Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO.

O Pleno, en sesión celegrada o vintenove de decembro de mil novecentos noventa e nove adoptou, entre outros, o seguinte acordo do que se transcribe a parte dispositiva, para os efectos do disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

3. Aprobación definitiva de modificación puntual das normas subsidiarias para construcción dun ramal ferroviario a instancia de Fenosa.

A Presidencia dá conta de que o Pleno deste Concello, en sesión de 29-7-1999, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias, a instancia de Fenosa, para construcción dun ramal ferroviario, que foi informado favorablemente pola CPTOPV, 26-7-1999.

A modificación ten por obxecto a cualificación como sistema xeral ferroviario dunha franxa de terreo actualmente cualificado como solo non urbanizable normal, sistema xeral de infraestructuras (planta incineradora) e solo non urbanizable de predominación de masas forestais e outras áreas de interese de protección especial, pola que se pretende que discorra un ramal de ferrocarril desde a vía A Coruña-Santiago de Compostela á térmica de Meirama, co obxecto de permiti-lo abastecemento ferroviario directo de carbón desde o porto da Coruña.

Que o expediente foi sometido a información pública mediante anuncios publicados en El Correo Gallego do 7 de agosto e no DOG do 6 de agosto de 1999 sen que se formulase reclamación ningunha.

O conselleiro de CPTOPV, en Resolución do 13 do actual informa favorablemente o expediente con expresa condición de que, con anterioridade á súa aprobación definitiva se cumpran as seguintes observacións:

Primeira: con independencia da súa clasificación do seu sistema xeral cómpre mante-la clasificación actual dos terreos.

Segunda: cómpre incorporar ó expediente informe favorable da diputación provincial, en relación coa estrada Mesón do Vento a Cerceda.

Considerando que na planificación se mantén a clasificación actual dos terreos con independencia da clasificación como sistema xeral da franxa de terreo afectada, polo tanto, quedarán vixentes as determinacións establecidas nas actuais normas subsidiarias de planeamento referentes a: a) Clasificación e cualificación urbanística do solo; b) Estructura xeral e orgánica do territorio; c) Estudio do medio rural; d) Análise do modelo de asentamento poboacional; e) Carácter público ou privado das dotacións; f) Determinación dos prazos para a aprobación do planeamento de desenvolvemento; g) Sinalamento das circunstancias conforme as que sexa procedente, no seu momento, a revisión do planeamento. Ademais, tódalas determinacións establecidas pola Norma Subsidiaria de Planeamento do Municipio de Cerceda que non estean afectadas pola presente proposta de modificación, quedarán intactas e en plena vixencia, e que a deputación provincial con data do 25-11-1999, autoriza a modificación puntual das

normas sempre que se reflicta fielmente os ramais ferroviario nos planos do proxecto de modificación, pola alcaldía proponse, que no uso da competencia delegada pola disposición adicional cuarta da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia a aprobación definitiva do expediente.

Sometida a votación a proposta de modificación puntual das normas especificada, por unimidade acórdase a súa aprobación e que se siga o trámite do artigo 48 da Lei do solo de Galicia.

Cerceda, 24 de xaneiro de 2000.

José García Liñares

Alcalde