Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2000 Páx. 2.535

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 10 de febreiro de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de cinco postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria pola Orde do 26 de outubro de 1999 (DOG nº 219, do 12 de novembro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei e na disposición sexta da mencionada orde e demais normativa vixente, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la citada convocatoria conforme se cita no anexo desta orde, adxudicando destino, no posto de traballo que se indica, ós funcionarios que se citan, declarando deserta a convocatoria relativa ó posto AGC993020127060001, N.26, grupo AB, xefe de Área (Becerreá), no Servicio de Extensión Agraria (Área VII-Becerreá)-Lugo.

Segundo.-O cesamento no actual destino, así como a toma de posesión do funcionario seleccionado, efectuarase segundo os prazos establecidos no artigo 14 do Real decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria

ANEXO

Apelidos e nomeNRPGrupoNivel CDCorpoPosto de traballoDependenciaLocalidade

Martínez Permuy, Jesús3259756357 A2077B26EspecialXefe de Área I (Ferrol)Serv. de Extensión Agraria (Área I, Ferrol)Ferrol,

A Coruña

Galán Mateos, Felipe0650175957 A2095A28EspecialX. Serv. de Extensión e Capacit. Agraria (Ourense)Serv. de Extensión Agraria, OurenseOurense

Meixeira Romasanta, MªCorona3471047968 A2051B26XeralX. Área IV (Verín)Serv. de Extensión Agraria (Área IV, Verín)Verín, Ourense

Molejón Villamil, Lorenso José3379794602 A2052B26EspecialXefe de Área II (Mondoñedo)Serv. de Extensión Agraria (Área II, Mondoñedo)Mondoñedo,

Lugo