Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.189

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 2º)

EDICTO (B-11/2000).

Por medio deste edicto faise público, para lle dar cumprimento ó acordado polo conselleiro de Contas do Departamento Segundo de Axuizamento, mediante providencia do 19 de xaneiro de 2000, dictada no procedemento de reintegro por alcance nº B-11/2000, que neste tribunal se iniciou o oportuno xuízo de contas como consecuencia de presuntos prexuízos ocasionados nas arcas do Concello de Vigo (Pontevedra), en relación coa falta de xustificación duns gastos producidos con motivo da asistencia dun funcionario da dita Corporación a diversos simposios durante o exercicio 1996.

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid, dezanove de xaneiro de dous mil.

Carlos Leguina Vicens

Secretario