Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2000 Páx. 2.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 24 de novembro de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación ó proxecto de urbanización para a unidade de execución nº 25 sita na Pena-Sigrás, presentado por Casas, 33, S.L., e redactado polos arquitectos Antonio González Gil e Marcial Mosquera Lorenzo.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 140 do regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente

poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 17 de xaneiro de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde