Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en San Briz.
Situación: A Pontenova.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV en conductor D.H.V. de 105 m de lonxitude. Centro de transformación de 630 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V.-150 de 100 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 30 de novembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo