Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 84/1999).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da subestación eléctrica de Mazaricos a 220/66 kV, no termo municipal de Mazaricos (expediente 84/1999) por resolución da Dirección Xeral de Industria do 3 de agosto de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica Fenosa, S.A. con domicilio na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 29 de febreiro de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Mazaricos, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e o xornal La Voz de Galicia de datas 29-4-1999, 23-4-1999 e 19-4-1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña