Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 29 de febreiro de 2000 Páx. 2.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para unha subministración de 9 implantes cocleares (S/17-2000).

I. Obxecto e orzamento: subministración de 9 implantes cocleares, por un importe máximo de trinta e tres millóns trescentas mil pesetas (33.300.000 ptas., IVE incluído); (200.137.03 euros).

II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

IV. Prazo de execución: ver punto 3.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

VI. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Admisión de variantes: non se admiten.

VIII. Criterios de adxudicación: ver punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos