O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 3 de febreiro de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:
Declarar municipio turístico galego o concello de Tui, pertencente á provincia de Pontevedra, de acordo co disposto no artigo 8 do Decreto 239/1998, do 30 de xullo, polo que se regula a declaración de municipio turístico galego.
En cumprimento do disposto no citado artigo ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ó concello correspondente.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo