Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

En cumprimento do acordo do Concello Pleno, con data do 3 de febreiro de 2000, exponse ó público o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ames polo prazo de trinta días hábiles, que se comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para que, conforme o establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, as persoas interesadas poidan formula-las suxestións ou alternativas de planeamento que xulguen oportunas. O expediente estará ó dispor do público na secretaría do concello, na Casa da Cultura de Bertamiráns e na Oficina Municipal do Milladoiro.

Ames, 8 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado