Ó abeiro do establecido no artigo 133.8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 da citada lei, sométese a información pública polo prazo de 20 días mediante a inserción de anuncio no DOG e con citación persoal dos interesados, o proxecto de compensación da unidade de execución IV-04 Ramón Nieto 1, presentado pola entidade Edificaciones y Desarrollos Inmobiliarios Galaicos, S.A. -propietario único dos terreos-, con data do 11-11-1999, no rexistro da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo e redactado polo arquiteco Ricardo Salgado Salgado, con datas de visado do COAG do 4 e 26 de novembro de 1999.
O trámite de información pública entenderase aberto a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no DOG ata transcorridos 20 días, computados na forma prevista no artigo 48 da LRXAP-PAC, e durante o citado prazo calquera interesado e público en xeral poderá presenta-las alegacións ou documentos que coide convenientes. O expediente atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, praza do Rei, esquina rúa Cachamuíña) á disposición do público en xeral.
Vigo, 22 de febreiro de 2000.
Dolores Villarino Santiago
Concelleira de Xestión Urbanística

