Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira a Investigación, pola que se anuncia a contratación, polo sistema aberto por concurso e trámite de urxencia, dos servicios técnicos para a realización dunhas viaxes en embarcación, dentro do programa de visitas didácticas polo litoral de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios técnicos.

Descrición do obxecto: prestación de servicios técnicos para a realización dunhas viaxes en embarcación, dentro do programa de visitas didácticas polo litoral de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta e dúas mil oitocentas cinco con setecentos sesenta e cinco euros (62.805,765 E.), dez millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (10.450.000 ptas.), impostos incluídos. A licitación farase por lotes segundo consta no cadro

resumo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: o prazo sera de seis meses e nas datas que constan no prego de prescricións técnicas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe do lote de licitación.

Definitiva: 4% do importe do lote de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Extensión Pesqueira, rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños-Santiago de Compostela. 15771 (A Coruña), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non se precisa.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o prazo límite de presentación das proposicións finaliza ós 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación das ofertas: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do día de finalización do prazo contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Se coincide sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Apertura das ofertas e exposición das proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do sexto día natural, a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se coincide sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos do anuncio.

O pagamento da publicidade do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato ou adxudicatarios dos distintos lotes.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación