Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (239/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 13 de xaneiro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

A Comisión de Goberno, por unanimidade, acordou:

Aprobar inicialmente o estudio de detalle da zona 1 do SU-6, a pedimento de José Álvarez Seara, en representación de José Álvarez Seara e Ángel Alonso Pérez C.B.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 19 de xaneiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente