamento deportivo lote IV (pavillón polideportivo de Moaña) (Pontevedra).

Adxudicatario: Galván Sport, S.L.

Importe adxudicación: 1.785.979 ptas.

Prazo da execución: trinta e cinco (35) días.

Data da resolución: 27 de setembro de 1999.

4. Resolución de licitación: 16 de xullo de 1999.

(DOG nº 154, do 11 de agosto).

4.1. Obxecto do contrato:

Adquisición de equipamento deportivo dos lotes VI (pavillón polideportivo de Sanxenxo) e VII (pavillón polideportivo de Rois).

Adxudicatario: Equipamientos Deportivos, S.A. (Equidesa).

Importe adxudicación: 2.259.680 ptas.

Prazo da execución: trinta (30) días.

Data da resolución: 27 de setembro de 1999.

C) Contrato privado de seguro (póliza) de accidentes deportivos e asistencia sanitaria.

1. Resolución de licitación: 18 de agosto de 1999.

(DOG nº 159, do 18 de agosto).

1.1. Obxecto do contrato:

Contrato privado de seguro (póliza) que terá por obxecto garanti-la asistencia sanitaria no caso de accidente deportivo motivado polo feito ou con ocasión do exercicio da actividade deportiva e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais.

Adxudicatario: Asistencia Sanitaria Interprofesional, S.A. (Asisa).

Importe adxudicación: 20.328.000 ptas.

Período de vixencia: do 1 de outubro de 1999 ata o 15 de setembro de 2000, ámbolos dous inclusive.

Data da resolución: 27 de setembro de 1999.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte