Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/386-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Leiro-Casal.

Situación: Miño.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 16 m de lonxitude, con orixe na liña nº 5 das que saen da subestación do Pedrido e final no C.T. Leiro-Casal, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Leiro-Casal, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 412 m de lonxitude, discorrendo polo lugar. Miño

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña