Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2000 pola que se somete a información pública o plan sectorial de incidencia supramunicipal denominado Plan Sectorial de Saneamento e Recuperación do Contorno das Rías da Coruña e O Burgo e Concellos Limítrofes.

Por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 3 de febreiro de 2000, acordou declara-lo denominado Plan Sectorial de Saneamento e Recuperación do Contorno das Rías da Coruña e O Burgo e Concellos Limítrofes como plan sectorial de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

De conformidade co procedemento legalmente establecido e en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da devandita Lei 10/1995, sométese a información pública o referido plan sectorial co fin de que toda persoa física o xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examina-lo dito plan, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (edificios administrativos de San Caetano, s/n) e nas da súa Demarcación Galicia-Norte na Coruña (rúa Wenceslao Fernández Flórez, 1-2º), podendo presentar, perante a presidencia de Augas de Galicia, as alegacións que

se consideren oportunas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia