Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 31/2000, do 11 de febreiro, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de monumento, a favor do cemiterio de San Francisco, localizado no concello de Ourense.

Con data do 9 de decembro de l998 publicouse unha Resolución do 12 de novembro, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoaba expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento, a favor do cemiterio de San Francisco, localizado no concello de Ourense.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e demais desposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia do día once de febreiro de dous mil,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar ben de interese cultural, con categoría de monumento, a favor do cemiterio de San Francisco, localizado no concello de Ourense.

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-Este decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e os interesados.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de febreiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

O punto l sitúase na rúa Emilia Pardo Bazán, á altura das escaleiras que conducen á antiga capela da Orde Terceira.

Tramo l-2. Liña coincidente co eixe da rúa Emilia Pardo Bazán e a rúa da Granxa ata o cruzamento coa rúa Juan de la Coba Gómez.

Tramo 2-3. Liña coincidente coa aliñación da beirarrúa para as edificacións da rúa Juan de la Coba Gómez, fronte ó cemiterio, ata o seu encontro coa rúa da Canle.

Tramo 3-4. Liña coincidente co eixe da rúa da Canle ata ó vértice NE do cemiterio.

Tramo 4-1. Liña coincidente co muro que separa o cemiterio do antigo cuartel de San Francisco e sae á rúa Emilia Pardo Bazán, incluíndo na delimitación a antiga capela da Orde Terceira.