Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.724

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (259/1999).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 259/1999 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

Vistos por Dolores Vilar Hortas, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido xudicial, o presente xuízo de faltas nº 259/1999, por lesións en agresión, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, que exerceu a acusación pública, como denunciantes, Santiago Prego Castro e Adolfo Rego Brión e, como denunciados, José J. Durán Piñeiro e Juan A. Pérez Abal, dos que constan as circunstancias persoais nos autos.

Decido que debo absolver e absolvo libremente con tódolos pronunciamentos favorables a José J. Durán Piñeiro e a Juan A. Pérez Abal de responsabilidade penal polos feitos que deron orixe a este xuízo, declarando de oficio as custas causadas.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contado desde a súa notificación, para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Juan Antonio Pérez Abal, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o oito de febreiro de dous mil.

O secretario

Rubricado