Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.722

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 10 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma.

De conformidade co establecido no artigo 4 do Decreto 293/1998, do 26 de outubro (DOG nº 215, do 5 de novembro), polo que se procede á execución da Sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

DISPOÑO:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Poderán concorrer á dita convocatoria os funcionarios pertencentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de veterinarios oficiais, de conformidade co establecido na relación de postos de traballo aprobada por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de novembro de 1992 e publicada no DOG nº 243, correspondente ó 15 de decembro de 1992, modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993 publicada no DOG nº 4, correspondente ó día 7 de xaneiro de 1994.

As citadas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-Os aspirantes deberán unir á petición currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da forma que se acaba de sinalar, non se terán en conta.

Esta convocatoria será resolta mediante orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. A resolución correspondente farase pública no Diario Oficial de Galicia. Poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Terceiro.-Non poderán participa-los funcionarios que accederon á dita condición despois da superación do proceso selectivo convocado por orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 1 de marzo de 1993, independentemente da situación administrativa na que se atopasen na data do 22 de xuño de 1994.

Cuarto.-O cesamento no destino no que se encontre o persoal que resulte seleccionado na presente convocatoria e a toma de posesión no destino adxudicado, será anunciado mediante a resolución á que se fai referencia no número 2º da base décimo segunda da Orde do 29 de xuño de 1999, (DOG nº 135, do 15 de xullo).

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

Código do posto

N.

C. Espec.

Grupo

Corpo

Denominación do posto

Dependencia

Localidade

Titulación Acad./

F. específica

AGC993050115060001261390188AEspecialX. Área SS.VV.OO. AgriculturaServicio de Sanidade e Producción AnimalArzúa2037

Código do posto

N.

C. Espec.

Grupo

Corpo

Denominación do posto

Dependencia

Localidade

Titulación Acad./

F. específica

AGC993050132620001261390188AEspecialX. Área SS.VV.OO. AgriculturaServicio de Sanidade e Producción AnimalA Pobra de Trives2037

AGC993050136240001261390188AEspecialX. Área SS.VV.OO. AgriculturaServ. de Sanidade e Producción AnimalLalín2037