Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.188

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza de profesorado desta universidade (1703/1999).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados pola secretaría xeral desta universidade os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 20 de setembro de 1999 (BOE do 19 de outubro) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito mercantil.

Praza nº: 1703/1999.

Comisión titular:

Presidente: Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José Antonio Gómez Segade, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Francisco Vicent Chulia, catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Vocal 2º: Ildefonso Serrano Soldevilla, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 3º: José María Muñoz Paredes, profesor titular de universidade. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Manuel Botana Agra, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Ángel Fernández-Albor Baltar, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Eduardo Galán Corona, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal 2º: José Luis Castro Martín, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 3º: Ana María Tobío Rivas, profesora titular de universidade. Universidade Carlos III-Madrid.