Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste municipio no que respecta ós seguintes aspectos:

a) Inclusión das áreas afectadas polos parques eólicos da Coriscada, A Capelada II e Coucepenido,

e recualificación dos seus terreos como solo rústico común de infraestructuras.

b) Redefinición do ámbito do solo urbano na vila na zona da Preguiza-rúa Mourón.

c) Redefinición do ámbito do Plan especial costeiro 1 no solo urbano da zona de Lagarea.

d) Recualificación de soar municipal para equipamento na rúa Xeneral Franco.

e) Reclasificación de parcela en Serantes-Santo Adrián para equipamento público.

f) Redefinición do ámbito do Plan especial costeiro 2 en parcela municipal sita nas Pontigas-Luía para equipamento público (edificio de Protección Civil).

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que poida ser examinado nos servicios técnicos municipais e presenta-las alegacións procedentes, de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia.

Ortigueira, 2 de marzo de 2000.

Antonio Campo Fernández

Alcalde