Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.632

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación de sentencia (452/1998-13).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario xudicial con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Certifica: que neste xulgado se tramitan autos de xuízo executivo número 452/1998, no que se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Encabezamento:

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presuntos autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 452/1998, promovidos por Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Sr. Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Sr. García Fernández, contra María Victoria Arcos Fernández e Manuel Arcos Iglesias, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a María Victoria Arcos Fernández e Manuel Arcos Iglesias, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade que figura no auto despachando execución, importe do principal, comisións e xuros pactados, ata a data invocada e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, perante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para os autos pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de cédula de notificación á demandada en situación procesual de rebeldía, María Victoria Arcos Fernández, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado