Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., C.T. San Crimenso.
Situación: Dumbría.
Características técnicas: conexión eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios existentes, de 8 m de lonxitude, con orixe na liña Pontella-Lucín (expediente 27870) con conductor LA-56 e final no C.T. San Crimenso, que se instalará. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en San Crimenso-Dumbría.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 10 de decembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña