A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.
En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.
O Real decreto 2044/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico superior en mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.
O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.
O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.
Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.
Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada,
tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.
O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.
Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.
A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.
Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.
Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deli
beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de xaneiro de dous mil,
DISPOÑO:
I. Título, perfil e currículo
Artigo 1º.-Identificación do título.
1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso, regulado polo Real decreto 2044/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.
2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.
Artigo 2º.-Perfil profesional.
A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.
Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.
O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.
II. Ordenación académica e impartición
Artigo 4º.-Admisión de alumnado.
Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.
Artigo 5º.-Profesorado.
1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.
2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.
3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.
Artigo 6º.-Espacios e instalacións.
Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.
Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.
1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se espe
cifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.
2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de se-lo caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.
3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.
Artigo 8º.-Distribución horaria.
1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.
2. As horas de libre disposición que se inclúen neste número serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.
Disposición adicional
Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinteoito de xaneiro de dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
1. Identificación do título.
-Denominación: mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso.
-Nivel: formación profesional de grao superior.
-Duración: 2.000 horas.
2. Perfil profesional.
2.1. Competencia xeral:
Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:
* Programar, coordinar e supervisa-la execución dos procesos de montaxe e de mantemento das instalacións de edificio e de procesos industriais e realiza-la súa posta en servicio, optimizando os recursos humanos e os medios dispoñibles, dándolle-lo soporte necesario ós técnicos de nivel inferior, coa calidade requirida, cumprindo a regulamentación vixente e en condicións de seguridade.
* Desenvolver proxectos de modificación ou de mellora das instalacións de edificio e de proceso a partir do anteproxecto, de acordo con normas establecidas e garantindo a viabilidade das instalacións.
Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.
2.2. Capacidades profesionais:
2.2.1. Capacidades técnicas:
* Interpretar correctamente as instruccións, manuais de montaxe, especificacións técnicas, planos, etc., que permitan a realización dos procesos de instalación e montaxe das instalacións de edificio e de proceso.
* Posuír un amplo coñecemento e dominio das tecnoloxías e dos elementos de automatismos existentes no campo, así como as técnicas e medios utilizados para as medidas dos parámetros característicos.
* Definir e elabora-los procesos e métodos de mantemento e reparación (gamas de intervención) e as fichas de mantemento.
* Analizar e identifica-los problemas de funcionamento das máquinas e dos equipos dos diferentes sistemas, interpretando a información técnica para obter un diagnóstico co fin de elabora-la orde de traballo correspondente.
* Realiza-lo diagnóstico de avarías dos equipos coa fiabilidade, precisión e pulcritude necesarias, seleccionando e operando cos medios e equipos precisos e seguindo unha orde lóxica nas operacións con aplicación das normas de uso e seguridade axeitadas.
* Analiza-lo comportamento dos materiais, máquinas, equipos e sistemas e relacionalos co funcionamento e mantemento de modo que lle permitan introducir melloras de método, proceso ou execución, e definir e planifica-lo mantemento e o control da execución, seguindo, en todo momento, criterios de calidade, economía e productividade.
* Xestiona-lo aprovisionamento de subministración de elementos dos sistemas e materiais, elaborando un programa de compras de acordo coas necesidades e establecendo as especificacións de subministración.
* Posuír unha visión clara e integradora dos procesos de mantemento dos equipos, nos seus aspectos técnicos, organizativos e económicos que lle permita organizalos e optimiza-la súa aplicación.
* Dar soporte, formación e asesoramento técnico requirido a técnicos que dependen organicamente del.
2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:
* Actuar en condicións de posible emerxencia dirixindo as actuacións dos membros do equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia.
* Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación ou a doutros técnicos de nivel inferior, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito da súa competencia e consultando esas decisións se as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexan importantes.
2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:
* Distribuír, coordinar e supervisa-lo traballo dun grupo de técnicos de nivel inferior, comprobando que cumpren os criterios de seguridade, calidade e económicos establecidos, resolvendo as continxencias que xurdan no seu desenvolvemento.
* Realiza-lo seguimento da planificación do mantemento, reunindo a información necesaria, elaborando informes nos que se expresen posibles desviacións e propondo vías e medios que permitan corrixilas.
2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:
* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo cos membros do equipo no que está integrado, con outras áreas da empresa que esixan coordinación das actividades, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez, informando a quen proceda e solicitando axuda cando se produzan continxencias na operación á persoa ou identidade axeitada.
* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos polas técnicas, a organización laboral e os aspectos económicos relacionados coa súa actividade profesional e co sistema de producción da empresa.
* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante para as ideas dos compañeiros e subordinados.
2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:
A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requi
riránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:
* A intervención no deseño de instalacións de sistemas de conducción de fluídos, de sistemas enerxéticos (clima, frío, aproveitamento enerxético), sistemas de transporte, sistemas de seguridade, sistemas de depuración e especiais (restauración, lavanderías, salas limpas, piscinas, captación de auga, etc.), as súas melloras e adaptacións, achegando propostas de especificacións técnicas e solucións constructivas.
* A realización de planos e documentos técnicos necesarios para a implantación e instalación de máquinas e equipos, a partir dun anteproxecto e informacións xerais, mediante a utilización de ferramentas informáticas do deseño asistido.
* A modificación dos programas de control para os equipos baseados en autómatas ou equipos programables, mediante a utilización de linguaxes e ferramentas de programación, para a introducción de melloras na optimización da instalación.
* A realización de cálculos técnicos para dimensiona-los elementos dos distintos sistemas.
* A realización e adaptación de esquemas eléctricos, pneumáticos, hidráulicos e de automatismo para as instalacións de edificios e proceso.
* A utilización de sistemas informáticos e manuais técnicos.
* A recollida de datos e emisión de informes asociados ó desenvolvemento do mantemento e montaxe das instalacións de edificio e de proceso.
* O arquivo e mantemento da documentación relativa á montaxe, instalación e mantemento das máquinas e equipos.
* Aplicación das técnicas de diagnóstico e reparación dos sistemas, máquinas e equipos, mediante a operación destra de instrumentos de medida e ferramentas adecuadas.
* Proposta de procedementos e útiles específicos para a mellora dos procesos e procedementos de traballo.
* A distribución e organización das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos predeterminados.
* A organización e control do traballo realizado polo persoal ó seu cargo. Emisión de instruccións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e control do proceso.
* Xestión da documentación e dos aprovisionamentos de materiais empregados no mantemento e reparación, así como dos requiridos para probas, ensaios e posta a punto dos equipos.
* As relacións e coordinacións técnicas cos talleres auxiliares, provedores e clientes.
* A determinación no mantemento de desenvolvementos de métodos, procesos, procedementos de traballo e tempos.
* A elaboración de variacións do proceso de mantemento e reparación.
* A coordinación, ó seu nivel, das funcións de mantemento, control da calidade, innovación e melloras.
* A responsabilidade, tanto no seu traballo como no traballo do persoal que está ó seu cargo, fronte ó mando superior do que dependa organicamente.
* Elaboración de estatísticas de mantemento ou obtención de conclusións para a mellora dos procedementos de reparación e optimización dos procesos de montaxe das instalacións.
2.4. Unidades de competencia:
1. Desenvolver procesos e métodos de mantemento e organiza-la execución da montaxe e do mantemento e reparación das instalacións de edificio e de proceso.
2. Xestionar e supervisa-los procesos de montaxe e de mantemento e reparación das instalacións de edificio e de proceso.
3. Desenvolver proxectos de modificación e mellora das instalacións de edificio e de proceso.
2.5. Realizacións e dominios profesionais:
2.5.1. Unidade de competencia 1: desenvolver procesos e métodos de mantemento e organiza-la execución da montaxe e do mantemento e reparación das instalacións de edificio e de proceso:
Nº Realizacións Criterios de realización
* As fases do proceso determinan:-As máquinas e ferramentas necesarias.
1.1. Elaborar procesos operacionais de intervención para o mantemento preventivo e correctivo de máquinas, equipos e elementos das instalacións de proceso continuo, auxiliares á producción e de edificio, a partir da documentación técnica. * Establécense os procedementos e métodos de desmontaxe/montaxe de pezas de máquinas, equipos e elementos para acceder á parte interesada, a orde que se debe seguir, a ferramenta, os utensilios e materiais empregados, as accións e comprobacións para o restablecemento do funcionamento e a análise de tempos por operación. * Establécese a pauta de inspección de elementos de máquinas, equipos e de automatismos para predicción e avaliación do seu estado, especificando a magnitude que hai que medir, o valor que hai que comprobar e os procedementos utilizados. * Determínanse para cada operación as condicións en que se debe atopa-la máquina e os procedementos que hai que seguir para garanti-las condicións de seguridade requiridas para as persoas e os bens.
1.2. Desenvolve-los procesos de fabricación para a reconstrucción de elementos do equipo electromecánico das instalacións, definindo a secuencia de operacións, as máquinas que se deben utilizar e as especificacións de calidade requiridas. * O proceso operacional desenvólvese de forma que comprenda tódalas fases, así como a orde correlativa na fabricación.
-As especificacións técnicas. -As operacións de fabricación e a súa secuencia. -Os tratamentos superficiais e térmicos. -Os tempos de fabricación. -As pautas de control de calidade. -As ferramentas. -A cualificación dos operarios. * Os procesos desenvolvidos permiten realiza-la fabricación nas condicións de calidade e seguridade requiridas.
Nº Realizacións Criterios de realización
* A criticidade do recambio determínase tendo en conta o tipo de fallo (accidental ou desgaste), a dispoñibilidade da máquina, o peso económico e os prazos de entrega do provedor.
* O plan de aprovisionamento realízase a partir da documentación técnica do proxecto, conxugando o plan de montaxe coas posibilidades de aprovisionamento e almacenamento e garantindo a subministración no momento adecuado.
1.3. Elabora-las gamas de análise de máquinas e equipos para o diagnóstico do seu estado, a partir da documentación técnica e do historial. * A ficha da gama de análise de máquinas e equipo contén:-Secuencia de actuacións.-Órgano que hai que inspeccionar.-Valores de aceptabilidade das características ou variables inspeccionadas. -Frecuencia da inspección. -Métodos de inspección. -Equipos de medida e útiles que se deben utilizar. -Medidas que se deben adoptar para garanti-la seguridade das persoas e dos medios durante as intervencións. -Formulario para rexistro de datos (convencional e informático).
1.4. Realiza-lo informe de recambios e determinar e actualiza-los niveis dos almacenamentos necesarios para garanti-lo mantemento das instalacións, a partir da información técnica do fabricante e do historial de máquinas e equipos. * Determínase a dotación de consumo normal, realizando o estudio de recambio a partir da listaxe do fabricante de maquinaria, historial de avarías e o de mantemento preventivo/predictivo.
* A elección do recambio alternativo realízase tendo en conta as garantías de intercambiabilidade, fiabilidade, mantibilidade, subministración e os custos. * Realízase a identificación da peza acorde co sistema de codificación racional establecido e o procedemento de control de existencias. * Especificáronse as condicións de almacenamento de acordo coas especificacións do subministrador. * Tivéronse en conta as garantías ofrecidas polos provedores. * Establécese o control de recepción dos recambios.
1.5. Desenvolver programas de montaxe e aprovisionamento de instalacións de edificio, proceso e auxiliares á producción, a partir do proxecto e condicións de obra, establecendo os procedementos do control de avance da montaxe, asegurando a súa factibilidade. * O plan de montaxe da instalación contén a definición de etapas, listas de actividades e tempos, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa execución, respondendo en prazo e custo ás especificacións do proxecto.
* As especificacións de control do plan de montaxe e aprovisionamento determinan os momentos e procedementos para o seguimento e detección anticipada de posibles interferencias e demoras na execución do proxecto. * Os diagramas de planificación da man de obra, materiais e medios (PERT, GANTT) estableceron os camiños críticos para a consecución dos prazos e os custos establecidos, cumprindo cos requisitos de factibilidade requiridos pola planificación xeral. * Establécense os criterios de control de calidade nas distintas etapas que configuran a montaxe e o protocolo de probas finais.
1.6. Realiza-lo lanzamento das instalacións asignadas a partir do programa de montaxe e do plan xeral de obra. * Xestiónase a información técnica e administrativa necesaria para coñecer, conducir e controla-la realización da montaxe das instalacións. * Determínanse os medios auxiliares necesarios para a montaxe, tendo en conta as características das instalacións e circunstancias da obra (contorno, outras instalacións, localización, etc.) e garantindo as condicións de seguridade requiridas.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Compróbase a información sobre o estado dos cortes realizando as inspeccións requiridas á obra e contrastando e valorando datos cos seus responsables.
* A asignación de traballos permite optimiza-los recursos humanos e materiais, propios e/ou externos, atendendo ós obxectivos de obra programados. * Realízase a contratación dos recursos externos previstos, medios e man de obra, coa antelación suficiente e polo tempo necesario, evitando interrupcións temporais na súa utilización e/ou actividade. * Coordínase coa xestión do aprovisionamento de materiais para que a instalación se realice optimizando os custos, logrando o cumprimento dos prazos de entrega, asegurando e controlando a dispoñibilidade, cantidade e calidade das subministracións especificadas, no prazo e lugar previsto. * Organízanse as áreas de traballo de montaxe en obra atendendo á optimización dos procedementos de execución dos traballos e asegurando os espacios necesarios e a non interferencia de diferentes profesionais, coa seguridade necesaria. * Localízase o almacén en obra en cada momento no lugar máis propicio e en función da proximidade á área de traballo, permitindo a súa doada localización e disposición, optimizando o espacio dispoñible, cos elementos necesarios e garantindo a conservación dos materiais.
1.7. Realiza-lo seguimento do programa de montaxe e controla-los custos da montaxe das instalacións, resolvendo as continxencias coa máxima eficiencia e cumprindo cos obxectivos programados. * Procésanse os datos de medición, producción, medios e rendementos para o seu contraste cos de proxecto e datos anteriores.
* Realízanse os gráficos de producción e consumo a partir dos partes de traballo diario unha vez cadrados e contrastados. * Determínanse as actuacións correctoras das desviacións observadas nos prazos de entrega de equipos e das diferentes realizacións das unidades de obra, danse as instruccións oportunas e/ou elabórase un informe ó superior.
1.8. Realiza-la programación do mantemento preventivo dos equipos e instalacións, a partir do plan e gamas de mantemento e do historial. * O programa de mantemento da instalación contén a definición de tarefas, tempos, recursos humanos e materiais necesarios para a súa execución e os seus obxectivos, respondendo en prazos e custos ós especificados no plan xeral. * O programa de mantemento da instalación establécese a partir do seguimento dos seus puntos críticos que implican risco de parada, deterioración da calidade e falta de productividade, respondendo ós obxectivos que hai que conseguir sobre cotas de producción, calidade e custos de mantemento. * Os programas establecidos minimizan ós niveis desexados as actuacións do mantemento correctivo. * Os programas optimizan os recursos propios, determinan as necesidades de apoio externo e compatibilizan o cumprimento do plan de mantemento e o plan de producción. * Actualízanse os programas de mantemento coa frecuencia requirida en función dos cambios nos ciclos de explotación ou productivos e da optimización da fiabilidade/mantibilidade/dispoñibilidade (F/M/D) dos equipos.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Respéctase a lexislación laboral na toma de calquera decisión que afecte os procedementos.
* Os diagramas de planificación da man de obra, materiais e medios (PERT, GANTT) establecendo os camiños críticos para a consecución dos prazos e os custos especificados, cumprindo cos requisitos de factibilidade requiridos pola planificación xeral. * Elabóranse as planificacións dos traballos de mantemento para os distintos períodos de actuación e determinan a orde das actividades en función da importancia ou do risco de parada da instalación.
1.9. Realiza-lo seguimento e controla-la execución e custos do mantemento, a partir dos obxectivos e situacións de continxencia, en condicións de máxima eficiencia. * Establécense os procedementos para a obtención de información para a elaboración de indicadores de seguimento e avaliación do mantemento, para a determinación dos custos e para a actualización do informe de máquina ou instalación. * A documentación recibida e xerada, técnica e administrativa, permite realizar e supervisa-lo mantemento e reparación do equipo industrial, así como coñece-la súa evolución e incidencias. * Realízase o seguimento e avaliación do estado de máquina ou instalación a partir da información xerada polos procedementos de xestión establecidos (comunicacións escritas, M.A.O., etc.) coa frecuencia adecuada. * Determínanse as actuacións correctoras das desviacións observadas na máquina ou instalación, dándose as instruccións oportunas e/ou elaborándoselle informe ó superior. * As especificacións de control dos plans de mantemento e reparación e de aprovisionamento determinan os momentos e procedementos para o seguimento e detección anticipada de posibles interferencias e demoras na execución. * Establécense a coordinación dos talleres especializados de apoio loxístico e os procedementos para o control de cargas por tarefas de reparación, reconstrucción e modificación de maquinaria. * Establécense procedementos para audita-los plans e tarefas de reparación e mantemento. * Introdúcense as ordes nos módulos informáticos para a optimización do programa M.A.O. segundo as necesidades requiridas e os datos para programar e analiza-la xestión do mantemento.
1.10. Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de producción, resolvendo os conflictos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios. * Difúndense os procedementos da organización entre os membros que a constitúen para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.
* Promóvense e, de se-lo caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da organización, nos aspectos de calidade, productividade e servicio. * O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, xerando actitudes positivas entre as persoas e entre estas e a súa actividade ou traballo. * Poténciase que os obxectivos da organización sexan asumidos como propios por cada un dos membros que a compoñen.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Xérase un plan de formación continuada, que se respecta e potencia, para consegui-la formación adecuada do persoal. * Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo e tómanse as medidas para resolvelos con prontitude. * Resólvense problemas de relacións persoais, adquirindo información adecuadamente antes de tomar unha decisión e consultando, se fose preciso, o inmediato superior. * Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral. * Achégase a información dispoñible, coa mínima demora, cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa.
Dominio profesional
-Medios de producción utilizados:
Posto informático e programas informáticos específicos, conectado á rede. Programas informáticos de xestión e monitorización de sistemas. Calculadora científica.
-Instalacións concernidas:
Instalacións para conducción de fluídos (rede de auga sanitaria, rede de saneamento, rede de rega, rede de gases). Instalacións enerxéticas (clima, frío, aproveitamento enerxético). Instalacións de transporte (elevadores, montacargas, escaleiras mecánicas, plataformas elevadoras, cintas transportadoras). Instalacións de seguridade (detección de gases, contra incendios, control de accesos). Instalacións de depuración de efluentes. Instalacións de fluídos térmicos para proceso. Instalacións de aire comprimido e evacuación. Instalacións de gases. Instalacións de tratamento de auga para proceso. Sistemas de control de proceso. Sistemas electrónicos de potencia. Medios (equipos para movemento de materiais, andamios, máquinas de soldadura, gatos hidráulicos de nivelación, máquinas para o mecanizado dos materiais, curvadoras, bomba de baleiro, equipos de protección e seguridade persoal).
-Principais resultados do traballo:
Documentación técnica dos procesos de mantemento e reparación de instalacións. Programas de xestión do mantemento. Programas de montaxe de instalacións. Plan secuencial das actividades en función do tempo e dos recursos asignados. Sistemas de organización do mantemento.
-Procesos, métodos e procedementos:
Técnicas de montaxe. Xestión do mantemento por ordenador. Técnicas de análise de fallos e efectos nas instalacións. Cálculo do tempo básico ou estándar. Técnicas de planificación de procesos.
-Información utilizada:
Normas, fórmulas e datos de tempos para montaxe e mantemento de instalacións. Documentación técnica. Historiais de instalacións. Planos de conxunto.
2.5.2. Unidade de competencia 2: xestionar e supervisa-los procesos de montaxe e de mantemento e reparación das instalacións de edificio e de proceso:
Nº Realizacións Criterios de realización
* Transmíteselles e comunícaselles ós traballadores a información necesaria para realizar e supervisa-la montaxe ou mantemento das instalacións de forma eficaz e interactiva, permitindo coñece-la evolución e as súas incidencias.
* Compróbase durante o proceso de montaxe que os materiais, equipos e accesorios instalados son os prescritos e que se transportan e manipulan segundo procedementos establecidos, coa calidade e condicións de seguridade adecuadas.
2.1. Organizar e controla-las intervencións para a montaxe e/ou o mantemento de instalacións de edificio e de proceso, en función dos obxectivos programados e das situacións de continxencia, optimizando os recursos dispoñibles. * A documentación recibida e xerada, técnica e administrativa, permite realizar e supervisa-la montaxe ou mantemento das instalacións, así como coñece-la súa evolución e incidencias.
* Realízase a asignación de tarefas e responsabilidades conxugando as características dos medios dispoñibles cos coñecementos e habilidades dos traballadores. * As instruccións dadas son suficientes e precisas, evitando erros na interpretación e permitindo que os operarios preparen os materiais e os equipos, así como a realización dos traballos, con eficacia, seguridade e calidade. * Coordínanse as accións do mantemento coa xestión da producción e/ou do servicio, utilizándose os tempos enmascarados e de mínima incidencia para a realización das intervencións. * A supervisión permite coñece-las ordes de traballo pendentes e as desviacións do estado actual da montaxe ou mantemento da instalación con respecto á planificación, así como proceder á reasignación de tarefas ou axustes de programación.
2.2. Supervisa-los procesos de montaxe do equipo electromecánico e de redes de instalacións térmicas e de fluídos de edificios, proceso e auxiliares á producción, de acordo co proxecto e o plan de obra, resolvendo as continxencias de carácter técnico e asegurando a calidade requirida. * A supervisión evita anomalías e desviacións dos procesos e permite consegui-la calidade requirida nas instalacións.
* Realízanse as inspeccións de forma sistemática durante todo o desenvolvemento da montaxe, rexistrándose tódalas observacións realizadas. * Resólvense as continxencias na montaxe da instalación con eficacia e prontitude, recolléndose as modificacións efectuadas na información técnica e comunicándollas ó superior. * Realízase o movemento das cargas perigosas e fráxiles cos medios requiridos e polos accesos adecuados, efectuándose as operacións coa garantía e a seguridade das persoas e dos manipulados, de acordo coa regulamentación de seguridade e hixiene no traballo.
2.3. Realizar e, de se-lo caso, supervisa-las probas de seguridade, funcionamento e posta a punto das instalacións térmicas e de fluídos, axustando equipos e elementos de regulación e control industrial e asegurando as condicións de funcionamento establecidas. * O plan de probas para a posta en servicio dos sistemas integrantes das instalacións determina as probas de seguridade regulamentarias e de funcionamento requiridas que se deben realizar, os procedementos que se deben seguir e a súa secuencia. * Compróbase que os aparellos de medida, protección e seguridade da instalación cumpren as prescricións regulamentarias e están convenientemente calibrados.
Nº Realizacións Criterios de realización
* A proba de estanquidade, nos distintos tramos do circuíto, realízase co fluído (aire, gas inerte, auga ou precarga de fluído), presión, temperatura e tempo adecuados, utilizando procedementos establecidos para a detección de fugas, sendo observable en todo o seu trazado a instalación, purgándose ó finaliza-la proba e cumprindo os regulamentos aplicables en cada tipo de instalación. * Verifícase que na proba de libre dilatación non existen deformacións apreciables en ningún elemento ou tramo de canalización da instalación, así como o correcto funcionamento do sistema de expansión, aténdose en cada caso ós regulamentos de aplicación. * Realízanse as comprobacións de seguridade eléctrica prescritivas (medidas de resistencia á terra e dos illamentos, resposta dos dispositivos de protección etc.), asegurando que os valores obtidos se axustan ós esixidos polo REBT. * Realízanse as probas de prestacións e eficiencia enerxéticas (consumo de motores eléctricos, rendementos de caldeiras, equipos frigoríficos, intercambiadores, climatizadores, etc.) comprobando e axustando nos equipos os valores establecidos, utilizando os procedementos adecuados, coa seguridade requirida e verificando o cumprimento das prescricións regulamentarias de aplicación. * Os resultados das probas realizadas nos detectores, reguladores, actuadores e elementos de seguridade responden ás súas especificacións funcionais e técnicas. * A carga dos programas de control nos equipos e a súa posta en servicio efectúase seguindo os procedementos establecidos ou especificados en cada caso. * O axuste dos elementos de control de funcionamento do sistema realízase de acordo co especificado e cos requirimentos do proceso. * Os sistemas de emerxencias e de alarmas responden ás situacións de continxencia establecidas e nas condicións de eficacia adecuadas.
2.4. Determina-la estratexia que se debe seguir fronte a un equipo que hai que reparar, avaliando as posibilidades do apoio loxístico interno e externo e factores económicos. * Obtense a información necesaria para establece-los índices de valoración dos factores que se considerarán para a toma de decisións das actuacións que se deben seguir (custos e prazos dos apoios loxísticos interno e externo, programa de producción, incidencias no persoal, etc.). * Reorganízanse os recursos e a programación das tarefas de mantemento, realizándose as actuacións necesarias para a consecución das prioridades establecidas. * Contrólanse os resultados obtidos ó finaliza-lo proceso, contrastándose coa valoración de partida dos distintos factores e emitindo o informe correspondente.
3.5. Realiza-lo diagnóstico de fallo e/ou avaría de máquinas, equipos ou sistemas, aplicando técnicas de análise, a partir dos síntomas detectados, dos datos tomados para a valoración, información técnica de explotación e historial da instalación. * A análise da documentación técnica e doutras fontes de información dispoñibles (historial, AMFEC, programas informatizados de diagnose ou detección de avarías, etc.) permite determina-lo alcance dos fallos e/ou avaría e elaborar un plan de actuación, a partir da provisión dos datos do estado actual da máquina e informacións existentes sobre ela (partes de avarías e incidencias, lectura dos indicadores, etc.).
Nº Realizacións Criterios de realización
* As propostas de modificación de gamas de mantemento son contrastadas coa práctica, optimizan os procesos e métodos e garanten a calidade establecida.
* As probas funcionais realizadas permiten verifica-los síntomas recollidos e precisa-lo tipo da disfunción, facilitando a identificación da zona dos sistemas, equipos e partes implicadas onde se produce o fallo ou avaría e establecendo posibles interaccións entre os diferentes sistemas. * Elíxense as ferramentas e os instrumentos de medida de acordo co síntoma que se presente e co sistema ou equipo que hai que verificar, utilizándose coa aplicación dos procedementos correspondentes (preparación, conexións, manexo de equipos, secuencia lóxica de operacións, seguridade, etc.) e no tempo establecido. * Localízase a posible fonte xeradora de fallos dos sistemas mecánicos, segundo un proceso de causa-efectos, comprobando e relacionando distintas variables xeradoras do fallo (estado e presión do lubricante, consumos, temperatura e estado do refrixerante, ruídos e vibracións anormais, perda de fluídos, folguras, oscilacións, estados de órganos móbiles e chumaceiras, datos subministrados por programas de autodiagnose, etc.). * Localízase a posible fonte xeradora de fallos dos sistemas eléctricos, segundo un proceso de causa-efectos, comprobando e relacionando distintas variables xeradoras do fallo (continuidade dos conductores, estado das conexións, illamento entre si de circuítos e entre masas metálicas, estado dos distintos sensores, detectores e aparellos eléctricos, sintomatoloxía presentada polos distintos circuítos, datos subministrados por programas de autodiagnose, etc.). * O plan de actuación elaborado para diagnostica-los sistemas automáticos e de comunicación industrial permite localizar con precisión o tipo (físico e/ou lóxico) e o bloque funcional ou módulo (detectores, transmisores, elementos de control, actuadores, etc.) onde se atopa a avaría. * Emítese o informe técnico relativo ó diagnóstico realizado coa precisión requirida e coa información suficiente e necesaria para identificar inequivocamente os sistemas e elementos avariados así como as accións que hai que realizar para a restitución do funcionamento da instalación e a avaliación do custo da intervención.
2.6. Realizar e/ou supervisa-los procesos de mantemento do equipo electromecánico e as redes de instalacións de proceso, auxiliares á producción e de edificio, resolvendo as continxencias de carácter técnico. * Realízanse as intervencións nos procesos de mantemento e posta en servicio dos equipos, que pola singularidade das actividades se requiren.
* A supervisión evita anomalías e desviacións dos procesos e permite consegui-la calidade do mantemento e da reparación prevista. * As continxencias no mantemento e reparación resólvense con eficacia e prontitude, recolléndose as modificacións efectuadas na información técnica e informándose o superior.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Na toma de calquera decisión que afecte os procedementos, tense en conta a lexislación laboral.
* Xestiónanse os equipos e medios de seguridade individuais e colectivos máis adecuados para cada actuación, garantindo a súa existencia e comprobando a súa adecuada utilización.
2.7. Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de producción e mantemento, resolvendo os conflictos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios. * Os procedementos da organización difúndense entre os membros que a constitúen para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.
* Promóvense e, de se-lo caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da organización, nos aspectos de calidade, productividade e servicio. * Poténciase que os obxectivos da organización sexan asumidos como propios por cada un dos membros que a compoñen. * Xérase un plan de formación continuada, que se respecta e potencia, para consegui-la formación adecuada do persoal. * Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo e tómanse as medidas para os resolver con prontitude. * Resólvense problemas de relacións persoais, conseguindo información adecuadamente antes de tomar unha decisión e consultando, se for preciso, o inmediato superior. * Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral. * Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, achégase a información dispoñible, coa mínima demora.
2.8. Adoptar e facer cumpri-las medidas de protección, de seguridade e de prevención de riscos requiridas nas operacións de montaxe e mantemento de instalacións, reparación e mantemento das instalacións de proceso continuo, auxiliares á producción e de edificio, garantindo a integridade das persoas, dos medios e o seu contorno. * Instrúense os traballadores sobre os riscos da actividade que se vai realizar, as medidas que se van adoptar e os medios que se van utilizar, para conseguir deles o cumprimento das normas de seguridade recollidas no plan.
* O traballo paralízase cando non se cumpren as medidas de seguridade e/ou ambientais establecidas, ou existe risco para as persoas e/ou bens. * O auxilio correspondente ante unha posible lesión e/ou evacuación, no caso de accidente laboral, realízase da forma adecuada e no menor tempo posible, ó lugar especificado no plan de seguridade. * Analízanse as causas que provocaron un accidente laboral, tomándose as medidas correctivas necesarias para elimina-la situación de risco, poñéndose en coñecemento de todo o persoal as causas que o motivaron e a forma de como podería evitarse. * A vixilancia da realización de traballos permite o cumprimento das normas de seguridade e/ou ambientais establecidas e a incorporación de novas normas que permitan que o traballo en execución sexa máis seguro. * En situacións de emerxencia actúase de acordo cos procedementos establecidos, utilizando equipos e medios adecuadamente, segundo requirimentos e especificacións, evacuando os edificios e instalacións, se for preciso, e minimizando danos humanos e materiais.
Dominio profesional
-Medios de producción utilizados:
Distanciómetro láser. Niveis. Ferramentas manuais. Cintas métricas. Pés de rei. Micrómetros. Comparadores. Goniómetros. Tacómetros. Contador de impulsos. Medidor de par. Pirómetros. Termómetros. Manómetros. Vacuómetros. Analizadores de combustión, opacidade e acidez. Equipos de medida eléctrica. Maleta de programación. Ordenador persoal. Medios de protección persoal. Manual de instruccións da instalación.
-Instalacións concernidas:
Instalacións para conducción de fluídos (rede de auga sanitaria, rede de saneamento, rede de rega, rede de gases). Instalacións enerxéticas (clima, frío, aproveitamento enerxético). Instalacións de transporte (elevadores, montacargas, escaleiras mecánicas, plataformas elevadoras, cintas transportadoras). Instalacións de seguridade (detección de gases, contra incendios, control de accesos). Instalacións de depuración de efluentes. Instalacións de fluídos térmicos para proceso. Instalacións de aire comprimido e evacuación. Instalacións de gases. Instalacións de tratamento de auga para proceso. Sistemas de control de proceso. Sistemas electrónicos de potencia. Medios (equipos para movemento de materiais, andamios, máquinas de soldadura, gatos hidráulicos de nivelación, máquinas para o mecanizado dos materiais, curvadoras, bomba de baleiro, equipos de seguridade persoal).
-Materiais e productos intermedios:
Bombas. Caldeiras. Fornos. Queimadores. Equipos/grupos frigoríficos. Equipos de secado. Reactores químicos. Torres de refrixeración. Unidades de tratamento de aire. Equipos de humidificación e deshumidificación. Ventiladores. Equipos para elevadores, escaleiras mecánicas, ramplas e plataformas móbiles. Compresores de aire. Bombas de baleiro. Cadros e armarios de protección. Elementos para a adquisición de datos. Cables, fíos e platinas. Canalizacións eléctricas. Elementos de mando, regulación, control e seguridade. Equipos pneumáticos e hidráulicos. Tubo de aceiro, fibrocemento, PVC, polietileno, cobre, aceiro inoxidable e ferro fundido. Tubo estructural. Chapa. Perfís laminados. Valvulería. Conductos. Elementos de regulación e difusión do aire. Elementos de medida. Depósitos. Intercambiadores e acumuladores. Elementos terminais (radiadores, aparellos sanitarios, dispositivos antilume, etc.). Paneis solares. Pinturas. Illamentos térmicos. Material para xuntas e selados.
-Principais resultados do traballo:
Instalacións de fluídos e enerxéticas para edificios e para procesos industriais e auxiliares á producción montadas, probadas e en estado de correcto funcionamento. Mantemento das instalacións de edificio, de proceso industrial e auxiliares á producción mantidas coa dispoñibilidade e fiabilidade requirida e máxima eficiencia enerxética.
-Procesos, métodos e procedementos:
Técnicas de organización e control de avance da montaxe e do mantemento das instalacións. Técnicas de nivelación. Técnicas de ensamblaxe e unión de tubos e conductos. Técnicas de manipulación de masas pesadas e voluminosas. Técnicas de mecanizado e conformado de chapa, perfís, tubos e conductos. Técnicas de medidas electrotécnicas. Técnicas de seguridade e prevención de riscos na montaxe e mantemento de instalacións.
-Información:
Utilizada: planos de conxunto e despezamento. Planos isométricos. Esquemas e diagramas de principio. Listaxe de pezas e compoñentes. Programas de montaxe. Especificacións técnicas. Catálogos. Manuais de servicio e utilización. Instruccións de montaxes e de funcionamento. Planificacións de montaxes. Bases de datos. Programas informáticos. Normas UNE e CEN.
Regulamentos (seguridade nas máquinas, electrotécnico de B.T, etc.). Redes e acometidas de combustibles. Aparellos de presión. Seguridade para plantas e instalacións frigoríficas.
Normas básicas de instalacións de gas. Calidade das augas residuais. Regulamento de instalacións de calefacción, climatización e A.C.S.
Xerada: planos e documentación técnica actualizados coa realidade da instalación. Informes de obra. Partes de incidencias. Medicións e certificacións. Informes de mantemento e de modificación de gamas e programas de mantemento.
2.5.3. Unidade de competencia 3: desenvolver proxectos de modificación e mellora das instalacións de edificio e de proceso:
Nº Realizacións Criterios de realización
3.1. Selecciona-los equipos e materiais para modificación ou mellora das instalacións de fluídos de edificios e proceso, utilizando procedementos e normas establecidas, a partir de especificacións determinadas. * Determínanse os parámetros de selección das bombas tendo en conta o réxime de circulación do fluído na instalación, nivel de ruído e vibracións e un óptimo rendemento na súa explotación e aplicando os procedementos de cálculo establecidos. * Dimensiónanse os tubos das diferentes redes e os seus elementos atendendo ó rendemento da instalación e ó réxime de circulación do fluído, adecuando o nivel de ruído e vibracións, asegurando os caudais e presións requiridos en cada punto da instalación e aplicando táboas e procedementos de cálculo establecidos. * Selecciónanse os materiais e accesorios para a rede coas características adecuadas ó fluído en circulación, presións e temperaturas de traballo, dando resposta adecuada ós requirimentos de funcionamento e seguridade regulamentada e ás condicións de montaxe. * Realízase a selección de equipos, grupos motobomba, válvulas, etc., de modo que a construcción, modelo e rango cumpra coa función e características establecidas, tendo en conta o seu óptimo rendemento enerxético, cos requisitos de homologación e seguridade regulamentarios e as ordenanzas de aplicación.
Nº Realizacións Criterios de realización
* A disposición gráfica adoptada para a representación dos elementos dos diferentes esquemas, as súas agrupacións e os sistemas de referencia e codificación, permiten interpreta-la cadea de relacións establecida entre eles e face-lo seguimento secuencial do funcionamento da instalación.
* A forma e dimensión dos elementos estructurais para os soportes e bancadas das redes e equipos determínanse analizando as solicitacións a que dan lugar ó estado de cargas e as accións dinámicas e aplicando os coeficientes de seguridade e os cálculos de resistencia adecuados. * Realízase a elección de compoñentes tendo en conta as garantías de intercambiabilidade, subministración e custos.
3.2. Selecciona-los equipos e materiais e as súas características para a modificación ou mellora das instalacións térmicas de edificios e de proceso, utilizando procedementos establecidos, a partir de especificacións determinadas. * Os equipos de climatización ou refrixeración seleccionados teñen a potencia frigorífica/calorífica adecuada (sendo en todo caso igual ou superior á calculada) e o ventilador co caudal e presión requiridos. Ademais, a configuración da máquina cumpre coas condicións de deseño, instalación e montaxe especificadas. * Realízase a selección dos equipos de modo que a construcción, modelo e rango cumpran coa función e características establecidas, tendo en conta o seu óptimo rendemento enerxético, cos requisitos de homologación e seguridade regulamentarios e as ordenanzas de aplicación. * Selecciónanse as reixas e difusores de aire sen supera-lo nivel de emisión de ruído requirido polo uso dos locais, e as súas dimensións e características son as requiridas para o seu caudal, alcance e situación. * Determínase a potencia calorífica da instalación de calefacción obtendo as perdas de calor por transmisión e as de ventilación/infiltración do aire, a partir das condicións de deseño, do uso de locais e das características da edificación definidas, aplicando táboas e procedementos de cálculo establecidos. * Selecciónanse adecuadamente as características dos materiais e accesorios para a rede, para o fluído en circulación e para as presións e temperaturas de traballo, responden adecuadamente ós requirimentos de funcionamento e seguridade regulamentados e ás condicións da montaxe. * Determínanse os parámetros de selección dos diferentes motores, equipos e conductores eléctricos en función da potencia, caída de tensión e condicións do trazado e funcionamento, aplicando procedementos de cálculo establecidos. * Realízase a selección das máquinas, equipos, conductores e accesorios eléctricos, de modo que a construcción, modelo e rango cumpra coa función requirida, cos parámetros de selección, coas características de montaxe e cos requisitos de homologación e seguridade regulamentarios.
3.3. Elaborar planos de diagramas e esquemas, de trazado xeral e de detalles, para a modificación e mellora das instalacións térmicas e de fluídos de edificios e de proceso, interpretando especificacións técnicas das novas condicións e conseguindo os niveis de calidade establecidos. * Realízase a representación das distintas redes e circuítos coa simboloxía e convencionalismos normalizados de aplicación e, de se-lo caso, coas normas internas da empresa, permitindo a identificación dos diferentes circuítos ou sistemas e dos seus compoñentes.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Os detalles do trazado das redes resolven os encontros e pasos polos edificios e/ou elementos de construcción, cambios de posición, cruzamento e derivacións, formas de transición e conexións ás máquinas e elementos de consumo.
* Determínanse os tipos de ensaio e as súas especificacións técnicas que certificarán os provedores para a homologación do reposto non estandarizado.
* Os planos de esquemas eléctricos expresan a potencia do receptor, tensión nominal, proteccións, tipo de equipo de manobra, seccións dos conductores e as súas lonxitudes, cumprindo coas especificacións determinadas. * A disposición de soportes e ancoraxes e as súas formas constructivas garanten a estabilidade e evitan tensións mecánicas e deformacións non desexadas nos equipos e conduccións.
* Inclúense nos planos as listas de materiais cubertas cos códigos e especificacións dos elementos. * Os planos conteñen as especificacións técnicas das máquinas, tubos, conductos, materiais, accesorios, válvulas e elementos de caldeirería dos procedementos de unión e ensamblado e das condicións de acabado das redes. * A implantación definida cumpre coa normativa vixente no que se refire á seguridade de persoas, equipos ou instalacións e medio ambiente.
3.4. Obte-la información necesaria para o levantamento de planos parciais das instalacións existentes e do seu contorno a partir das propias instalacións e/ou a súa documentación técnica. * A información contén as especificacións técnicas, características constructivas e dimensións dos equipos, redes principais e secundarias dos diferentes sistemas da instalación, así como dos elementos auxiliares (ancoraxes, soportes, proteccións mecánicas, etc.). * Realízanse os bosquexos utilizando a simboloxía e convencionalismos normalizados de representación, de maneira que permitan a identificación dos circuítos e compoñentes dos diferentes sistemas. * Os esquemas e diagramas de principio dos diferentes sistemas da instalación establecen as codificacións e referencias necesarias para interpreta-las relacións establecidas e face-lo seguimento secuencial do funcionamento da instalación. * Realízanse as medidas das diferentes variables para a determinación das características de funcionamento e nominais dos equipos e das redes da instalación, cos procedementos e equipos adecuados e coa seguridade requirida. * A información do edificio contén as relacións en forma e posición dos locais, dos elementos estructurais e de obra, coa precisión requirida.
3.5. Establece-lo prego de condicións técnicas e procedementos de ensaio e recepción dos recambios de máquinas, materiais, útiles e ferramentas, para determinar provedores e homologa-las subministracións. * A especificación da calidade e características dos recambios aseguran a obtención de prestacións e a fiabilidade requiridas.
* A especificación técnica dos aceites, graxas e lubricantes determina as características físicas e químicas, os procedementos de ensaios de recepción e de comprobación da estabilidade das propiedades e as aplicacións e condicións de uso no seu contorno productivo.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Na toma de calquera decisión que afecte os procedementos, tense en conta a lexislación laboral.
* Os elementos, pezas, compoñentes, ferramentas e útiles mecánicos están definidos pola especificación dos materiais que os compoñen, os seus tratamentos, acabados superficiais e terminacións, dimensións e tolerancias, especificacións dos axustes, aplicacións e condicións de aptitude para o seu uso e especificacións dos ensaios de recepción. * Os compoñentes eléctricos, electrónicos, hidráulicos e pneumáticos están determinados pola súa denominación inequívoca e as súas especificacións no referente ás súas características, datos técnicos e aplicación, indicándose os ensaios de recepción. * Determínanse as condicións de entrega, embalaxe e transporte das subministracións que deben ser cumpridas polo provedor.
3.6. Manter actualizada e organizada a documentación técnica requirida para a xestión do mantemento das instalacións. * A documentación está ordenada e completa, cumprindo as normas internas da empresa en materia de presentación. * Establécense as pautas para a revisión e actualización da documentación técnica. * Mantéñense actualizados os historiais, rexistrando as actuacións e modificacións realizadas no tempo sobre a instalación. * A actualización e a organización da documentación técnica permiten coñece-la vixencia da documentación existente (catálogos, revistas, manual de calidade, planos etc.) e incorporan sistematicamente as modificacións que afecten os planos e documentos técnicos. * A información e a documentación dispoñibles son adecuadas e suficientes para manter informados os departamentos da empresa involucrados e permiten que as persoas que deben utiliza-la documentación coñezan a súa existencia e dispoñibilidade.
3.7. Crear, manter e intensificar relacións de traballo no contorno de producción e mantemento, resolvendo os conflictos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios. * Difúndense os procedementos da organización entre os membros que a constitúen para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.
* Promóvense e, de se-lo caso, acéptanse as melloras propostas por calquera membro da organización nos aspectos de calidade, productividade e servicio. * O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, xerando actitudes positivas entre as persoas e entre estas e a súa actividade ou traballo. * Poténciase que os obxectivos da organización sexan asumidos como propios por cada un dos membros que a compoñen. * Xérase un plan de formación continuada, que se respecta e potencia, para consegui-la formación adecuada do persoal. * Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo e tómanse as medidas para resolvelos con prontitude. * Resólvense problemas de relacións persoais, logrando información adecuadamente antes de tomar unha decisión e consultando, se é preciso, o inmediato superior. * Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
Nº Realizacións Criterios de realización
* Achégase a información dispoñible, coa mínima demora, cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa.
Dominio profesional
-Medios de producción utilizados:
Equipo e aplicacións informáticas para deseño asistido por ordenador CAD, plotter de debuxo. Impresoras. Tecnígrafo e instrumentos de debuxo. Programas informáticos de cálculo e de simulación. Máquinas calculadoras. Equipos de reproducción de planos e documentación. Cinta métrica. Pé de rei. Nivel taquimétrico. Multímetro. Pinza amperimétrica. Tacómetro.
-Instalacións concernidas:
Instalacións de edificio: rede de auga sanitaria fría e quente (almacenamento, bombeo, distribución e aparellos sanitarios). Redes de saneamento fecais e pluviais (captación, conducción, tratamento, almacenamento e evacuación con ou sen bombeo). Rede de rega por aspersión, goteo e bocas de rega (captación, distribución, regulación e control). Rede de gases GLPs e canalizados (almacenamento, distribución e regulación). Gases sanitarios (almacenamento, distribución e regulación). Baleiro (producción e distribución). Rede de gasóleo (almacenamento e canalización). Contra incendios (rede contra incendios, hidrantes, columna seca, aspersores, mangas, grupos de presión, por gases, extintores, CO). Climatización (producción, distribución, control e regulación). Aire acondicionado (producción, distribución, control e regulación). Salas limpas (brancas). Calefacción (producción, distribución, control e regulación). Renovación de aire (producción, distribución e control). Frío (cámaras
frigoríficas e conxeladores). Aproveitamento enerxético (paneis solares e intercambiadores).
Instalacións de proceso continuo (PC) e auxiliares á producción: instalacións de auga para proceso (captación, tratamento de auga e redes). Depuración de augas residuais de proceso. Depuración de efluentes sólidos e gasosos. Instalacións de baleiro (plantas de baleiro, depresores e redes de distribución). Instalacións de aire comprimido. Instalacións de gases (osíxeno, nitróxeno, hidróxeno, GLPs e gas natural). Instalación de gasóleos (almacenamento e redes de distribución). Protección contra incendios (rede e sistemas específicos). Centrais de producción térmica. Recuperadores de calor. Plantas e equipos frigoríficos. Cámaras. Túneles de conxelación. Instalacións de fluídos térmicos para proceso (vapor). Auga sobrequente (ASQ). Aceites térmicos. Auga quente. Aire quente.
-Principais resultados do traballo:
Planos (de principio de funcionamento -diagramas de fluxo-, esquemas eléctricos e automatismos, trazado xeral, detalles de montaxe de redes e máquinas, estructuras e cimentacións). Especificacións técnicas de equipo e materiais. Informes e memorias téc
nicas de instalación. Listas de materiais. Condicións técnicas de instalacións.
-Procesos, métodos e procedementos:
Desenvolvemento do deseño e realización de planos. Técnicas de expresión gráfica. Técnicas de deseño e debuxo por ordenador. Sistemas de organización e arquivo de documentación técnica.
-Información utilizada:
Especificacións técnicas. Documentación técnica de referencia (planos topográficos, de urbanización, de edificio de vivendas e industriais, planos de localización das instalacións de saneamento e electricidade, etc.). Requirimentos contractuais. Normas (de deseño, de codificación de documentación técnica, de empresa, seguridade e hixiene, UNE, tecnolóxicas da edificación, etc.). Regulamento de aplicación en vigor (regulamentos referentes a almacenamento, redes, acometidas e instalación en edificios de gases combustibles, regulamento de aparellos de presión, normas básicas para instalacións interiores de subministración de auga, regulamento de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, regulamento electrotécnico para baixa tensión, etc.). Catálogos técnicos e comerciais (de materiais, compoñentes, equipos, etc.).
2.6. Evolución da competencia profesional:
2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:
Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia deste profesional:
* A modernización continua e paulatina das estructuras industriais produce un incremento nos investimentos destinados á renovación e mellora das instalacións e as súas infraestructuras.
* As necesidades de asegurar unha adecuada eficiencia enerxética na explotación das instalacións e os niveis de seguridade requiridos dos edificios e de confortabilidade dos usuarios adquirirán paulatinamente maior importancia, incrementando a demanda de instalacións automatizadas, onde os conceptos de integración dos servicios de xestión da enerxía, da confortabilidade, da seguridade e das comunicacións adquirirán, cada vez máis, un maior protagonismo.
* O aumento das esixencias nos niveis de fiabilidade e dispoñibilidade das instalacións e, consecuentemente, os da súa mantibilidade, supón un incremento do seu grao de tecnificación co uso de tecnoloxías específicas para o control dos procesos e o diagnóstico do estado dos equipos.
* Os servicios de mantemento, especialmente o preventivo, sistemático e predictivo, dos equipos e instalacións, adquiren un carácter relevante no sector, constituíndo unha das áreas de actividade de maior potencial presente e futuro.
* A incorporación de novas tecnoloxías, orientadas fundamentalmente cara ós sistemas programables, implicará unha substitución ou complementación dos equipos e sistemas cableados por sistemas programados, que optimicen e flexibilicen os cambios demandados polos procesos de producción.
* O crecemento dos sistemas de telecontrol e telemantemento permitirán a xeneralización da xestión técnica e da seguridade, conseguindo máis eficiencia das instalacións e servicios nos edificios.
* As ferramentas informáticas para a elaboración de documentación técnica e xestión dos procesos de deseño e montaxe (cálculo, debuxo, planificación, programación e control dos traballos, etc.) das instalacións implántanse cada vez con maior profusión.
* A incorporación de aplicacións informáticas facilitará os procesos de xestión e control dos procesos de mantemento.
* As empresas ofreceranlle ó cliente sistemas completos que inclúan desde o proxecto ata o servicio de instalación e mantemento, de forma que garantan o funcionamento continuo e a fiabilidade das instalacións, chegando mesmo á formación personalizada do cliente, onde a calidade desempeña un papel fundamental.
* Espéranse incrementos significativos da productividade motivados, en gran medida, pola introducción das novas tecnoloxías, especialmente as relacionadas coa electrónica e os sistemas de tratamento da información.
* O desenvolvemento da normativa de ambiente e de seguridade e prevención de ámbito europeo obrigará a unha maior esixencia na súa aplicación.
2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:
As instalacións de procesos industriais e as de edificio, pola súa propia natureza, integran sistemas complexos de diferente tecnoloxía, requiren deste técnico competencias transversais desde o punto de vista tecnolóxico, onde se combinan elementos e sistemas mecánicos, electromecánicos, eléctricos, electrónicos, fluídicos e informáticos, demandando del unha visión sistémica e pluridisciplinar en constante evolución.
A introducción das novas tecnoloxías nos equipos e instalacións (equipos programables e de tratamento da información, instalacións de cable de fibra óptica, etc.), determinarán a utilización de programas informáticos para desenvolvemento e xestión do mantemento de equipos e instalacións.
O incremento da automatización das instalacións caracterizará as actividades deste profesional, xa que o control distribuído e a supervisión informatizada dos procesos o afastan do seu control directo, aparecendo cun carácter predominante o diálogo home-máquina por medio de interfaces computerizadas para a supervisión e o control, así como para a xestión do mantemento deses sistemas.
A seguridade, fiabilidade e calidade esixida ás instalacións e ós seus procesos de execución adquiren cotas que só mediante un nivel de alta cualificación e profesionalidade se poden afrontar.
A polivalencia funcional que se require deste profesional xustifícase pola necesidade da mobilidade horizontal entre a planificación e control de execución, as probas de seguridade e posta a punto dos proxectos de instalacións e o servicio de mantemento desas instalacións, dirixindo o preventivo, diagnosticando fallos e avarías nos sistemas e realizando, ó seu nivel, proxectos de modificación de instalacións existentes.
2.6.3. Cambios na formación:
A formación deste profesional en calidade debe enfocarse a conseguir unha concepción global da calidade e uns coñecementos sobre materiais, equipos, normativa e procedementos de control que lle permitan actuar neste campo de forma permanente.
Deberá estar ó día no coñecemento dos novos equipos, maquinaria, dispositivos e materiais que se utilizan na construcción de instalacións térmicas e de fluídos e dos procesos utilizados na súa implantación e mantemento, adquirindo unha importancia cada vez maior os sistemas de telecontrol, telemedida e telexestión.
O traballo con contornos informatizados, tanto na fase de proxecto, utilizando ferramentas informáticas para o deseño asistido por ordenador (cálculo, debuxo e edición), como na elaboración dos programas de control dos sistemas automatizados nos edificios e para a organización, xestión e control dos proxectos, demandará un dominio das destrezas propias dos sistemas informáticos e da súa programación.
A xestión e as relacións co contorno de traballo adquiren cada vez un maior relevo no contexto formativo co fin de coordinar tarefas productivas.
A formación en loxística, planificación, xestión e control de proxectos terá unha importancia crecente para este profesional.
A regulamentación e normativa que regulan as súas actividades, especialmente as relativas á seguridade das instalacións, obrigan a este profesional a unha constante posta ó día sobre elas.
2.7. Posición no proceso productivo:
2.7.1. Contorno profesional e de traballo:
Este técnico integrarase nos departamentos técnicos de mantemento, nas divisións de montaxe de instalacións de edificio e de proceso nos diversos sectores productivos e nos servicios técnicos de compañías de inspección, control de calidade, seguridade e de seguros.
Dado que as actividades de mantemento e reparación se desenvolven nas distintas instalacións de edificios, auxiliares á producción e de proceso continuo, danse na práctica totalidade dos sectores pro
ductivos e non é posible relacionar exhaustivamente todos eles. Cítanse a continuación algúns dos subsectores onde este técnico pode desempeña-lo seu traballo:
* Instalacións deportivas.
* Edificios de oficinas.
* Naves industriais.
* Instalacións de museos.
* Instalacións hospitalarias.
* Edificios de vivendas.
* Hipermercados e grandes almacéns.
* Terminais e estacións de ferrocarril e de autobuses.
* Aparcadoiros.
* Aeroportos.
* Instalacións portuarias.
* Instalacións de industrias de química básica (refino e petroquímica, fibras sintéticas, productos químicos, pigmentos, fertilizantes, primeiras materias plásticas, caucho sintético, etc.).
* Productos alimenticios e bebidas.
* Fabricación de cemento, cal e xeso.
* Enxeñería e servicios de mantemento.
En xeral desenvolve o seu traballo en grandes e medianas empresas.
2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:
Esta figura profesional sitúase funcionalmente:
* Nas áreas de enxeñería, planificación, programación, compras, execución e control de calidade e loxística de mantemento e reparación de máquinas, equipos das instalacións de edificios, auxiliares á producción e de proceso continuo.
* Nas áreas de montaxe das instalacións de edificios, auxiliares á producción e de proceso continuo.
O contorno tecnolóxico da figura profesional abrangue os campos de:
* Posta en servicio dos equipos e sistemas.
* Mantementos preventivo, sistemático, predictivo e correctivo e reparación dos equipos e máquinas.
* Diagnóstico de avarías.
* Deseño, planificación e programación do mantemento.
* Calidade, loxística e auditoría do mantemento.
Os coñecementos están ligados a:
* Sistemas electromecánicos, de conducción de fluídos, enerxéticos, de transporte, de seguridade, de depuración.
* Regulación e control.
* Técnicas de montaxe electromecánica.
* Técnicas de lubrificación e refrixeración de equipos e maquinaria.
* Normalización.
* Planos e esquemas.
* Interpretación de regulamentos.
* Materiais.
* Xestión técnica dos edificios.
* Técnicas de control de calidade.
2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:
A título de exemplo e con fins de orientación profesional enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poden ser desempeñados por esta figura profesional. De forma xenérica sinalámo-los seguintes:
* Técnico de montaxes de instalacións de edificio, proceso continuo e auxiliares á producción.
* Técnico de mantemento de instalacións de grandes edificios.
* Técnico de mantemento de instalacións de proceso continuo.
* Técnico de mantemento de instalacións auxiliares á producción.
3. Currículo.
3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:
* Analizar e interpretar axeitadamente a documentación técnica correspondente ós proxectos de montaxe e o mantemento de instalacións de edificio e proceso.
* Describir e aplica-las técnicas máis usuais de planificación, programación e xestión da montaxe e mantemento de instalacións de edificio e proceso, utilizando as ferramentas informáticas máis axeitadas en cada caso.
* Describir e aplica-las técnicas utilizadas na montaxe, mantemento e reparación das instalacións de térmicas e de fluídos para edificio e proceso, as súas máquinas e equipos asociados.
* Realiza-las comprobacións, medidas e axustes utilizados na montaxe e mantemento e a posta a punto das instalacións de edificio e proceso.
* Determinar procedementos de actuación para o diagnóstico e localización de avarías das instalacións térmicas e de fluídos (nas máquinas, equipos e os sistemas hidráulicos, pneumáticos, eléctricos e de control asociados), determinando e/ou propondo os útiles específicos máis axeitados e documentando eses procedementos coa precisión requirida e no formato e soporte máis axeitados.
* Manter e/ou modifica-los sistemas de mando, medida, control e regulación para instalacións de edificio e proceso, seleccionando os equipos e materiais máis axeitados en cada caso.
* Elabora-la documentación necesaria para a definición e desenvolvemento de proxectos de modificación de instalacións de edificio e proceso, realizando os cálculos, esquemas e planos necesarios para a súa concreción, mediante a utilización das ferramentas informáticas máis axeitadas en cada caso.
* Elaborar e modifica-los programas de control correspondentes ós equipos de automatización de instalacións de edificio e procesos, empregando en cada caso a linguaxe, os procedementos e estructuras máis idóneos, co fin de optimiza-lo funcionamento e asegura-la fiabilidade e seguridade do sistema.
* Valora-la importancia dos conceptos de calidade e aplica-las técnicas que a caracterizan no desenvolvemento das montaxes, do mantemento e dos proxectos de modificación dos sistemas de maquinaria e equipo industrial.
* Valora-la importancia que a seguridade ten no campo da montaxe e mantemento das instalacións de edificio e proceso, seleccionando e aplicando a normativa e os procedementos máis axeitados en cada caso.
* Analiza-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de execución da montaxe e mantemento das instalacións de edificio e proceso, identificando os dereitos e as obrigas que derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías que se poidan presentar neles.
* Buscar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe no sector da montaxe e mantemento das instalacións de edificio e proceso e lle posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.
* Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación coas demais áreas da empresa, con clientes e provedores.
* Analizar, adaptar e, de se-lo caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e asesoramento dos profesionais ó seu cargo.
3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:
3.2.1. Módulo profesional 1: procesos e xestión do mantemento e montaxe de instalacións:
Asociado á unidade de competencia 1: desenvolver procesos e métodos de mantemento e organiza-la execución da montaxe e do mantemento e reparación das instalacións de edificio e de proceso.
Capacidades terminais elementais
* Identifica-lo dossier de mantemento de máquinas e equipos das instalacións térmicas e de fluídos co fin de planifica-lo mantemento.
* Describi-la documentación técnica referida ás instalacións térmicas e de fluídos, necesaria para realiza-la planificación da súa montaxe.
* Identifica-los compoñentes das máquinas e equipos da instalación que deben ser mantidos, a partir da documentación técnica dunha instalación térmica (manual de instruccións, planos, esquemas, etc.).
* Determina-las actividades de mantemento preventivo, sistemático e predictivo que se deben realizar nas máquinas e equipos da instalación durante un período de tempo determinado.
* Determina-lo tipo de recursos humanos e materiais necesarios para realiza-las intervencións de mantemento das máquinas e equipos no período de xestión, a partir da documentación técnica (manual de instruccións, planos, esquemas, etc.).
* Identifica-las instalación asociadas, máquinas e equipos que interveñen na montaxe das instalacións térmicas.
* Determina-las operacións (asentamento máquinas e equipos, ensamblados, colocación de soportes, conformado de tubos, conexións, etc.) que se deben realizar na montaxe da instalación, a partir da documentación técnica (manual de instruccións, planos, esquemas, etc.).
* Determina-lo tipo de recursos humanos e materiais necesarios para realiza-las operacións de montaxe das instalacións térmicas.
* Defini-las especificacións das operacións que hai que realizar para a aplicación do mantemento correctivo por substitución dunha peza ou elemento nunha máquina ou equipo.
* Descompor cada unha das operacións para realizar nas distintas fases, establecendo a orde ou secuencia, para a aplicación do mantemento correctivo por substitución dunha peza ou elemento.
* Desenvolve-la técnica que hai que utilizar nas distintas fases de substitución dunha peza dunha máquina ou equipo establecendo materiais, medios, ferramentas, tempos e recursos humanos.
* Determina-las verificacións que hai que realizar durante e ó seu final do proceso da aplicación do mantemento correctivo por substitución dunha peza ou elemento dunha máquina ou equipo, así como dos medios empregados.
* Seleccionar das operacións de montaxe dunha instalación (asentamento, máquinas e equipos, ensamblados, aliñación, colocación de soportes, conformado de tubos, conexións, etc.) aquelas que requiren procedementos escritos.
* Determina-los tipos de intervención (de uso, segundo nivel, etc.) e a súa temporalización no plan de mantemento aplicado a unha máquina ou equipo dos que se dispón de documentación técnica (de fabricante, historial de mantemento, etc.) e plan de funcionamento.
* Establece-las cargas de traballo dos recursos humanos e dos medios manteriais necesarios para a realización do mantemento aplicado a unha máquina ou equipo dos que se dispón de documentación técnica (de fabricante, historial de mantemento, etc.) e plan de funcionamento.
* Elabora-la relación de recambios e productos consumibles que son necesarios para o período de mantemento aplicado a unha máquina ou equipo dos que se dispón de documentación técnica (de fabricante, historial de mantemento, etc.) e plan de funcionamento.
* Determina-las unidades de montaxe que interveñen na programación dun proxecto de instalación, establecendo os recursos dispoñibles.
* Avalia-las unidades de montaxe en recursos e tempos do plan de montaxe dun proxecto de instalación.
* Establece-la secuenciación das unidades de montaxe dun proxecto de instalación.
* Establece-lo plan de execución e seguimento da montaxe, optimizando os recursos e prazos de execución na montaxe de instalacións.
* Realiza-lo orzamento anual de mantemento de máquinas e equipos, baseándose na documentación técnica e datos de funcionamento anteriores.
* Desagrega-los custos de mantemento anual nos seus compoñentes (recambios, paradas imprevistas, custos inducidos doutros equipos, man de obra, etc.) dunha instalación de edificio ou de proceso realizados nun período de traballo dun ano ou máis.
* Aplicar programas informáticos de xestión e control do mantemento para a determinación dos custos de mantemento dunha instalación de edificio ou de proceso.
* Elaborar un catálogo de recambios dunha máquina ou equipo a partir da súa documentación técnica.
* Aplica-los criterios para a xestión de almacenamento de mantemento.
* Relaciona-los aprovisionamentos coas actuacións de mantemento.
* Aplica-los criterios da optimización da xestión de recambios, aplicando programas informáticos de xestión do mantemento.
* Elaborar cadros de codificación de recambios (considerando a súa pertenza a un grupo da maquinaria), identificando o tipo de maquinaria por características técnicas, por fabricante e por peza concreta.
* Identifica-los contidos dun plan de seguridade no proceso de mantemento e de montaxe.
* Determina-los medios e equipos de seguridade que hai que ter en conta para a realización das reparacións.
* Determina-los medios e equipos de seguridade que se deben ter en conta para a realización das distintas montaxes e movemento de grandes masas.
Contidos (duración 110 horas)
Contidos procedementais
Documentación técnica:
* Elaboración da loxística de recursos e subministracións, clasificando e ordenando a documentación de partida, técnica e contractual, para realiza-los distintos tipos de montaxe nas instalacións.
* Elaboración da documentación necesaria para a planificación e programación, o lanzamento e o seguimento das montaxes nas instalacións con ferramentas informáticas.
Técnicas de análise e configuración:
* Planificación das cargas de traballo en función do potencial dos recursos, das prioridades e da propia necesidade da organización e avance da montaxe da instalación.
* Elaboración do plan de seguridade documentado para cada unha das montaxes.
* Identificación das especificacións legais que rexen o nivel de competencia en cada un dos equipos das instalacións, que pola súa complexidade así o aconsellen.
* Análise da documentación clasificada do provedor, para realiza-las primeiras fases da montaxe dos equipos, situación na planta, dimensións básicas e requisitos mínimos, planificación da análise de comprobación das redes de distribución de fluídos, enerxía e fabricación dos compoñentes máis importantes nas instalacións.
* Análise das accións de mantemento para establece-los índices de mantibilidade e dispoñibilidade das instalacións.
* Configuración dos mantementos preventivos en función dos recursos humanos e materiais, organizando os recursos e o lanzamento das ordes de traballo.
Técnicas de realización:
* Estimación dos recursos humanos e materiais, mediante a utilización do emulador de condicións futuras, aplicación das ordes de compra e control dos prazos de compra, mediante software axeitado.
* Concreción das especificacións das tarefas, determinación dos tempos e elaboración das listas relacionadas nas montaxes das instalacións.
* Control do seguimento das tarefas e dos recursos nos traballos da montaxe das instalacións.
* Determinación dos métodos de ensamblaxe dos equipos na realización das montaxes de redes, equipos e liñas de procesos, establecemento dos tempos, para a realización das montaxes, especificacións dos plans de seguridade para utilizar na montaxe, na execución e na posta en marcha das instalacións.
* Determinación dos traballos para el desenvolvemento do plan de mantemento preventivo das instalacións.
* Elaboración das gamas de mantemento e reparación dos equipos que conforman as instalacións co plan de seguridade que se deba aplicar á hora de realiza-lo mantemento.
* Planificación do mantemento para toda a instalación, tendo en conta a súa diversificación en función dos diferentes equipos que a compoñen e dos recambios, para cumpri-lo programa de mantemento.
* Elaboración do programa de revisións periódicas e inspeccións segundo o plan mestre da axenda de rolda e do plan predictivo de previsión de avarías.
* Organización das intervencións seguindo a densidade de cargas de traballo e dos criterios de prioridade segundo a posibilidade dos recursos, para planifica-los mantementos programados e para realiza-las modificacións das instalacións seguindo os procedementos de mellora continua e mellora orientada.
* Establecemento do programa anual de custos de mantemento integral, identificación dos diferentes plans de productividade do mantemento e preparación dos criterios de fiabilidade aplicados á xestión dos custos.
* Xestión dos recursos económicos mediante a aplicación dos programas informáticos, bases de datos e/ou follas de cálculos.
* Establecemento das homologacións dos provedores de materiais de recambios para o mantemento.
* Establecemento da xestión do almacén e do propio programa de mantemento e reposición de útiles e ferramentas.
* Planificación da revisión dos consumos das diferentes instalacións e comprobación de que tódolos equipos están no nivel óptimo.
* Desenvolvemento dos plans para establece-los controis da enerxía por medición, por estimación, por balances enerxéticos e polo estado das instalacións.
* Elaboración das bases de datos relativas á xestión do mantemento e xestión e tratamento dos datos.
* Utilización do software aplicado á xestión do mantemento preventivo.
* Establecemento dos programas de mantemento predictivo mediante controis probabilísticos e documentación dos captadores medidores das variables necesarias.
Contidos conceptuais
Documentación técnica:
* Tipos de organigramas, o seu sentido piramidal e as tendencias actuais como influencia das técnicas informáticas.
* Distintos tipos de información a través da documentación técnica e contractual para ter en conta no cumprimento das montaxes das instalacións.
* Documentación de partida para elabora-lo plan de mantemento preventivo, gamas de traballo e ordes de traballo.
Técnicas de análise e configuración:
* Sistemas diferenciados de actuacións nas distintas tarefas.
* Criterios diferenciados da planificación aplicada ás cargas de traballo nas montaxes.
* Principios estatísticos aplicados á determinación dos tempos nas realizacións das montaxes.
* Métodos de planificación PERT/CPM e regras de operatividade na aplicación destas técnicas.
* Estructuras dos gráficos de Gantt e formas de controla-los recursos e organiza-los traballos.
* Criterios básicos na aplicación das normas internas sobre as especificacións concretas da execución das montaxes.
* Criterios de clasificación e utilización dos tempos empregados nas actividades desenvolvidas na implantación das montaxes.
* Principios básicos fundamentais do coñecemento e da función do mantemento na empresa de montaxes.
* Tipos de empresas dedicadas á montaxe de instalacións e prestación de servicios de montaxes.
* Ofertas de prestación de servicios das empresas dedicadas ó mantemento e/ou a montaxe de instalacións.
* Principios fundamentais no seguimento dos elementos ensamblados na execución e desenvolvemento das montaxes das instalacións.
* Bancos de históricos (AMFE).
* Mantemento preventivo e técnicas estatísticas.
* Diferentes sistemas de tratamento da política de recambios e reposición dos recambios en almacén.
* Parámetros fundamentais para establece-los criterios do mantemento predictivo. Sistemas para implanta-los programas anuais de custo de mantemento integral.
* Sistemas diferenciados dos plans de productividade do mantemento.
* Principios estatísticos de control da fiabilidade aplicada ós custos e a súa relación cos custos no mantemento das instalacións.
* Criterios que hai que ter en conta á hora de aplica-la mantibilidade en función dos tempos considerados.
* Taxas de dispoñibilidade en función do mantemento aplicado e a súa relación cos custos.
* Tipos de subministracións en función dos consumos-custos, clasificación dos A.B.C., dos diferentes recambios.
* Políticas de xestión para establece-los criterios de control das existencias dos recambios de materiais. Criterios do subministrador dos equipos.
* Estructuras e formas de establece-lo tipo de catálogo dos recambios do almacén de mantemento.
* Sistemas de control das ferramentas e dos útiles; programa de mantemento dos propios elementos.
* Procesos enerxéticos na producción.
* Control do consumo.
* Mantemento ambiental e as súas implicacións legais.
* Aproveitamento integral dunha instalación.
* Bases de datos.
Técnicas de realización e montaxe:
* Sistemas de montaxes, clasificación dos diversos procesos auxiliares das montaxes.
* Principios básicos e especificacións necesarias para a realización das montaxes das instalacións.
* Seguimento das normas de seguridade establecidas na realización das montaxes.
* Traballos de mantemento e preparación.
* Plan óptimo de mantemento segundo as condicións da instalación.
* Plans de mantemento sistemático. Tempos de aplicación.
* Organización das diferentes intervencións no mantemento. Recursos humanos e materiais necesarios na preparación. Planificación do lanzamento.
* Modificacións aplicadas ás instalacións e as montaxes. Mellora continua e mellora orientada.
* Programa de revisións periódicas.
* Variables de control para o seguimento do mantemento predictivo. Tipos de actuacións. Os recursos humanos e materiais na realización dos mantementos preventivos. Recursos necesarios para realiza-lo lanzamento, mediante a oficina de coordinación.
* Mecanismos de funcionamento para o establecemento das melloras continuas e orientadas como obxectivos de optimización das actuacións da organización do mantemento preventivo.
* Estructuras dos programas informáticos, forma de controla-los gastos e organiza-los datos para a elaboración dun control adecuado dos custos.
* Homologación dos provedores de materiais de recambios do almacén de mantemento.
* Ordenamento e localización dos materiais.
* Software de mantemento correctivo.
* Software de mantemento preventivo.
* Xestión e almacenamento de compras.
* Mantemento predictivo.
Contidos actitudinais
* Actitude crítica ante a información (busca do rigor da información en catálogos, documentación técnica, etc.).
* Interese pola organización aplicada á resolución e montaxe dos equipos e circuítos das instalacións (en tódolos aspectos) e pola busca de procedementos máis eficaces e útiles para empregar en cada unha das fases.
* Predisposición a busca-la orixe e as causas de acontecementos e situacións que aparezan nas operacións de montaxe e mantemento das instalacións.
* Axilidade e hábito de observación e análise, no diagnóstico e mantemento de equipos e instalacións.
* Actitude responsable e crítica fronte ás condicións de seguridade na realización das diferentes operacións de montaxe, posta en marcha ou mantemento.
* Respecto ás instruccións de uso e as normas de seguridade na utilización dos diferentes aparellos utilizados na montaxe, nas verificacións, etc.
* Valoración do traballo en equipo, amosando tolerancia ante as diferencias existentes entre os membros do grupo.
* Actitude positiva para desenvolver iniciativas e admitir suxestións técnicas ou procedementais que redunden en mellora-la producción e as realizacións profesionais.
* Disposición favorable para se adaptar a novas técnicas e procedementos requiridas na seu traballo como consecuencia dos cambios tecnolóxicos acontecidos nos equipos e o seu control.
* Sentido da responsabilidade para si mesmo e a para os demais membros do grupo no que se está traballando.
* Decisión para apoia-lo punto de vista que parece conducir á mellor solución.
* Actitude solidaria no cumprimento dos compromisos adquiridos no grupo.
3.2.2. Módulo profesional 2: execución de procesos de montaxe de instalacións:
Asociado á unidade de competencia 2: xestionar e supervisa-los procesos de montaxe de mantemento e reparación das instalacións de edificio e de proceso.
Capacidades terminais elementais
* Explica-las principais propiedades físicas (densidade, puntos de fusión, coeficientes de dilatación, calor específica, etc.) dos materiais, relacionando cada un deles cos distintos procesos de fabricación mecánica.
* Explica-las principais propiedades químicas dos materiais (resistencia á corrosión, ó ataque químico, ó electroquímico, etc.), relacionando cada unha delas cos fluídos, procesos, axentes ambientais e as súas condicións de montaxe nas instalacións térmicas e de fluídos.
* Explica-las principais propiedades mecánicas dos materiais (dureza, tracción, resistencia, elasticidade, fatiga, etc.), relacionando cada unha delas coas distintas aplicacións na construcción de equipos, elementos e redes das instalacións térmicas e de fluídos.
* Explica-las principais propiedades de manufactura ou tecnolóxicas (maquinabilidade, ductilidade, maleabilidade, temperabilidade, fundibilidade, etc.) dos materiais, relacionando cada unha delas cos distintos procesos de fabricación de equipos e montaxe das instalacións térmicas e de fluídos.
* Relacionar entre si propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas, explicando as variacións que se producen nunhas, segundo varían os valores noutras.
* Describi-lo funcionamento e as aplicacións das máquinas, equipos, útiles, ferramentas e medios auxiliares utilizados nas operacións de mecanizado e montaxe das redes de instalacións térmicas e de fluídos.
* Determina-las ferramentas necesarias e a secuencia de operacións que hai que realizar para as operacións de mecanizado e montaxe das redes de instalacións térmicas e de fluídos.
* Executa-las operacións de trazado e marcado axustándose ás cotas dadas nos planos de montaxe das redes de instalacións térmicas e de fluídos.
* Manexar correctamente as ferramentas utilizadas nas operacións de mecanizado e montaxe das redes de instalacións térmicas e de fluídos.
* Aplica-las normas de uso e seguridade durante o proceso de mecanizado e montaxe das redes de instalacións térmicas e de fluídos.
* Describi-las compoñentes dos equipos de soldadura e o seu funcionamento.
* Relaciona-los distintos tipos de materiais base cos de achega, en función do tipo de soldadura.
* Identifica-la simboloxía normalizada utilizada nos planos de pezas ou elementos para soldar.
* Explica-las medidas de seguridade e hixiene esixibles no uso dos diferentes equipos de soldadura.
* Efectua-las operacións de soldadura, segundo o procedemento establecido na súa folla de proceso.
* Aplica-las normas de uso e seguridade durante o proceso de soldadura.
* Explica-los tipos de aparellos utilizados nas manobras de movementos de grandes masas, enumerando os diferentes medios e elementos que interveñen no proceso e describindo a función que rea
lizan, así como as súas características técnicas e as condicións de seguridade requiridas.
* Explica-las técnicas de ensamblaxe, adaptación entre máquinas e redes, fixación da maquinaria e equipos (cimentacións, ancoraxes, unións, illamento térmico e acústico, etc.).
* Identifica-la simboloxía empregada e o tipo de instalación representada, relacionando as máquinas e os equipos que hai que montar.
* Determina-las ferramentas, equipos e medios auxiliares para o movemento e montaxe das máquinas e equipos.
* Seleccionar e aplica-las normas de seguridade e hixiene relativas a cada operación de montaxe.
* Replanea-la instalación in situ aplicando as técnicas axeitadas, tendo en conta a normativa e os regulamentos de seguridade das instalacións.
* Realiza-la montaxe de bancadas e verificar, de se-lo caso, as condicións técnicas das cimentacións de obra, cumprindo coa normativa e regulamentos de aplicación.
* Montar e ensambla-las máquinas e equipos asegurando as aliñacións, nivelacións, asentamentos e suxeicións, colocando os elementos antivibratorios e de insonorización e aplicando a normativa regulamentaria.
* Efectua-las conexións dos equipos e máquinas ós tubos e/ou conductos coas pezas axeitadas e elementos regulamentarios.
* Explica-las técnicas utilizadas nos procesos de corte, mecanizado, unión (mecánica e soldada) e conformado, relacionando cada unha delas cos medios, máquinas e materiais que interveñen.
* Describi-los procedemento utilizados nas montaxes das distintas instalacións (tubos, conductos, eléctricas, etc.), aplicándoos a diferentes materiais, seccións ou dimensións, e indicando os controis para a detección dos posibles erros.
* Explica-los sistemas utilizados para compensa-los efectos das dilatacións e contraccións nas tubos.
* Describi-las técnicas de montaxe de elementos para a correcta captación das distintas magnitudes (sondas, sensores, etc.) nas máquinas equipos e redes.
* Explica-las características dos illamentos térmicos e acústicos e as técnicas de aplicación nos distintos tipos de instalacións.
* Explica-las normas de uso e de seguridade e hixiene aplicable ós diferentes equipos e máquinas e as específicas que se deben ter en conta na montaxe das instalacións.
Contidos (duración 215 horas)
Contidos procedementais
Materiais:
* Identificación dos materiais segundo as súas propiedades e as formas comerciais.
* Selección dos materiais máis axeitados segundo as súas propiedades e aplicacións tipo.
* Elaboración do procedemento de mecanizado (proceso de traballo).
Técnicas de mecanizado:
* Realización de mecanizados e axustes mecánicos.
* Execución de operacións de unións aparafusadas.
* Verificación dos productos mecanizados.
* Execución de unións desmontables.
Técnicas de unión:
* Execución de unións fixas soldadas: soldadura branda, oxiacetilénica e eléctrica en atmosfera natural e atmosfera protexida de maneira manual e semiautomática.
* Execución de unións fixas, remachadas, pegadas, etc.
* Verificación e control dos productos unidos.
Técnicas de montaxe de tubos:
* Aplicación de técnicas de planeamento.
* Colocación de soportes e suxeicións.
* Tendido de tubos.
* Compensación da dilatación de tubos.
* Montaxe de válvulas.
* Montaxe de elementos de medida.
* Instalación do illamento antivibratorio.
* Instalación do illamento térmico.
* Manexo das máquinas, compoñentes e ferramentas utilizados na instalación de tubos.
* Realización de probas e ensaios dos circuítos.
* Verificación da calidade na montaxe.
* Medición dos parámetros específicos nas instalacións.
Técnicas da montaxe de conductos:
* Planeamento de instalacións.
* Construcción de conductos, axustes, transformacións, curvas e derivacións.
* Regulación de caudais.
* Montaxe de elementos de medida.
* Illamento e montaxe de conductos.
Técnicas da montaxe de máquinas e equipos:
* Cimentación e ancoraxe de máquinas e equipos.
* Manexo de máquinas para desprazamentos de grandes masas.
* Aliñación, nivelación e fixación de máquinas.
* Ensamblaxe e axuste entre máquinas e redes.
* Montaxe e construcción de cadros e instalacións eléctricas.
* Realización de probas e posta en marcha das instalacións.
Contidos conceptuais
Materiais para instalacións:
* Propiedades dos materiais:
-Productos férricos. Aceiros e aliaxes.
-Productos non férricos. Aliaxes.
-Plásticos.
-Materiais aglomerados.
-Cerámicos.
-Materiais de estanquidade.
* Materiais illantes térmicos.
* Pinturas e vernices.
* Aceites.
* Formas comerciais dos materiais.
Técnicas de mecanizado:
* Metroloxía:
-Erros de medida.
-Instrumentos de medida.
-Técnicas de medición.
-Trazado. Técnicas e características.
* Mecanizados e conformados:
-Procesos de preparación do traballo.
-Procedementos e operacións de mecanizado (conformado de chapa e tubo, mecanizados por arranque de labra).
* Manexo e control de máquinas ferramentas:
-Máquinas, equipos, útiles e ferramentas empregados nas técnicas de mecanizado.
Técnicas de unión:
* Unións desmontables:
-Tipoloxía e características.
-Medios e técnicas empregadas.
* Unións fixas:
-Soldadura branda, oxiacetilénica e eléctrica en atmosfera natural e atmosfera protexida de forma manual e semiautomática.
-Deformacións e tensións. Corrección das deformacións.
* Unións fixas, remachadas, pegadas, etc.:
-Tipoloxía e características.
-Medios e técnicas empregadas.
* Control de calidade. Metroloxía e ensaios.
Técnicas de montaxe de tubos:
* Materiais específicos. Limitacións de uso.
* Procedemento de planeamento.
* Soportes e suxeicións.
* Tendido de tubos.
* Dilatación de tubos. Compensación da dilatación. Procedementos de compensación.
* Válvulas. Tipoloxía, características e aplicación. Procedemento de montaxe.
* Illamentos. Antivibratorio e térmico.
* Máquinas, equipos, útiles, ferramentas e medios empregados nas técnicas de montaxe de tubos. Descrición e aplicacións nos procesos. Técnicas de manexo.
* Probas e ensaios dos circuítos.
* Normativa de aplicación específica.
* Control de calidade na montaxe.
* Medidas das variables térmicas e de fluídos nas instalacións.
* Medidas eléctricas específicas nas instalacións.
* Materiais específicos.
Técnicas de montaxe de conductos de aire:
* Procedemento de planeamento.
* Construcción dos conductos:
-Desenvolvementos xeométricos aplicados: tipos de ensamblaxes, transformacións e curvas e derivacións.
* Reguladores de caudal.
* Distribuidores de aire: reixas e difusores.
* Montaxe de elementos de medida. Técnicas de montaxe.
* Sistemas de illamento dos conductos.
* Máquinas, equipos, útiles, ferramentas e medios empregados nas técnicas de montaxe de conductos:
-Descrición e aplicacións nos procesos.
-Técnicas de manexo.
* Medidas das variables térmicas e de fluídos nas instalacións.
* Medidas eléctricas específicas nas instalacións.
Técnicas de montaxe de máquinas e equipos:
* Procedementos de planeamento das instalacións.
* Cimentacións e bancadas de máquinas e equipos. Tipos e características.
* Illamentos antivibratorios en máquinas e acometidas.
* Movementos verticais e horizontais de máquinas e equipos.
* Sistemas de aliñación, nivelación e fixación das máquinas.
* Técnicas de ensamblaxe, axuste entre máquinas e redes.
* Técnicas para a montaxe e construcción de cadros e instalacións eléctricas.
* Máquinas equipos, útiles, ferramentas e medios empregados nas técnicas de montaxe electromecánica.
* Probas e posta en marcha das instalacións.
* Instruccións técnicas dos regulamentos de aplicación.
* Normativas de seguridade nas instalacións.
* Control de calidade na montaxe.
* Medidas eléctricas específicas nas instalacións.
Contidos actitudinais
* Responsabilidade na toma de decisións.
* Respecto e cumprimento das normas de seguridade.
* Rigor na elección de materiais e na execución das operacións.
* Seguridade nas operacións realizadas.
* Actitude crítica ante os procesos.
* Limpeza e orde no posto de traballo.
* Orde nas actividades realizadas.
* Respecto ás opinións dos demais.
* Interese pola conservación e mellora do ambiente, relacionados coas actividades do seu contorno.
3.2.3. Módulo profesional 3: mantemento de instalacións térmicas e de fluídos:
Asociado á unidade de competencia 2: xestionar e supervisa-los procesos de montaxe de mantemento e reparación das instalacións de edificio e de proceso.
Capacidades terminais elementais
* Establece-lo plan de desmontaxe/montaxe e os procedementos que hai que aplicar nas operacións de substitución de pezas dos elementos ou equipos.
* Selecciona-las ferramentas, equipos de medida e medios necesarios para as operacións de montaxe/desmontaxe na substitución de pezas dos elementos ou equipos.
* Establece-lo plan de seguridade requirido nas diversas fases do desmontaxe/montaxe na substitución de pezas dos elementos ou equipos.
* Realizar un informe memoria no que consten as operacións realizadas, as partes verificadas e as pezas reparadas ou substituídas.
* Explica-las operacións previas e posteriores, de illamento, seguridade, etc., necesarias para a desmontaxe e montaxe dos equipos que compoñen a instalación.
* Explica-las técnicas e os procedementos para efectua-las probas de presión deshidratación, baleiro, enchedura, trasfega ou substitución de fluídos nas instalacións térmicas e de fluídos.
* Explica-los procedementos para a realización de instruccións de uso e de mantemento regulamentarias de equipos e instalacións.
* Explica-las características máis relevantes, a tipoloxía e os procedementos de uso dos instrumentos de medida, en función da natureza das magnitudes que se deben medir e do tipo de instalación sobre o que se actúe.
* Realiza-las probas de seguridade e medida das magnitudes requiridas nos diferentes sistemas da instalación aplicando as IT dos regulamentos correspondentes.
* Elabora-los procesos e os informes de posta en marcha, empregando o documento e/ou soporte adecuado en cada caso, utilizando a simboloxía e normas de representación estándar.
* Elabora-las instruccións de uso e de mantemento, empregando o documento e/ou soporte axeitado en cada caso, utilizando a simboloxía e normas de representación estándar.
* Explica-la tipoloxía e características dos síntomas das avarías máis frecuentes dos distintos sistemas (de cada sistema independentemente e integrando todos ou varios) e dos equipos das instalacións térmicas e de fluídos.
* Explica-lo proceso xeral utilizado para o diagnóstico das avarías nos distintos sistemas (de cada sistema independentemente e integrando todos ou varios) e dos equipos das instalacións térmicas e de fluídos.
* Interpreta-la documentación técnica da instalación, identificando os distintos sistemas, bloques funcionais e elementos que os compoñen.
* Identifica-los síntomas da avaría, caracterizándoa polos efectos que produce e de acordo coas medidas realizadas. Elaborar un informe-memoria das actividades desenvolvidas e dos resultados obtidos.
* Selecciona-la documentación técnica en relación coas operacións de mantemento.
* Identificar na instalación os distintos sistemas e os seus elementos, relacionándoos coas especificacións da documentación técnica.
* Identificar sobre a instalación os elementos responsables das avarías.
* Realiza-las intervencións correctivas e/ou modifica-lo programa de control, restablecendo as condicións funcionais da instalación, aplicando os procedemento requiridos e en tempo axeitado.
* Establecer nos equipos os rangos ou marxes de seguridade de temperatura, presión, etc., a partir dos que a alarma debe actuar.
* Enumera-las operacións regulamentarias de mantemento preventivo que deben ser realizadas nas instalacións térmicas e de fluídos.
* Interpreta-la documentación técnica en relación coas operacións de mantemento preventivo.
* Identificar na instalación os distintos sistemas e os seus elementos, relacionándoos coas especificacións da documentación técnica.
* Aplica-las técnicas de observación e medición de variables dos sistemas para obter datos das máquinas e dos equipos (ruídos, vibracións, consumos, temperaturas, etc.), utilizando instrumentos de medición, útiles e ferramentas axeitadamente e inferindo o seu estado mediante a comparación dos resultados obtidos cos parámetros de referencia establecidos.
* Realiza-las operacións de limpeza, engraxe e lubricación, axustes dos elementos de unión e fixación, corrección de folguras, aliñacións, tensado de correas de transmisión, observación dos estados superficiais, etc., utilizando os útiles e ferramentas axeitadamente e manipulando os materiais e productos coa seguridade requirida.
* Elabora-lo informe de intervencións onde se reflicten as anomalías/deficiencias observadas e os datos necesarios para o historial.
Contidos (duración 185 horas)
Contidos procedementais
Instalacións frigoríficas:
* Análise da documentación técnica de mantemento preventivo dos equipos e instalacións frigoríficas.
* Realización das operacións de mantemento preventivo en instalacións e equipos xeradores de frío.
* Diagnóstico e localización de avarías en equipos e instalacións de xeración de frío.
* Conexión de equipos e/ou sistemas de localización de avarías.
* Interpretación de medidas e parámetros.
* Elaboración de informes.
* Montaxe e desmontaxe de equipos e instalacións de xeración de frío.
* Carga e descarga de gases nas instalacións.
* Carga e descarga de líquidos en instalacións nas instalacións frigoríficas.
* Substitución de elementos en instalacións nas instalacións frigoríficas.
* Reparación de fugas en instalacións nas instalacións frigoríficas.
* Reparación de instalacións nas instalacións frigoríficas.
* Posta en servicio de instalacións nas instalacións frigoríficas.
* Realización de probas funcionais nas instalacións frigoríficas.
* Realización de hipóteses de avarías dos sistemas sobre o plano.
Instalacións de producción de calor:
* Análise da documentación técnica de mantemento preventivo dos equipos de producción de calor.
* Realización das operacións de mantemento preventivo nas instalacións e equipos de producción de calor.
* Diagnóstico e localización de avarías en equipos e instalacións de producción de calor.
* Conexión de equipos e/ou sistemas de localización de avarías.
* Interpretación de medidas e parámetros.
* Elaboración de informes.
* Montaxe e desmontaxe de equipos e instalacións de producción de calor.
* Carga e descarga de gases nas instalacións (bombas de calor).
* Carga e descarga de líquidos en instalacións de producción de calor.
* Substitución de elementos en instalacións nas de producción de calor.
* Reparación de fugas en instalacións de producción de calor.
* Reparación de instalacións de producción de calor.
* Posta en servicio de instalacións de producción de calor.
* Realización de probas funcionais de producción de calor.
* Elaboración de informes de mantemento.
* Realización de hipóteses de avarías dos sistemas sobre o plano.
Instalacións de acondicionamento de aire:
* Análise da documentación técnica de mantemento preventivo dos equipos de acondicionamento de aire.
* Realización das operacións de mantemento preventivo nas instalacións e equipos de acondicionamento de aire.
* Diagnóstico e localización de avarías en equipos e instalacións de acondicionamento de aire.
* Conexión de equipos e/ou sistemas de localización de avarías.
* Interpretación de medidas e parámetros.
* Elaboración de informes.
* Montaxe e desmontaxe de equipos e instalacións de acondicionamento de aire.
* Carga e descarga de gases nas instalacións de acondicionamento de aire.
* Carga e descarga de líquidos nas instalacións de acondicionamento de aire.
* Substitución de elementos en instalacións de acondicionamento de aire.
* Reparación de fugas en instalacións de acondicionamento de aire.
* Reparación de instalacións de acondicionamento de aire.
* Posta en servicio de instalacións de acondicionamento de aire.
* Realización de probas funcionais de acondicionamento de aire.
* Elaboración de informes de mantemento.
* Realización de hipóteses de avarías dos sistemas sobre o plano.
Contidos conceptuais
Topoloxía das avarías en instalacións térmicas:
* Tipoloxía e características das avarías nas instalacións de xeración de frío.
* Técnicas de montaxe-desmontaxe de instalacións e equipos de xeración de frío.
* Técnicas de carga e descarga de gases en instalacións de frío.
* Tipoloxía e características das avarías nas instalacións térmicas.
* Tipoloxía e características das avarías nas instalacións de aire acondicionado.
* Procesos de diagnóstico e localización de avarías en instalacións térmicas e de fluídos.
* Fugas. Técnicas de localización e de reparación.
Mantemento preventivo nas instalacións térmicas:
* Operacións regulamentarias de mantemento preventivo nas instalacións térmicas e de fluídos.
* Instrumentos de medida e comprobación de instalacións térmicas e de fluídos. Parámetros de medida e comprobación. Técnicas de conexión.
* Os axustes mecánicos en instalacións. Tensados, nivelados, apertamentos, etc.
* Os axustes eléctrico-electrónicos.
* Os axustes hidráulicos.
* Técnicas de carga e descarga de líquidos en instalacións térmicas.
* A posta en servicio de instalacións. Técnicas de comprobación dos sistemas. Probas funcionais a máxima carga.
* Equipos de diagnose de instalacións: comprobadores de fugas, manómetros, osciloscopios, termómetros, polímetros etc.
* Os informes de mantemento.
* Técnicas de interpretación de lecturas. Parámetros característicos. Variables empregadas.
* Documentos de instalacións. Técnicas de localización de bloques funcionais. Diagnóstico en plano.
* Técnicas de montaxe-desmontaxe de instalacións e equipos de xeración de calor.
* Ferramentas empregadas para a montaxe-desmontaxe de elementos das instalacións térmicas e de fluídos. Técnicas de montaxe-desmontaxe de instalacións e equipos de aire acondicionado.
* Normativa vixente nas instalacións térmicas e de fluídos referentes a parámetros e seguridade na montaxe e desmontaxe das ditas instalacións.
* Illamentos. Técnicas de manexo e aplicación.
Contidos actitudinais
* Valoración da importancia de dispor da axeitada documentación da instalación.
* Rigor no seguimento e interpretación da normativa vixente sobre o mantemento de instalacións térmicas e de fluídos.
* Atención extremada no manexo de equipos e sistemas de localización de avarías.
* Valoración da importancia de emiti-lo correcto diagnóstico de equipo e/ou instalación.
* Rigor máximo na aplicación das normas de seguridade, na carga e descarga de gases e fluídos, nas instalacións.
* Atención ás normas de seguridade persoal e dos equipos.
3.2.4. Módulo profesional 4: proxectos de modificación de instalacións térmicas e de fluídos:
Asociado á unidade de competencia 3: desenvolver proxectos de modificación e mellora das instalacións de edificio e de proceso.
Capacidades terminais elementais
* Enumera-las principais normas de aplicación en instalacións de edificio e proceso.
* Describi-la documentación que intervén nun proxecto de implantación de instalacións de edificio, de proceso e auxiliares á producción, definindo a súas características e determinando os diferentes tipos de planos que compoñen a documentación gráfica.
* Describi-las funcións que deben desempeña-las instalacións de edificio e proceso que se proxectan.
* Establece-las condicións de funcionamento das instalacións de edificio e proceso que se proxectan.
* Identificar e selecciona-la normativa técnica, administrativa e de calidade, de obrigado cumprimento ou non, que afecte e/ou axude no desenvolvemento do proxecto.
* Determina-las condicións de evolución e a capacidade de ampliación das instalacións que integran o proxecto.
* Defini-las condicións de calidade, seguridade e fiabilidade requiridas nas instalacións do proxecto.
* Establece-las características de mantemento preventivo das instalacións que se proxectan.
* Determina-las partes do proxecto e o alcance dos contidos que se deben desenvolver.
* Determina-lo tempo de realización e os recursos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
* Identificar sistemas, grupos funcionais e os elementos da instalación que son afectados polo proxecto de modificación dunha instalación.
* Realiza-los diagramas e esquemas dos diferentes sistemas da instalación que se proxecta, satisfacendo os requirimentos funcionais.
* Determina-las características dos equipos, máquinas, elementos, redes, etc. de cada sistema da instalación que se proxecta, aplicando procedementos de cálculo.
* Seleccionar dos catálogos comerciais os diferentes equipos da instalación que se proxecta a partir das características establecidas, aplicando os criterios e procedementos regulamentarios.
* Identificar, na instalación que se proxecta, os esforzos ós que están sometidos os elementos suxeitos a solicitacións mecánicas, e establece-las súas dimensións en función dos resultados dos cálculos realizados, aplicando os criterios de estandarización e normalización.
* Determinar, na instalación que se proxecta, os criterios que se deben ter en conta no deseño, para facilita-los seus procesos de mantemento (preventivo e correctivo).
* Determinar, na instalación que se proxecta, o sistema de regulación e control, fixando os parámetros de funcionamento de acordo coas especificacións iniciais.
* Determinar, na instalación que se proxecta, os axustes, probas, ensaios e modificacións necesarios para logra-lo cumprimento das especificacións funcionais, de calidade e de fiabilidade prescritas.
* Elixi-lo sistema de representación gráfica máis axeitado na realización dos debuxos que conforman un proxecto para cada parte da máquina e tipo de plano.
* Selecciona-la normativa que se utilizará na representación dos planos que integran un proxecto.
* Analiza-la natureza do debuxo seleccionando a escala que se debe utilizar nos planos e esquemas dun proxecto.
* Determina-los alzados, plantas, seccións e detalles que cómpre dar para a mellor definición ou debuxo dos elementos integrantes dun proxecto.
* Ordena-las diferentes vistas ou información necesaria que aparecen nun mesmo plano.
* Representar, de acordo coa normativa ou coa boa práctica, os alzados, plantas, seccións e detalles que forman parte da información gráfica que contén os planos.
* Selecciona-los útiles, soportes e formatos máis axeitados para a realización do plano.
* Identificar e nomear cada un dos planos diferentes no proxecto.
* Acota-los planos de forma clara e concisa.
* Seleccionar e ordena-la documentación fonte (planos, esbozos, esquemas, cálculos, táboas, gráficos, etc.) que corresponde á instalación proxectada que se ten que documentar.
* Elixi-la ferramenta informática (hardware e software) que se adapte mellor ás características do tipo de documentación que se vai elaborar (texto, gráficos, esquemas, etc.).
* Elabora-las especificacións técnicas dos distintos tipos de montaxe que configuran a instalación proxectada.
* Elabora-lo plan de probas, ensaios e axustes que se deben realizar, xustificando as fases que se van seguir e os fins que se perseguen.
* Elabora-lo manual de instalación proxectada desenvolvendo o procedemento de posta en marcha e as condicións de uso e de explotación.
* Establecer procedementos específicos de mantemento preventivo da instalación proxectada.
Contidos (duración 165 horas)
Contidos procedementais
Proxectos en instalacións:
* Xustificación técnica da necesidade e dos motivos, xa sexan técnicos, económicos, de seguridade ou de calquera outra índole, que levan a pedi-lo proxecto de modificación, ampliación ou mellora.
* Elaboración de alternativas técnicas razoadas tendentes á satisfacción da necesidade presentada.
* Elaboración de solucións técnicas constructivas correspondentes á montaxe de instalacións técnicas e de fluídos.
* Identificación do deseño, construcción, montaxe, probas, posta en marcha e recepción das máquinas, aparellos ou instalacións correspondentes ó proxecto de modificación, ampliación ou mellora en marcha co prescrito nos códigos, normas e regulamentos.
* Realización dos diagramas de proceso e de fluxo de materiais correspondentes á execución da montaxe dunha instalación.
* Elaboración da lista de equipos, materiais e actividades para a execución do proxecto.
* Confección dos orzamentos necesarios para a realización do proxecto de modificación.
* Elaboración do anteproxecto da solución técnica seleccionada, de entre as alternativas orzadas.
* Xustificación económica do investimento necesario para levar a efecto o proxecto de modificación.
* Elaboración do prego de condicións técnicas para a realización ou execución, posta en marcha e entrega dun proxecto de modificación de instalación.
* Realización da documentación para a legalización da execución do proxecto de modificación das instalacións térmicas e de fluídos.
Contidos conceptuais
Proxectos en instalacións:
* Fontes de información e consulta.
* Valoración de alternativas.
* Compoñentes dun proxecto. Descrición e análise:
-Datos que interveñen.
-Normas esixidas.
-Especificacións requiridas.
-Memoria descritiva e xustificativa.
-Prego de condicións.
-Orzamentos.
-Planos. Características que os identifican.
Desenvolvemento de proxectos de modificación de instalacións térmicas e de fluídos en edificios:
* A configuración das partes afectadas dos diferentes sistemas das instalacións.
* O cálculo de dimensións e a selección das máquinas, equipos, redes e conductos dos diferentes sistemas.
* Os planos actualizados dos diagramas de principio de funcionamento.
* Os planos actualizados dos esquemas eléctricos, de automatización e de regulación.
* Os planos de implantación de máquinas, equipos e redes.
* Os planos de detalles constructivos.
* Os planos de montaxe dos equipos e circuítos dos sistemas eléctricos, hidráulicos e pneumáticos.
* Unidades de obra e medicións.
* Especificacións técnicas de montaxe.
* Instruccións de uso e mantemento das instalacións.
Desenvolvemento de proxectos de modificación de instalacións térmicas e de fluídos de proceso ou auxiliares á producción:
* Configuración das partes afectadas dos diferentes sistemas das instalacións.
* O cálculo de dimensións e a selección das máquinas, equipos, redes e conductos dos diferentes sistemas.
* Os planos actualizados dos diagramas de principio de funcionamento.
* Os planos actualizados dos esquemas eléctricos, de automatización e de regulación.
* Os planos de implantación de máquinas, equipos e redes.
* Os planos de obra civil.
* Os planos de detalles constructivos.
* Os planos de montaxe dos equipos e circuítos dos sistemas eléctricos, hidráulicos e pneumáticos.
* Unidades de obra e medicións.
* Especificacións técnicas de montaxe.
* Instruccións de uso e mantemento das instalacións.
Contidos actitudinais
* Valoración da importancia de dispor dunha correcta información-documentación.
* Rigor no cálculo de parámetros e elementos.
* Atención á normativa que regula as instalacións.
* Rigor na elección e cálculo de equipos e materiais.
* Atención á importancia da viabilidade do proxecto.
* Hábito de orde e de método nos procedementos.
* Responsabilidade na participación no traballo en equipo.
* Valoración da calidade e responsabilidade.
3.3. Módulos profesionais transversais:
3.3.1. Módulo profesional 5: sistemas automáticos nas instalacións:
Capacidades terminais elementais
* Explica-las características diferenciais existentes entre os sistemas de control automáticos cableados e os programados.
* Clasifica-los equipos, elementos e dispositivos de tecnoloxía electrotécnica (autómatas, secuenciadores, contactores, etc.) empregados nos sistemas automáticos, atendendo á súa función, tipoloxía e características.
* Interpreta-la documentación (diagramas funcionais, de secuencia, de tempo, etc.) e os esquemas correspondentes), explicando as prestacións, o funcionamento xeral e as características do sistema.
* Enumera-las distintas seccións que compoñen a estructura do sistema automático (entradas e saídas, mando, forza, proteccións, medidas, etc.), indicando a función, relación e características de cada unha delas.
* Identifica-los dispositivos e compoñentes que configuran o sistema automático, explicando as características e funcionamento de cada un deles,
relacionando os símbolos que aparecen na documentación cos elementos reais do sistema.
* Describi-la secuencia de funcionamento do sistema, diferenciando os distintos modos de funcionamento e as súas características específicas.
* Calcula-las magnitudes e parámetros básicos do sistema, contrastándoos cos valores reais medidos nese sistema, explicando e xustificando as variacións ou desviacións que se atopen.
* Distingui-las distintas situacións de emerxencia que se poden presentar no proceso automático e explica-la resposta que o equipo de control ofrece ante cada unha delas.
* Realiza-las probas e medidas necesarias nos puntos notables do sistema, utilizando os instrumentos axeitados e aplicando os procedementos normalizados.
* Identifica-la variación que se produce nos parámetros característicos do sistema, supondo e/ou realizando modificacións nos seus compoñentes e/ou condicións, explicando a relación entre os efectos detectados e as causas que os producen.
* Elaborar un informe-memoria das actividades desenvolvidas e resultados obtidos, estructurándoo nos puntos necesarios para unha axeitada documentación delas (descrición do funcional, medidas, cálculos, proceso seguido, medios utilizados, esquemas e planos, explicación, etc.).
* Describi-la estructura e compoñentes que configuran as instalacións de subministración de enerxía pneumática, describindo a función e características dos distintos elementos que as compoñen.
* Explica-las características diferenciais existentes entre os sistemas de control automáticos baseados en tecnoloxía exclusivamente pneumática e os que utilizan tecnoloxía híbrida electro-pneumática.
* Clasifica-los equipos, elementos e dispositivos de tecnoloxía pneumática e electro-pneumática empregados nos sistemas automáticos, atendendo á súa función, tipoloxía e características.
* Describi-la estructura e compoñentes que configuran as instalacións de subministración de enerxía hidráulica, describindo a función e características dos distintos elementos que as compoñen.
* Explica-las características diferenciais existentes entre os sistemas de control automáticos baseados en tecnoloxía exclusivamente hidráulica e os que utilizan tecnoloxía híbrida electro-hidráulica.
* Clasifica-los equipos, elementos e dispositivos de tecnoloxía hidráulica e electro-hidráulica empregados nos sistemas automáticos atendendo á súa función, tipoloxía e características.
* Realizar unha clasificación dos tipos de regulación utilizados nas instalacións de edificio e de proceso, especialmente no campo dos procesos continuos.
* Relaciona-las características e variables dun proceso continuo cos seus lazos de regulación.
* Describi-la relación que existe entre os parámetros dun regulador PID coa resposta das variables dun proceso.
* Explica-lo que é o proceso de sintonía de parámetros dun regulador.
* Explica-las características diferenciais existentes entre os sistemas de regulación automáticos cableados e os programados.
* Clasifica-los equipos, elementos e dispositivos de tecnoloxía electrotécnica (autómatas, reguladores de temperatura, reguladores de nivel, etc.) empregados nos sistemas automáticos de regulación de procesos, atendendo á súa función, tipoloxía e características.
* Clasifica-los equipos, elementos e dispositivos de tecnoloxía fluídica (sensores de presión, válvulas proporcionais, amplificador proporcional, elementos de medida, etc.) empregados nos sistemas automáticos de regulación de procesos, atendendo á súa función, tipoloxía e características.
* Describi-las distintas seccións que compoñen a estructura do sistema automático (entradas, saídas, mando, forza, proteccións, medidas, etc.), relacionándoas entre si.
* Propor configuracións alternativas que cumpran as especificacións funcionais e técnicas, integrando os sistemas pneumáticos, hidráulicos e eléctricos na configuración, elixindo os sistemas máis axeitados para a aplicación de que se trate, co fin de consegui-la optimización do ciclo de funcionamento.
* Realiza-lo esquema, coa simboloxía axeitada, dun sistema de regulación e control que empregue tecnoloxía pneumática, hidráulica, electro-pneumática ou electrohidráulica.
* Comprobar e seleccionar marca e modelo alternativo dos elementos que constitúen o sistema (detectores, actuadores, control, redes de comunicación, redes de alimentación, etc.) a partir de catálogos técnicos comerciais e cálculos necesarios.
* Realiza-la montaxe dunha instalación automatizada de edificio ou proceso que integre dous sistemas: hidráulico-eléctrico ou pneumático-eléctrico.
* Realizar, sobre paneis ou maquetas axeitadas, unha instalación de edificio e proceso, usando programas de control dun sistema automatizado.
* Identificar, nun sistema automatizado dunha instalación de edificio e proceso, as variables de control para regular, realizando os axustes necesarios para un correcto funcionamento.
* Realiza-las operacións de control e de manexo do programa dun autómata programable, realizando a transferencia dos programas e fixando os parámetros de referencia e os valores de consigna.
* Axusta-los elementos reguladores, empregando un sistema de control dunha instalación automatizada, ós valores axeitados na descrición do funcionamento.
* Describi-los procedementos utilizados na montaxe, conexión e mantemento dos distintos sistemas de automatización empregados nas instalacións do edificio e proceso.
* Identifica-las avarías que se producen nun sistema automático dunha instalación de edificio e proceso, e separa-lo elemento causante da avaría.
* Enumera-las ferramentas básicas utilizadas na montaxe dos sistemas, clasificándoas pola súa tipoloxía e función, describindo as súas características principais de utilización e conservación.
* Documenta-lo proceso que se debería seguir na montaxe da instalación, utilizando os medios necesarios e no formato axeitado (planos, esquemas, probas e axustes, lista de materiais etc.).
* Realiza-lo procedemento de montaxe, utilizando os medios necesarios e no formato axeitado (planos, esquemas, probas e axustes, listas de materiais) e monta-los elementos e redes dos sistemas coas ferramentas e medios axeitados.
* Realiza-las probas e medidas necesarias utilizando os sistemas de medida axeitados e aplicando os procedementos establecidos.
* Efectua-la posta a punto, axuste e regulación do sistema, relacionando as actuacións cos efectos que producen.
* Elaborar un informe das actividades desenvolvidas e dos resultados obtidos.
Contidos (duración 185 horas)
Contidos procedementais
Introducción á automatización:
* Realización e análise de sistemas automáticos cableados identificando os distintos elementos que os compoñen.
* Análise do funcionamento dos elementos de manobra, de mando e de protección que se empregan nos sistemas automáticos.
* Selección dos elementos a partir de catálogos comerciais.
* Análise dos sistemas automáticos programados.
* Interpretación dun sistema automático partindo dunha especificación dada polos métodos de descrición máis habituais (caderno de cargas, diagrama percorrido-fase, diagrama espacio-fase-tempo, diagrama de fluxo ou diagrama GRAFCET).
* Confección de esquemas de sistemas automáticos.
* Realización de rutinas para o autodiagnóstico de avarías e mantemento.
Sistemas electro-pneumáticos:
* Realización de esquemas con tecnoloxía pneumática e electro-pneumática.
* Comparación dos automatismos electro-pneumáticos fronte ós pneumáticos.
* Identificación dos elementos dun sistema automático de tipo pneumático ou electro-pneumático e da función que realizan.
* Montaxe de instalacións pneumáticas que cumpran unhas condicións inicias de funcionamento.
* Aplicación de programas informáticos para a realización e comprobación de funcionamento de esquemas pneumáticos e electro-pneumáticos.
* Realización das probas e medidas axeitadas para a posta a punto, o axuste e o control dun automatismo pneumático ou electro-pneumático.
* Realización dos cálculos das magnitudes e dos parámetros básicos que sexan necesarios nun automatismo pneumático ou electro-pneumático.
* Realización de rutinas para o autodiagnóstico de avarías e mantemento.
Sistemas hidráulicos:
* Realización de esquemas con tecnoloxía hidráulica e electro-hidráulica.
* Identificación dos elementos dun sistema automático de tipo hidráulico e da función que realizan.
* Montaxe de instalacións hidráulicas que cumpran unhas condicións inicias de funcionamento.
* Aplicación de programas informáticos para a realización e comprobación de funcionamento de esquemas hidráulicos.
* Realización das probas e medidas axeitadas para a posta a punto, o axuste e o control dun automatismo hidráulico.
* Realización dos cálculos das magnitudes e dos parámetros básicos que sexan necesarios nun automatismo hidráulico.
* Realización de rutinas para o autodiagnóstico de avarías e mantemento.
Sistemas de regulación e control:
* Realización dunha clasificación dos tipos de control empregados nas instalacións de edificio e do proceso.
* Realización de instalacións sinxelas sobre un lazo de regulación e sobre maquetas axeitadas (regulador de temperatura, de nivel, control de posición, etc.).
* Realización de rutinas para o autodiagnóstico de avarías e mantemento.
Autómatas programables:
* Identificación das partes, elementos e características dun autómata programable.
* Programación de autómatas programables empregando diversas ferramentas (consola, ordenador...).
* Montaxe de sistemas automáticos con autómatas programables que gobernen dispositivos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos.
* Realización das probas e medidas axeitadas para a posta a punto, o axuste e o control dun proceso con autómata programable.
* Realización dos cálculos das magnitudes e dos parámetros básicos que sexan necesarios nun automatismo con autómata programable.
* Realización de rutinas para o autodiagnóstico de avarías e mantemento.
Procedementos nos sistemas de control automático:
* Medidas nos sistemas automáticos. Instrumentos e procedementos.
* Análise funcional de sistemas automáticos cableados.
* Análise funcional de sistemas automáticos programados.
* Deseño de sistemas de control automático:
-Elaboración de especificacións e cadernos de carga.
-Cálculos.
-Selección de tecnoloxías, equipos e dispositivos.
* Utilización de técnicas de programación para autómatas programables.
* Resolución de automatismos mediante a utilización de autómatas programables e automatismos discretos de distintas tecnoloxías.
* Análise de disfuncións e diagnóstico de avarías en sistemas automáticos.
* Mantemento de equipos e instalacións.
Contidos conceptuais
Automatización. Sistemas cableados e sistemas programados:
* Procesos e sistemas de mando automático. Topoloxía e características.
* Cadea de mando e regulación. Estructura e características.
* Tipos de enerxía para o mando.
* Sistemas de control cableados. Tecnoloxías e medios utilizados.
* Sistemas de control programados. Tecnoloxías e medios utilizados. Elementos e dispositivos.
* Método para la descrición do funcionamento dun sistema automático:
-Especificacións dun sistema automático.
-Caderno de cargas.
-Diagramas de funcionamento.
-Diagramas de fluxo.
-Diagrama funcional: GRAFCET.
-Simboloxía e representación gráfica: esquemas.
Sistemas pneumáticos:
* Fundamentos da pneumática.
* Xeración e alimentación de aire comprimido.
* Instalacións pneumáticas. Conducción e distribución do aire. Equipos, elementos e dispositivos. Topoloxía e funcións características.
* Elementos emisores de sinais, de manobra, de procesado e tratamento de sinais e de actuación pneumáticos.
* Electro-pneumática. Elementos e dispositivos. Funcións características.
* Simboloxía e representación gráfica. Esquemas.
* Configuración de sistemas.
Sistemas hidráulicos:
* Fundamentos de hidráulica.
* Bombas, motores e cilindros hidráulicos. Fundamentos, aplicación, tipos e mantemento.
* Instalacións hidráulicas. Conducción e distribución de líquidos. Equipos, elementos e dispositivos. Tipoloxía e funcións características.
* Acumuladores hidráulicos.
* Elementos emisores de sinais, de manobra, de procesado e tratamento de sinais e de actuación hidráulicos.
* Simboloxía e representación gráfica. Esquemas.
* Configuración de sistemas.
Sistemas de regulación e control:
* Tipos de control.
* Elementos de los sistemas controlados. Reguladores. Tipoloxía e características funcionais.
* Función de transferencia. Estabilidade.
* Modos de control (P, PI, PID).
Autómatas programables:
* O autómata programable como elemento de control nos sistemas automáticos.
* Constitución. Funcións e características.
* Estructura funcional dun autómata.
* Entradas e saídas: dixitais, analóxicas e especiais.
* Programación de autómatas: linguaxe lateral, de contactos, GRAFCET e outras.
* Comunicación do autómata co seu contorno: procedementos.
* O autómata no control electro-fluídico.
* Simboloxía e representación gráfica: esquemas.
Contidos actitudinais
* Cumprimento dos parámetros de fiabilidade e calidade.
* Valoración da importancia da verificación das características dos elementos e dos parámetros que interveñen no sistema.
* Interese en dispor ben definido o caderno de cargas.
* Rigor na interpretación da documentación técnica.
* Valoración da importancia da precisión ó efectua-los cálculos.
* Valoración da importancia de operar axeitadamente cos instrumentos.
* Atención á seguridade persoal e dos equipos ó realizar probas e medidas.
* Rigor na elaboración de memorias sobre actividades e resultados obtidos.
* Valoración de que o programa sexa funcional, fiable e seguro.
* Valoración da importancia de dispor de copias de seguridade dos programas.
* Interese pola utilización da ferramenta informática máis axeitada.
* Valoración da importancia de dispor dunha correcta documentación.
* Atención á importancia da seguridade tanto persoal como dos equipos e ferramentas.
* Rigor na realización das probas funcionais e ensaios antes de somete-lo sistema a tensión.
* Rigor na confección da documentación do sistema.
3.3.2. Módulo profesional 6: equipos para instalacións térmicas e de fluídos:
Capacidades terminais elementais
* Identifica-los elementos que compoñen os sistemas das instalacións a partir dos planos de conxunto e de detalle dos sistemas.
* Selecciona-lo diámetro de tubo nos diferentes tramos dun circuíto coñecendo a potencia calorífica dos emisores, mediante táboas, ábacos ou programa informático; calcula-la potencia da bomba e seleccionala mediante catálogo.
* Calcula-la sección dos diferentes tramos de impulsión e retorno dunha rede de conductos de aire a partir de planos ou esquemas de trazado, coñecendo ou calculando o caudal polos tramos e a velocidade de saída do ventilador, utilizando táboas, ábacos ou programa informático.
* Calcula-la potencia do ou dos ventiladores e seleccionalos mediante catálogo para unha rede de conductos de aire, coñecendo os caudais e a caída de presión na rede, utilizando táboas, ábacos ou programa informático.
* Desenvolve-las solucións constructivas adoptadas para as ensamblaxes e unións fixas e desmontables de tubos e conductos, a partir dos planos dun proxecto e das instruccións xerais.
* Describi-los diferentes procedementos para illar e amortece-los ruídos e vibracións de elementos nas instalacións.
* Selecciona-lo tipo e modelo máis adecuados de válvula de regulación e o seu sistema de motorización para un equipo (caldeira, intercambiador, batería, etc.), definidos os parámetros de caracterización.
* Analiza-lo comportamento hidráulico dun circuíto de regulación de caldeiras, intercambiadores, batería, etc., a partir dos parámetros de regulación.
* Explica-los sistemas de arrinque e freada, as súas características e os parámetros fundamentais propios das máquinas de c.c. e c.a.
* Analiza-los efectos producidos polas máquinas eléctricas nas instalacións eléctricas industriais relativos á variación do factor de potencia, e describi-los procedementos utilizados na súa corrección.
* Calcula-las magnitudes e parámetros básicos dunha instalación de máquinas eléctricas a partir das características dos motores existentes (en varios estados de carga: plena carga, 3/4 e media carga), contrastándoos cos valores reais medidos sobre ela, explicando e xustificando as variacións ou desviacións que se atopen.
* Xustifica-los elementos de protección, accionamento, etc. en función dos datos obtidos, carga, sistema de arrinque, etc., nunha instalación de máquinas eléctricas.
* Distingui-las diferentes situacións de emerxencia que poden presentarse nunha instalación de máquinas eléctricas e explica-la resposta que esa instalación ofrece ante cada unha delas.
* Realiza-las probas e medidas necesarias nos puntos notables nunha instalación de máquinas eléctricas, utilizando os instrumentos adecuados e aplicando os procedementos normalizados.
* Calcular, con programa informático, a potencia frigorífica da instalación, desagregando as distintas cargas térmicas, a partir de planos dunha cámara de conservación e das condicións de almacenamento, condicións de entrada en cámara, movemento diario de mercadoría na cámara, etc.
* Explica-lo funcionamento e as características dos diversos tipos de compresores, condensadores, evaporadores, válvulas e dispositivos de expansión, elementos anexos ós circuítos e automatismos utilizados nas instalacións frigoríficas.
* Seleccionar no catálogo os equipos e elementos dunha instalación frigorífica, coñecendo as especificacións técnicas do proxecto e os parámetros de funcionamento da instalación.
* Realiza-los axustes nos parámetros de funcionamento, a regulación e a posta en marcha de instalacións de refrixeración.
* Selecciona-lo diámetro de tubos a partir dun esquema ou plano de tubos dun circuíto frigorífico e para un refrixerante e unha caída de presión establecida nas liñas de aspiración, descarga e líquido, coñecendo as temperaturas de vaporización e condensación, mediante táboas, ábacos ou programa informático.
* Calcular, con programa informático, as potencias frigorífica e calorífica necesarias para climatizar un local ou locais dun edificio dentro da normativa.
* Explica-la función, os tipos e as partes constituíntes dos elementos que conforman a instalación de producción de calor.
* Realiza-las operacións de axuste de parámetros de regulación e a posta en marcha de instalacións de producción de calor.
* Describi-las partes e o funcionamento dos equipos de acondicionamento de aire.
* Calcula-las potencias frigorífica e calorífica das baterías dun acondicionador de aire e os parámetros principais de funcionamento a partir dos datos obtidos no ciclo do aire do diagrama psicrométrico.
* Seleccionar mediante catálogo de fabricante o equipo de aire acondicionado que cumpra os requisitos calculados e establecidos no proxecto.
* Realiza-las operacións de axuste de parámetros de funcionamento e regulación, así como a posta en marcha de instalacións de acondicionamento de aire.
* Relaciona-las formas constructivas dos diferentes elementos de sustentación de máquinas e redes cos tipos de esforzos que deben soportar.
* Identificar hipóteses de cálculo para aplicalas correctamente na solución constructiva dos elementos de sustentación de máquinas e redes cos tipos de esforzos que deben soportar.
* Calcula-los perfís dos elementos que compoñen os elementos estructurais, aplicando normas, ábacos, táboas e programas informáticos, explicando o seu significado.
Contidos (duración 240 horas)
Contidos procedementais
Tubos e conductos:
* Identificación da simboloxía normalizada nas representacións gráficas.
* Comprobación do cumprimento das regulamentacións vixentes no sector.
* Obtención de datos das variables de funcionamento e características constructivas das instalacións.
* Selección do diámetro dos tubos de refrixerante nas diferentes liñas dunha instalación frigorífica:
-Verificación das velocidades adecuadas para o retorno de aceite ó compresor.
* Cálculo ou obtención do caudal de aire e velocidade de saída do aire do ventilador en instalacións de ventilación:
-Selección, mediante cálculo, das seccións dos conductos nos diferentes tramos da rede.
-Cálculo da potencia do ventilador.
-Selección do ventilador axeitado en catálogos comerciais.
* Interpretación das características funcionais e técnicas dos diferentes tipos de bombas para fluídos:
-Interpretación das curvas características das bombas en función do réxime de funcionamento.
-Interpretación de planos e esquemas de bombas hidráulicas.
-Verificación do estado das bombas hidráulicas mediante a súa desmontaxe-montaxe.
* Interpretación das características funcionais e técnicas dos diferentes tipos de ventiladores:
-Interpretación das curvas características dos ventiladores en función do réxime de funcionamento.
-Interpretación de planos e esquemas de ventiladores.
-Verificación do estado dos ventiladores mediante a súa desmontaxe-montaxe.
* Análise de válvulas manuais e automáticas para instalacións de fluídos:
-Interpretación das características funcionais e técnicas dos diferentes tipos de válvulas manuais para instalacións de fluídos.
-Verificación do estado das válvulas automáticas e manuais mediante a súa desmontaxe-montaxe.
-Selección de válvulas adecuadas para os requirimentos funcionais de diferentes circuítos hidráulicos.
-Realización de esquemas funcionais de regulación de circuítos hidráulicos con válvulas automáticas seleccionadas.
* Análise de sistemas eléctricos para instalacións de fluídos:
-Interpretación das características técnicas dos motores de corrente continua e de corrente alterna monofásicos e trifásicos.
-Identificación dos parámetros eléctricos e mecánicos dos motores de corrente continua e de corrente alterna monofásicos e trifásicos.
-Cálculo dos parámetros e magnitudes básicas de instalacións eléctricas e de motores.
-Medida de parámetros en instalacións eléctricas.
-Selección dos elementos de protección, manobra e control do cadro da instalación segundo o tipo e características do motor.
-Verificación do estado dos motores eléctricos mediante a súa desmontaxe-montaxe.
-Execución das probas e ensaios segundo procedementos normalizados.
Instalacións frigoríficas:
* Cálculo de cargas térmicas en cámaras frigoríficas.
* Análise dos condensadores frigoríficos:
-Selección de condensadores de catálogo de fabricante.
* Análise de máquinas e equipos frigoríficos:
-Selección de compresores por catálogo de fabricante.
* Análise dos evaporadores frigoríficos.
* Análise dos sistemas de expansión.
* Análise de instalacións frigoríficas:
-Establecemento das relacións entre as variables dos parámetros de funcionamento.
Instalacións de producción de calor:
* Cálculo de cargas térmicas en edificios e locais.
* Análise de instalacións de producción de calor.
* Análise das caldeiras para instalacións térmicas.
* Análise dos queimadores para instalacións térmicas.
* Análise de válvulas manuais e automáticas para instalacións térmicas.
Instalacións de acondicionamento de aire:
* Cálculo de cargas térmicas en edificios e locais.
* Análise de instalacións de climatización e ventilación.
Contidos conceptuais
Termotecnia:
* Termometría. Dilatación.
* Calor. Calorímetros. Combustión.
* Transmisión de calor. Conducción. Convección. Radiación. Aplicacións.
* Resistencia térmica. Aplicacións.
* Materiais illantes. Tipos e características.
* Cargas térmicas.
* Estudio termodinámico dos ciclos frigoríficos. Ciclos termodinámicos. Diagramas.
* Fluídos frigoríficos. Tipos e características. Aplicacións e tendencias.
* Higrometría. Diagramas. A análise dos ciclos de tratamento do aire húmido.
Mecánica de fluídos:
* Propiedades dos fluídos.
* Circulación de fluídos por conductos e tubos.
* Perdas de carga.
* Medidas de presión, velocidade e caudal nos fluídos.
* Redes de tubos de auga fría e quente.
* Redes de tubos de refrixerante.
* Redes de tubos de instalacións receptoras de gas.
* Redes de conductos. Velocidades e perda de carga.
Máquinas hidráulicas e equipos para instalacións:
* Bombas. Tipos e características. Selección.
* Ventiladores. Tipos e características. Selección.
* Válvulas manuais e automáticas. Tipoloxía e características. Aplicacións. Selección.
* Equipos auxiliares para instalacións. Tipoloxía e características. Aplicacións. Selección.
* Montaxe e mantemento das máquinas e equipos hidráulicos.
Acústica:
* Ruídos e vibracións.
* Amortecemento.
* Medidas e controis acústicos.
Equipos para instalacións de calefacción e ACS e vapor:
* Caldeiras. Tipos e características. Sistemas de seguridade e protección.
* Queimadores. Función, elementos, tipos e características. Control e regulación. Elección.
* Rendemento das caldeiras.
* Chemineas e contaminación.
* Fornos e secadores. Tipos e características. Aplicación.
* Humidificadores. Tipos e características. Aplicación.
* Intercambiadores de calor, condensadores, evaporadores e acumuladores. Características. Tipos. Campos de aplicación.
* Depósitos de combustibles.
* Dispositivos de regulación e seguridade de GLPs.
* Transporte e distribución da calor. Redes. Elementos. Liña de condensados.
* Emisores de calor. Tipos e características.
* Válvulas. Tipoloxía e características.
* Colectores térmicos de enerxía solar. Tipos e características. Aplicacións.
Equipos para instalacións frigoríficas:
* Compresores. Tipos, características e aplicacións.
* Condensadores. Tipos e características. Cálculo e selección.
* Evaporadores. Tipos e características. Cálculo e selección.
* Anexos ó circuíto: separadores de aceite, silenciadores, purgadores, deshidratadores, tubiños antivibratorios, sistemas de retorno de aceite ós compresores, etc.
* Aparellos de regulación e seguridade. Tipoloxía e características.
* Lubrificantes. Características. O aceite e os fluídos refrixerantes.
* Fluídos refrixerantes.
Equipos para acondicionamento de aire:
* Climatizadores. Características. Elementos de control, regulación e seguridade. Mantemento e avarías.
* Ventilo-convectores. Características. Tipos. Sistemas de instalación (tres tubos e catro tubos). Mantemento e avarías.
* Grupos autónomos de acondicionamento de aire. Características. Tipos. Sistemas de seguridade, regulación e control.
* Sistemas separados e centrais de tratamento de aire unizona e multizona. Tipos e características. Sistemas de regulación.
* Distribución do aire nos locais. Reixas e difusores. Tipos e características. Selección.
* Bombas de calor. Aire-aire. Auga-aire. Auga-auga.
* Sistemas e máquinas de absorción.
* Aforro enerxético.
* Máquinas eléctricas. Manobra e posta en servicio.
* Características eléctricas e mecánicas e conexión das máquinas eléctricas de c.c. e de c.a. monofásicas e trifásicas utilizadas nas instalacións de fluídos.
* Alimentación, proteccións, posta en servicio, sistemas de arrinque dos motores. Inversión do sentido de xiro.
* Equipos e cadros de control de máquinas eléctricas de c.c. e de c.a. Elementos de protección, mando, medida, manobra e control.
* Regulación electrónica da velocidade dos motores de c.c. e c.a.
* Documentación técnica. Simboloxía e interpretación de planos e esquemas.
Elementos estructurais:
* Soportes.
* Bancadas.
* Ancoraxes.
Instalacións tipo:
* Instalacións electromecánicas de edificio, de proceso e auxiliares á producción:
-Sistemas integrantes. Análise funcional.
-Partes e elementos constituíntes dos sistemas.
-Configuración da instalación.
-Axuste, regulación e posta en marcha.
-Explotación e mantemento dos equipos e instalacións.
* Regulamentación e normativa.
Contidos actitudinais
* Hábito de comprobación dos resultados.
* Hábito de corrección dos erros detectados en procesos de cálculo de instalacións térmicas.
* Orde e método de traballo.
* Interese pola distribución do traballo e do tempo dispoñible para a realización dos traballos asignados.
* Rigor na realización de análises de equipos.
* Valoración da importancia da apertura ó contorno profesional e a súa evolución.
* Interese polos avances tecnolóxicos no eido das instalacións térmicas.
* Interese polo contorno social e económico e laboral no sector da enxeñería, a montaxe e o mantemento de instalacións.
* Secuencia e ordenación das accións segundo criterios argumentados.
* Pulcritude na realización de medidas e tarefas de montaxe e desmontaxe para analizar equipos e máquinas.
* Interese polos efectos dos materiais empregados nas instalacións térmicas, e dos residuos que xeran no ambiente.
* Interese pola adaptación a novas situacións.
* Hábito de transferencia do que sabe a situacións non previstas.
* Respecto pola saúde, o ambiente e a seguridade laboral.
* Observación rigorosa dos medios de seguridade.
* Consideración da saúde propia e dos demais como un valor primordial.
* Preferencia na utilización, dentro do seu ámbito de competencia, de elementos que non prexudiquen o ambiente.
* Valoración da importancia da calidade no traballo.
* Interese pola limpeza, rapidez, orde, pulcritude e precisión na realización das operacións manuais.
3.3.3. Módulo profesional 7: representación gráfica en instalacións:
Capacidades terminais elementais
* Identifica-la simboloxía normalizada de máquinas e equipos, redes de tubos, conductos e elementos, circuítos eléctricos, hidráulicos e pneumáticos, sistemas de automatización e control, que constitúe unha instalación térmica e de fluídos.
* Enumera-los diferentes elementos que forman cada sistema, a súa función e relación entre eles, a partir de planos de conxunto e de detalles da instalación.
* Describi-lo funcionamento dos diferentes sistemas que constitúen as instalacións térmicas e de fluídos: parámetros de traballo e características técnicas, a partir de planos de conxunto e da documentación técnica da instalación.
* Relaciona-lo funcionamento de cada sistema co da instalación en xeral a partir de planos de conxunto e de detalles da instalación.
* Selecciona-los útiles, soportes e formatos máis axeitados para a realización dos planos das instalacións.
* Emprega-lo sistema de representación gráfica e a escala máis axeitada para a confección de planos e esquemas.
* Determina-los alzados, plantas, seccións e detalles que son necesarios para a mellor definición do debuxo.
* Elixi-las cotas do debuxo en función da súa funcionalidade e do proceso de montaxe.
* Representar, de acordo coa normativa e no soporte máis axeitado, as diferentes vistas, seccións e detalles que forman parte da información gráfica que conteñen os planos.
* Establecer e ordena-las agrupacións dos diferentes tipos de circuítos e dos sistemas de referencia, para expresa-las relacións establecidas entre eles, mediante diagramas e esquemas.
* Representar, con diagramas e esquemas, de acordo coa normativa e no soporte máis axeitado de aplicación, os circuítos e esquemas coa simboloxía e codificación adecuadas.
Contidos (duración 185 horas)
Contidos procedementais
Introducción ó debuxo industrial:
* Realización de debuxos delineados, á escala adecuada, para a definición da forma de pezas, representadas segundo os convencionalismos normalizados.
* Realización de esbozos de pezas co rigor requirido, aplicando os convencionalismos de representación establecidos.
* Realización de planos de definición de pezas e elementos de máquinas e dos equipos utilizados nas instalacións.
Debuxo técnico mecánico:
* Realización de bosquexos acotados de pezas, elementos e equipos electromecánicos utilizados nas instalacións.
* Realización de planos de conxunto de máquinas e equipos para instalacións.
* Realización de planos xerais do equipo electromecánico utilizados nas instalacións.
* Realización de planos de conxunto e de detalle para a definición de elementos e equipos de caldeirería utilizados nas instalacións.
Debuxo técnico de obra civil:
* Interpretación e realización de planos xerais e de detalle para a definición de elementos estructurais para os equipos e redes das instalacións.
* Realización de bosquexos acotados de elementos, equipos e estructuras de construcción soldada utilizados nas instalacións.
* Obtención de información e datos de caracterización dos edificios, dos terreos e das urbanizacións interpretando os seus planos.
* Realización de planos auxiliares da obra civil e de albanelería necesarios para a localización de equipos, elementos e redes das instalacións dos edificios.
* Interpretación de planos de conxunto e de detalle de estructuras metálicas e de formigón armado.
* Realización de planos de detalle de elementos estructurais das edificacións.
* Interpretación e realización de planos de detalle de elementos constructivos das edificacións.
* Interpretación de planos topográficos e de urbanismo.
* Interpretación da documentación técnica de proxectos de obra civil e de urbanización (planos, memoria, especificacións técnicas e medicións).
Planos de conxuntos e esquemas de instalacións:
* Realización de planos de diagramas de principio de instalacións térmicas e de fluídos, interpretando a súa información técnica.
* Realización de planos de esquemas e de automatismos eléctricos, a partir da documentación de caracterización correspondente.
* Realización de planos de esquemas de circuítos de automatización hidráulica e pneumática, a partir da documentación de caracterización correspondente.
* Realización de planos xerais e de detalle para a implantación de instalacións térmicas e de fluídos, a partir da información de deseño.
* Realización dos planos xerais e de detalle para a implantación das instalacións eléctricas e de automatismos, de regulación, control e automatización das instalacións térmicas e de fluídos, a partir da información de deseño.
* Preparación de listas de materiais para os diferentes sistemas das instalacións térmicas e de fluídos, a partir dos seus planos de proxecto.
Deseño asistido por ordenador:
* Preparación do traballo con ferramentas CAD: formulación básica do proxecto.
* Organización xeral do sistema de planos.
* Selección de librerías informáticas con simboloxías pneumática, hidráulica, mecánica, eléctrica.
* Selección de ficheiros informáticos con conxuntos e instalacións deseñadas.
* Dixitalización de planos preexistentes.
* Preparación dos ficheiros coa información gráfica existente que se utilizará.
* Realización de esquemas eléctricos, pneumáticos, hidráulicos e mecánicos con soporte CAD:
-Configuración de parámetros do programa utilizado.
-Captura de compoñentes nas librerías do programa.
-Creación e incorporación de novas compoñentes ás librerías.
-Edición de atributos das compoñentes do esquema que se vai realizar.
-Interconexión de compoñentes.
-Obtención da listaxe de conexións.
-Creación dos ficheiros de listas de compoñentes e de conexións.
-Obtención de copias impresas do esquema con impresora ou plotter.
* Realización de planos mecánicos e de edificios con soporte CAD:
-Configuración de parámetros do programa utilizado.
-Creación e edición de elementos de planos.
-Incorporación de elementos das librerías.
-Creación dos ficheiros dos planos.
-Obtención de copias impresas do plano con impresora gráfica (plotter).
Contidos conceptuais
Introducción ó debuxo industrial:
* Soportes físicos, instrumentos e productos para o debuxo técnico industrial.
* Normativa de representación UNE, DIN, ISO e específicas sobre formatos, vistas, cortes, seccións,
acotacións, escalas, calidade superficial, tolerancias, rotulación, liñas e indicacións escritas.
* Sistemas de representación: esbozamento, sistema diédrico, perspectivas.
* Sistematización dos procesos de definición e de acotación da forma.
Debuxo técnico mecánico:
* Vistas, cortes e seccións para a determinación de pezas.
* Acotación de pezas.
* Indicación das tolerancias dimensionais e xeométricas e do estado superficial das pezas. Axustes nas ensamblaxes de pezas. Sistema ISO de tolerancias e axustes.
* Designación normalizada dos materiais nos planos. Calidade superficial. Parámetros característicos da rugosidade. Indicación das tolerancias dimensionais e xeométricas e do estado superficial das pezas.
* A representación e a designación dos elementos comerciais nos planos.
* As representacións normalizadas de órganos de máquinas: elementos de unión e suxeición. Resortes. Árbores e eixes. Engrenaxes. Rodamentos. Levas. Ensamblaxes. Freos.
* Formas de mecanizado normalizadas. A representación e a designación nos debuxos.
* A representación de elementos de construcción soldada.
* Planos de conxunto de máquinas. Lista de despezamento. A ordenación e a numeración de planos.
* Simboloxía mecánica, hidráulica, pneumática e eléctrica.
* Normativa para a representación de esquemas e diagramas das diferentes tecnoloxías.
Debuxo técnico de obra civil:
* Alzados, plantas e seccións de edificacións. Representacións normalizadas e convencionais. Escalas de representación.
Planos de conxuntos e esquemas de instalacións:
* Planos de implantación de máquinas e equipos.
* Planos de conxunto de instalacións:
-Simboloxía normalizada e convencionalismos de representación de instalacións.
-Diagramas de fluxo e esquemas de instalacións.
Deseño asistido por ordenador:
* Equipos para CAD.
* Técnicas de CAD e campo de aplicación.
* Métodos de configuración e adaptación dos programas CAD ós usuarios.
* Librerías de compoñentes, elementos normalizados e bloques funcionais.
* Métodos e prestacións dos programas CAD para o deseño e representación de esquemas e instalacións.
* Métodos e prestacións dos programas CAD para o debuxo técnico de obra civil.
* Programa CAD Introducción:
-Ordes de axuda. Ordes de debuxo de entidades. Ordes de edición e consulta. Controis de pantalla. Introducción ó concepto de capa de debuxo. Axudas ó debuxo. Bloques. Acotacións. Sombreados e raiados. Ordes especiais 3D. Trazado en papel por impresora gráfica ou plotter.
Contidos actitudinais
* Toma de decisións oportunas para a identificación da información necesaria para a representación gráfica de sistemas mecánicos, esquemas de instalacións e edificios industriais.
* Hábito de argumentación racional das decisións adoptadas.
* Hábito de corrección sistemática dos erros detectados nas representacións gráficas realizadas.
* Interese pola execución de representacións gráficas que inclúan toda a información necesaria, sen redundancias, segundo criterios de productividade, eficacia e eficiencia.
* Valoración da importancia da distribución racional do traballo segundo o tempo dispoñible e criterios de eficiencia.
* Sistematicidade na secuencia e ordenación das fases do traballo asociadas ó proceso de representación gráfica.
* Interese pola orde, pulcritude, precisión e rapidez no desenvolvemento da representación gráfica.
* Hábito de conservación dos útiles de debuxo nas condicións especificadas.
* Valoración da importancia da realización de documentación gráfica segundo normativas.
* Autosuficiencia na identificación e especificación dos planos e sistemas da representación que cómpre empregar e executando os debuxos necesarios e suficientes.
* Interese polos avances tecnolóxicos no campo da informática aplicada na realización de documentación gráfica.
* Asimilación de novos métodos de traballo derivados da evolución da informática.
3.3.4. Módulo profesional 8: calidade no mantemento e montaxe de equipos e instalacións:
Capacidades terminais elementais
* Describi-la función de xestión da calidade, identificando os seus elementos e a relación cos obxectivos da empresa e da productividade.
* Identifica-los elementos do sistema de calidade aplicables á estructura organizativa e actividade productiva dunha empresa do sector.
* Diferencia-las funcións específicas de calidade que poderían estar distribuídas na organización da empresa.
* Explica-las funcións específicas dos elementos da organización de calidade, describindo a interrelación entre eles e coa estructura organizativa da empresa.
* Describi-los instrumentos e dispositivos de control máis utilizados para garanti-la correcta avaliación da calidade dun producto ou proceso productivo.
* Explica-las técnicas metrolóxicas empregadas no control dimensional, indicando, cando proceda, os cálculos aplicables a ela.
* Explica-los erros de medida e técnicas de cálculo de incerteza de medida, incluíndo os conceptos de calibración e trazabilidade.
* Determina-las técnicas de control axeitadas ós parámetros que hai que verificar nunha peza, equipo ou sistema, partindo das especificacións técnicas.
* Determina-los instrumentos que se deben empregar para aplica-las técnicas de control a unha peza, equipo ou sistema.
* Realiza-las técnicas metrolóxicas, rexistrando os resultados e comparándoos cos especificados, para unha peza, equipo ou sistema.
* Describi-los parámetros que miden a centralización e dispersión dunha distribución estatística normal.
* Describi-las técnicas empregadas no control estatístico do proceso.
* Describi-las ferramentas da calidade aplicables á mellora continua da calidade.
* Explica-los fundamentos e as técnicas de aplicación dos plans de mostraxe.
* Explica-lo fundamento e campo de aplicación dos gráficos por atributos.
* Especifica-lo SMH (Sistema Histórico de Mantemento) dunha montaxe ou mantemento dos equipos ou instalacións.
* Aplica-las técnicas de mellora da calidade, que permitan a interpretación da fiabilidade e características do equipo ou instalación (control por variables, control por atributos, etc.).
* Descubri-las accións correctoras que permitan a mellora da calidade dunha montaxe ou mantemento de equipo ou instalación.
* Identifica-los contidos dun manual ou plan de calidade, relacionándoos co producto ou proceso e coas normas de sistema de calidade (UNE66900ISO9000).
* Describi-los criterios de valoración de características de control.
* Relaciona-los instrumentos e técnicas de ensaios coas características que poidan controlar.
* Describi-la estructura e contidos das pautas e informes de control.
* Describi-los aspectos que debe incluír unha auditoría interna de calidade, destinada a detecta-lo grao de cumprimento dos plans de calidade e as súas anomalías.
Contidos (duración 90 horas)
Contidos procedementais
Política industrial sobre calidade:
* Determinación das bases fundamentais da política de calidade da empresa.
* Establecemento dos temas xerais, como son o nivel de clientela que constitúe o mercado da empresa, a venda pola empresa de productos normalizados e realización de ensaios axeitados para a cualificación do producto.
* Determinación das accións para emprender polas divisións da empresa con respecto á calidade.
* Identificación con precisión do que é necesario controlar durante a fabricación para conseguir que o producto final cumpra os requisitos necesarios.
Xestión da calidade:
* Determinación dos criterios de control de calidade que deben ser adoptados, do producto, das operacións do proceso, do control do proceso e do mantemento dos instrumentos.
* Definición das estructuras para seguir para elixi-las fases do control de calidade.
* Elaboración dos parámetros fundamentais que cualifican os provedores, por adecuación para a xestión xeral da empresa, integridade, capacidade financeira, pronto-pagamento ...
* Planificación dos custos da calidade evitable e inevitable.
Fundamentos de metroloxía:
* Cobertura dos procedementos de calibración co fin de mellora-la exactitude das medidas, controlando os erros e as incertezas dos instrumentos.
* Comprobación das tolerancias dimensionais e xeométricas nos equipos e instrumentos empregados nas técnicas de medidas.
Técnicas estatísticas da calidade:
* Caracterización das distribucións de probabilidade.
* Determinación da capacidade do proceso, como a medida da reproductibilidade intrínseca do producto resultante dun proceso, técnicas que determinan o seu cálculo, índices que valoran estas capacidades e variabilidade do proceso.
* Clasificación dos plans de mostraxe mediante os métodos de inspección.
* Aplicación da informática de control do proceso nos aspectos antes mencionados.
* Composición, forma e recompilación dos datos, presentación numérica e gráfica dos datos mediante os histogramas.
* Realización dos diagramas, como principio rector da elección dos proxectos e consecución do máis alto nivel de mellora co menor esforzo.
* Utilización do diagrama de Pareto para acha-los sectores con maiores posibilidades.
* Utilización dos diagramas Ishikawa e os clásicos de distribución de dispersión, como análise dos gráficos causa-efecto.
* Análise mediante matrices das prioridades, aplicando os criterios de análise para a toma de decisións relacionadas coa mellora de calidade.
* Aplicación das técnicas de modos de fallos e efectos A.M.F.E. ó estudio dos fallos, podéndoos obxectivar nas tres variantes (ocorrencia, gravidade e detección), establecendo prioridades para a súa resolución.
* Descrición dos sistemas históricos de mantemento e utilización deles como documento fundamental de xestión para controlar tódalas incidencias sucedidas nos mantementos e poder tomar accións para mellora-la calidade.
* Elaboración de modelos normalizados de informes de calidade para a dirección.
* Elaboración de informes sobre a oportunidade de adoptar medidas de mellora.
* Xestión de funcionamento da organización para coordina-los cambios de deseño técnico.
Contidos conceptuais
Calidade e productividade:
* Conceptos fundamentais: calidade de deseño e de conformidade. Fiabilidade. Calidade dos provedores. Calidade do proceso de fabricación ou montaxe. Calidade do producto. Calidade no cliente e no servicio. Sistema de calidade. Planificación, organización e control do sistema de calidade.
* Sistemas de calidade.
Política industrial sobre calidade:
* Soporte básico e axentes asociados ó perfeccionamento da infraestructura de calidade.
* Normativas e manuais de calidade: normativas ISO 9000 a 9005 e UNE 66900 a 66905.
* Normativas e regulamentacións específicas vixentes no sector:
-Aspectos básicos dun manual de calidade.
* Aseguramento de calidade:
-Calidade nos provedores.
-Normalización.
-Certificación.
-Ensaios.
-Cualificación.
-Inspección.
-Calidade concertada.
-Plan nacional de calidade vixente.
Xestión da calidade:
* A calidade na execución do mantemento e montaxe de equipos e instalacións.
* Planificación e organización. Criterios que se deben adoptar para garanti-la calidade na execución do mantemento e montaxe dos equipos e instalacións.
* Control de calidade. Fases e procedementos. Recursos.
* Proceso de control da calidade. Calidade de provedores. Recepción. Calidade do proceso. Calidade no cliente e no servicio.
* Aspectos económicos da calidade:
-Custos da calidade e da non calidade.
-Técnicas de valoración.
* Sistemas de aseguramento de calidade. Manual de calidade, aspectos que o compoñen (UNE66.900, ISO9000).
* Técnicas de motivación e formación para a mellora da calidade. Círculos de calidade.
* Fiabilidade e mantibilidade. Fundamentos e parámetros utilizados para a súa valoración.
* Auditorías internas do producto e proceso.
* Ferramentas informáticas para a aplicación e seguimento dun plan de calidade.
Fundamentos de metroloxía:
* Concepto e proceso de medida. Patróns.
* Calibración e trazabilidade:
-Erros de medida.
-Incerteza da medida.
-Plan de calibración.
-Documentación, normas e técnicas de calibración.
* Tolerancias dimensionais e xeométricas. Instrumentación e equipos. Técnicas e procedementos.
Técnicas estatísticas do control da calidade:
* Control por variables e por atributos. Gráficos de control por variables e atributos.
* Capacidade de proceso e de máquina:
-Técnicas de cálculo.
-Índices que os valoran.
-Variabilidade de procesos.
* Plans de mostraxe:
-Curvas características e tipos de mostraxe (UNE 66.020).
-Control secuencial e control continuo.
* Análise de regresión:
-Correlación e da varianza (ANOVA).
* A toma de datos, a recompilación, a ponderación, a presentación numérica e gráfica de datos, os histogramas.
* Diagramas de evolución ou xestión, de Pareto, de afinidade, causa efecto, correlación, dispersión ou distribución, etc.
* Matrices de prioridades, de criterios, de análise, etc.
* A análise de modos de fallo e efectos (AMFE).
* Sistema histórico de mantemento (SHM).
* Estructura e contidos que deben cumpri-las pautas de control.
* Os informes e os partes de control; normas para considerar na súa elaboración e presentación.
* A organización, a xestión e a actualización da documentación xerada.
Contidos actitudinais
* Valoración da importancia da realización das tarefas segundo os requirimentos establecidos nas normativas de calidade.
* Autoavaliación dos procesos seguidos e do seu grao de axuste ás normativas de calidade afectadas.
* Valoración das áreas segundo o grao de cumprimento das normativas de calidade.
* Sistematicidade na concreción de conceptos xenéricos de aseguramento da calidade á realidade de cada empresa.
* Sistematicidade da secuencia e ordenación das accións que permitan separa-los sistemas de calidade segundo o alcance indicado na normativa.
* Prioridade das accións que afecten máis á calidade do producto ou servicio.
* Hábito no tratamento metódico e preciso da información.
* Hábito no uso das técnicas axeitadas para a resolución dos problemas de calidade.
* Autoavaliación dos métodos de traballo para mellora-la productividade.
* Interese pola anticipación das consecuencias de pequenas desviacións dos procesos.
* Valoración da importancia da argumentación de opinións que conduzan a un proceso de optimización dos métodos de traballo.
* Contraste crítico das ideas do equipo coa realidade concreta.
* Autosuficiencia na análise e resolución de problemas.
* Rigor na aplicación de métodos e interpretación de datos.
* Seguridade na realización de análise e toma de decisións.
* Interese pola busca de accións para diminuí-las áreas da non calidade.
3.3.5. Módulo profesional 9: plans de seguridade no mantemento e montaxe de equipos e instalacións:
Capacidades terminais elementais
* Analiza-los plans de seguridade e hixiene de empresas de montaxe de equipos e instalacións, identificando e describindo os aspectos máis relevantes.
* Analiza-los plans de seguridade e hixiene de empresas de distintos sectores productivos, identificando e describindo os factores e situacións de risco para a saúde e seguridade contidos nos diferentes plans.
* Identificar e describi-las funcións dos responsables de seguridade da empresa e das persoas ás que se lles asignan tarefas especiais en casos de emerxencia.
* Relacionar e describi-las medidas preventivas axeitadas e os métodos de prevención establecidos para evita-los accidentes.
* Valora-los custos e recursos necesarios para a aplicación dos plans de seguridade dunha empresa do sector.
* Identifica-las instruccións técnicas dos regulamentos e normativas eléctricas e mecánicas vixentes.
* Identifica-los dereitos e os deberes máis relevantes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.
* Relacionar e describi-las normas relativas á limpeza e orde do contorno de traballo, contidas nun plan de seguridade e hixiene nunha industria do sector.
* Identificar e describi-las normas para a parada e manipulación externa e interna dos sistemas, máquinas e instalacións, contidas en cada plan.
* Relacionar e describi-las normas sobre simboloxía e situación física de sinais e alarmas, equipos contra incendios e equipos de curas e primeiros auxilios, contidas nun plan de seguridade.
* Relaciona-las normas particulares de cada plan coa lexislación vixente, describindo o desaxuste, se o houber, entre as normas xerais e a súa aplicación ou concreción no plan de seguridade dunha industria do sector.
* Describi-las propiedades e uso das roupas e os equipos máis comúns de protección persoal empregados na montaxe e mantemento de equipos e instalacións.
* Enumera-los diferentes tipos de sistemas para a extinción de incendios, describindo as propiedades e emprego de cada un deles.
* Describi-las características e finalidade dos sinais e as alarmas regulamentarias para indicar lugares de risco e/ou situacións de emerxencia.
* Describi-las características e usos dos equipos e medios relativos a curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados.
* Determina-las especificacións dos medios e equipos de seguridade e protección en diferentes contornos de traballo.
* Elaborar unha documentación técnica na que apareza a localización de equipos de emerxencia, os sinais, alarmas e puntos de saída en caso de emerxencia da planta, axustándose á lexislación vixente.
* Identificar e describi-las causas de accidentes reais sucedidos na realización de actividades de mantemento e montaxe de equipos e instalacións.
* Identificar e describi-los factores de risco e as medidas que evitarían o accidente.
* Avalia-las responsabilidades do traballador e da empresa nas causas do accidente.
* Identifica-las causas polas que se puidera pór en perigo a seguridade dos traballadores e dos medios e instalacións, como consecuencia dun incorrecto ou incompleto plan de seguridade.
* Enumerar e describi-las medidas que evitarían a situación de perigo ou o accidente, como consecuencia dun incorrecto ou incompleto plan de seguridade.
* Definir un plan de actuación para acomete-la situación de perigo ou accidente creada.
* Determina-los equipos e medios necesarios para soluciona-la situación de perigo ou accidente creada.
* Describir, mediante informes, as desviacións respecto á normativa vixente ou o seu incumprimento.
* Valora-lo custo dos danos producidos en caso de accidente.
* Identifica-las posibles fontes de contaminación do contorno ambiental.
* Relaciona-los dispositivos de detección de contaminantes, fixos e móbiles, coas medidas de prevención e protección para utilizar.
* Describi-los medios de vixilancia máis usuais de afluentes e efluentes, nos procesos de producción e depuración na industria.
* Explica-las técnicas coas que a industria depura substancias perigosas para o ambiente.
* Xustifica-la importancia das medidas de protección, no referente á súa propia persoa, a colectividade e o ambiente.
* Describi-los medios hixiénicos para evitar contaminacións persoais ou cara ó producto que se debe manipular ou obter.
* Relaciona-la normativa ambiental cos procesos productivos concretos en que se debe aplicar.
Contidos (duración 55 horas)
Contidos procedementais
Plans e normas da seguridade e hixiene:
* Identificación dos riscos laborais máis comúns, accidentes de traballo e enfermidades profesionais de orixe laboral, así como doutras patoloxías de etioloxía común.
* Investigación dos accidentes de traballo.
* Utilización e cobertura dos partes de accidente, tanto os internos da empresa, como o impreso oficial de accidente de baixa.
* Realización de inspeccións de seguridade das instalacións e equipos de traballo e dos métodos operativos para detectar riscos e adoptar medidas preventivas que os eliminen e/ou protexan, tanto durante fases de montaxe como en operación normal.
* Información e asesoramento en novos proxectos de instalacións de edificio e proceso sobre aspectos legais e técnicos relacionados coa seguridade na montaxe e/ou posterior mantemento, que se deben incorporar a eles desde a citada fase de proxecto.
* Definición e asesoramento sobre aspectos de seguridade que se deben ter en conta nos métodos de traballo tanto nas operacións de montaxe como nas de mantemento das instalacións de proceso e edificios.
* Deseño e implantación de proteccións e dispositivos de seguridade para a eliminación e protección dos riscos das instalacións, tanto na fase de montaxe como na de mantemento.
* Determinación das características dos sinais ou carteis axeitados a cada situación, como complemento a outras medidas adoptadas de carácter preventivo ou de protección.
Factores e situacións de risco:
* Análise dos riscos dos traballos en altura (máis de dous metros).
* Deseño e montaxe de estadas seguras de acordo coas normas.
* Selección do sistema máis axeitado para empregar: plataformas, estadas, escaleiras, en función do traballo que se realiza.
* Determinación dos riscos que xera unha mala utilización das escadas manuais.
* Análise do estado dos sistemas empregados para traballar en altura.
* Cálculo da capacidade de carga dunha carreta mediante a utilización do diagrama de carga.
* Selección dunha carreta automotor en función das necesidades da carga, elevación, requisitos ergonómicos, etc.
* Detección dos riscos das carretas automotor e proposición dos medios de protección.
* Revisión das comprobacións diarias nunha carreta, antes de comeza-la xornada laboral.
* Detección das anomalías en ganchos que poden xerar accidentes.
* Determinación das dimensións e tipo das eslingas que se deben usar en función do peso, forma e características da carga, presencia de ángulos vivos, temperatura elevada, fraxilidade, etc.
* Inspección de eslingas e cables de aceiro.
* Determinación da influencia do ángulo formado polos ramais da eslinga.
* Determinación das características dunha eslinga para a identificación do esforzo a que é sometida pola carga.
* Avaliación dos riscos para a persoa no manexo manual de cargas nos procesos de montaxe e de mantemento.
* Determinación de métodos de manutención manual e de técnicas para o levantamento, sostemento e transporte de cargas.
* Identificación dos riscos da soldadura eléctrica e oxiacetilénica nos traballos de montaxe e de mantemento.
* Aplicación das normas de seguridade para a prevención de riscos nos traballos de soldadura eléctrica e oxiacetilénica.
* Determinación da existencia dun espacio confinado e dos seus riscos.
* Realización de normas e procedementos para o acceso a espacios e para realización de traballos dentro deles.
* Análise e aplicación das normas de actuación para realizar traballos en instalacións de alta tensión sen tensión.
* Determinación das medidas de protección contra contactos eléctricos directos.
* Determinación dos equipos de primeiros auxilios para instalacións eléctricas de alta tensión.
* Aplicación da lexislación existente respecto á sinalización na industria.
* Definición e selección de cor, formas e tamaños dos sinais de seguridade en función da aplicación, risco que sinalen, distancias e outras condicións do lugar.
* Determinación das principais causas de risco de incendio na montaxe e mantemento de instalacións.
* Determinación dos métodos de prevención de incendios máis axeitados que se deben aplicar en cada caso.
* Determinación e selección dos sistemas de detección dun lume en función dos materiais e instalacións.
* Análise e selección dos axentes extintores máis axeitados para cada tipo de risco.
* Identificación dos productos inflamables máis comúns e usados na industria.
* Determinación das condicións para o almacenamento, utilización e refugo de productos inflamables.
Situacións de emerxencia:
* Elaboración dun plan de evacuación.
* Elaboración dun plan de autoprotección eficaz.
* Desenvolvemento de simulacros de evacuación.
* Aplicación da lexislación existente sobre protección contra incendios.
* Identificación dos diferentes tipos de contaminantes e das medidas de protección que se deben adoptar.
* Identificación das clases de residuos tóxicos e perigosos e dos medios e sistemas para a súa eliminación.
* Execución das accións e decisións axeitadas en caso de accidente, tanto a persoal propio, como ó contratado ou alleo, ó traballo dentro das nosas instalacións.
* Realización dos avisos de accidente de forma precisa e concreta que asegure a correcta interpretación polo centro asistencial, ambulancia, bombeiros e protección civil.
* Mantemento axeitado do material de primeiros auxilios acorde coas necesidades que xera a montaxe ou mantemento das instalacións.
Contidos conceptuais
Plans e normas de seguridade e hixiene:
* Política de seguridade nas empresas. O plan de seguridade na execución.
* Normativa vixente sobre seguridade e hixiene no sector de mantemento e montaxe de equipos e instalacións.
* Normas sobre limpeza e orde no contorno de traballo e sobre hixiene persoal.
* Normas sobre simboloxía e situación física de sinais.
* Plans de seguridade e hixiene.
* Comunicación oral de instruccións para a consecución duns obxectivos.
* Criterios que deben adoptarse para garanti-la seguridade na execución.
* Documentación sobre os plans de seguridade e hixiene. Fases e procedementos. Recursos.
* Responsables da seguridade e hixiene e grupos con tarefas específicas en situacións de emerxencia.
* Custos da seguridade.
* Normas de precaución e seguridade no manexo de materiais.
Factores e situacións de risco:
* Riscos máis comúns no sector de mantemento e montaxe de equipos e instalacións. Axentes xeradores de risco.
* Métodos de prevención.
* Proteccións nas máquinas e instalacións.
* Sistemas de ventilación e evacuación de residuos.
* Medidas de seguridade en producción, preparación de máquinas e mantemento.
* Condicións de almacenamento de productos perigosos.
Medios equipos e técnicas de seguridade:
* Roupas e equipos de protección persoal.
* Sinais e alarmas.
* Equipos contra incendios.
* Técnicas para a mobilización e traslado de obxectos.
* Proceso para a resolución de problemas.
Situacións de emerxencia:
* Técnicas de evacuación.
* Extinción de incendios.
* Medios asistenciais para abordar curas, primeiros auxilios e traslado de accidentados.
* Traslado de accidentados.
* Valoración de danos.
* Factores do contorno de traballo:
-Físicos (ruídos, luz, vibracións, temperaturas, etc.).
-Químicos (vapores, fumes, partículas en suspensión, etc.).
* Factores sobre o ambiente:
-Augas residuais (industriais).
-Vertidos (residuos sólidos e líquidos).
* Procedementos de tratamento e control de efluentes do proceso.
* Normas de avaliación ante situacións de risco ambiental.
* Normativa vixente sobre seguridade ambiental.
Contidos actitudinais
* Respecto pola saúde, o medio e a seguridade laboral.
* Rigor na aplicación das normas de seguridade e medidas de prevención e protección que mellor preserven o ambiente, a saúde propia e a dos demais.
* Decisión nas actuacións para realizar en caso de incendios, explosións, electrocucións e accidentes de tipo mecánico onde a rapidez de actuación permita a limitación dos danos a persoas ou instalacións.
* Autosuficiencia no desenvolvemento das funcións que ten asignadas, en caso de emerxencia e primeiros auxilios.
* Compromiso coas obrigas asociadas ó traballo.
* Cumprimento das normas de seguridade persoal e colectiva.
* Participación e cooperación no traballo en equipo, colaborando cos compañeiros en caso de emerxencia.
3.3.6. Módulo profesional 10: relacións no contorno de traballo:
Capacidades terminais elementais
* Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.
* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.
* Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.
* Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.
* Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.
* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.
* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.
* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.
* Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.
* Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.
* Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.
Contidos (duración 55 horas)
Contidos procedementais
Comunicación na empresa:
* Producción de documentos.
* Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.
* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.
* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.
Conflictos:
* Identificación da existencia dun conflicto.
* Análise das causas do conflicto.
* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.
* Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.
Negociación:
* Identificación dos principais aspectos da negociación.
* Aplicación das técnicas concretas de negociación.
* Peche da negociación.
Toma de decisións:
* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.
* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.
* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.
Liderado:
* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.
* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre qué estilo de mando predomina nas empresas do sector.
* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.
Conducción e dirección de equipos de traballo:
* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.
* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.
* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.
* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.
* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.
* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.
Motivación no contorno laboral:
* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.
* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.
* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.
* Análise da actitude humana ante o traballo.
* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.
* Aplicación de incentivos e efectos deles.
Contidos conceptuais
A comunicación na empresa:
* Tipos de comunicación.
* Etapas dun proceso de comunicación.
* Canles e redes de comunicación.
* Dificultades e barreiras na comunicación.
* Recursos para manipula-los datos da percepción.
* Comunicación na empresa.
* Control da información.
Conflictos:
* Clases.
* Causas.
* Formas de exteriorización.
* Solución de conflictos.
Negociación:
* Condicións.
* Estilos de negociación.
* Fases nunha negociación.
Toma de decisións:
* Factores que inflúen na toma de decisións.
* Fases do proceso decisorio.
* Tipos de decisións.
Liderado:
* Características.
* Teorías do liderado.
* Estilos de dirección.
* Supervisión do traballo.
* Delegación eficaz.
* Políticas de empresa.
Conducción e dirección de equipos de traballo:
* Características dos grupos.
* Funcionamento dos grupos.
* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.
* Tipos de reunións.
* Preparación de reunións.
* Desenvolvemento.
* Problemas que presentan as reunións.
Motivación no contorno laboral:
* Concepto.
* Principais teorías de motivación.
* Factores motivacionais.
* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.
Contidos actitudinais
A comunicación na empresa:
* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.
* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.
* Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.
* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.
Conflictos:
* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.
* Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.
* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.
* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.
Negociación:
* Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.
* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.
* Apreciación do poder de influencia.
* Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.
Toma de decisións:
* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.
* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.
* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.
* Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.
Liderado:
* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.
* Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.
* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.
* Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.
Conducción/dirección de equipos de traballo:
* Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.
* Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.
* Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.
* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.
Motivación no contorno laboral:
* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.
* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.
* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.
3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:
Duración: 380 horas.
Nº Capacidades terminais elementais Actividades formativas de referencia
* Selecciona-la documentación normalizada correspondente ós procedementos operativos que deben ser aplicados.
1. Mantemento ou montaxe de instalacións térmicas e de fluídos. * Intervir no seguimento e control da planificación. * Clasificar polas categorías establecidas os traballos planificados e realizados. * Analiza-los traballos realizados (os máis significativos dentro do período analizado) contrastando os elementos da planificación coas circunstancias de realización en cada caso. * Elaborar un informe coas conclusións obtidas e coa proposta de posibles modificacións sobre os elementos da planificación para a súa mellora.
2. Supervisión das operacións de mantemento nas instalacións térmicas e de fluídos. * Intervir na operación.
* Asegura-la dispoñibilidade dos medios e recursos necesarios e recollidos nos procedementos operativos correspondentes.
Nº Capacidades terminais elementais Actividades formativas de referencia
* Analiza-las diferentes variables de compra de pezas de reposto (calidade, prezos, prazos de entrega...) elixindo ou aconsellando a oferta máis favorable para a empresa.
* Realiza-las probas funcionais, verificando os síntomas recollidos no parte de avarías, caracterizando eses síntomas con precisión.
* Realiza-la hipótese das posibles causas da avaría, determinando en cada caso se a súa natureza é mecánica, eléctrica e/ou de regulación e control.
* Comprobar que as operacións de mantemento preventivo se realizan de acordo co procedemento normalizado, elaborando o informe correspondente. * Intervir nas operacións de mantemento e reparación e de reparación por substitución nos equipos, utilizando procedementos normalizados e elaborando o correspondente informe.
3. Establece-los niveis de cantidade, dispoñibilidade e custos das pezas de repostos dunha instalación para garanti-lo cumprimento do programa de mantemento, a partir do historial de mantemento e documentación técnica da instalación. * Determina-lo mínimo de existencias, materiais ou productos segundo os criterios establecidos pola empresa.
* Localizar e propo-la localización máis axeitada segundo as características de pezas ou materiais, tendo en conta as condicións ambientais, rotación de productos e as características de pezas e elementos. * Comprobar que os albarás coinciden cos productos recibidos en cantidade e calidade e, en caso de anomalías, facer consta-la incidencia ou reclamación, se procede. * Levar un control exhaustivo e puntual das entradas e saídas do almacén, manexando calquera tipo de soporte de información. * Realiza-lo inventario do almacén tendo en conta as diferentes variables (entradas, saídas, porcentaxe de pezas deterioradas...), aconsellando a realización de pedidos no momento axeitado. * Xerar e/ou actualizar un ficheiro de provedores, manexando calquera tipo de soporte de información.
4. Diagnóstico de fallos e/ou avarías, na súa corrección (da disfunción ou reparación) e na posta a punto dunha instalación térmica ou de fluídos, utilizando os equipos axeitados e coa seguridade establecida. * Intervir nas operacións.
* Establecer un plan de actuación determinando as diferentes fases que se van seguir, os procedementos que se deben utilizar e as comprobacións que se deben efectuar, seleccionando a documentación técnica necesaria e os medios máis axeitados en cada caso. * Localiza-la avaría nun tempo razoable, seguindo o plan establecido e utilizando os medios axeitados. * Realiza-lo orzamento da intervención, onde se recolla con suficiente precisión a tipoloxía e custo da reparación. * Supervisa-las operacións de montaxe/desmontaxe e substitución de elementos, compoñentes ou módulos defectuosos, coidando que se efectúen nun tempo axeitado e coa calidade debida. * Efectua-las probas funcionais e axustes necesarios para restablece-la axeitada operatividade do sistema. * Realiza-las probas de fiabilidade do sistema establecidas. * Realiza-lo informe de reparación da avaría no formato normalizado, recollendo a información suficiente para realiza-la facturación da intervención e a actualización do historial de avarías do sistema.
Nº Capacidades terminais elementais Actividades formativas de referencia
* Selecciona-la documentación do proxecto necesaria para identifica-las unidades de obra e as súas condicións técnicas de execución.
* Identificar sistemas, grupos funcionais e os elementos da instalación que son afectados pola modificación.
* Realiza-lo esbozo da instalación no seu estado actual, indicando nel as especificacións necesarias para o proxecto da modificación.
5. Supervisión das operacións de montaxe das instalacións térmicas e de fluídos de edificios e/ou de proceso. * Intervir nas operacións.
* Asegura-la dispoñibilidade dos medios e recursos necesarios e recollidos nos procedementos operativos correspondentes. * Comprobar que as operacións de montaxe se realizan de acordo cos procedementos normalizados, introducindo as medidas necesarias para garanti-las condicións de calidade establecidas e elaborando o correspondente informe. * Intervir nas operacións de planeamento, montaxe, conexionado, probas e posta en funcionamento da instalación. * Intervir en medicións de unidades de obra para a súa certificación.
6. Proxecto de modificación ou propor melloras dunha instalación térmica e de fluídos real, determinando e seleccionando as máquinas, equipos e materiais, dimensionando as redes, utilizando o procedemento e medios axeitados e cumprindo as normas e regulamentos requiridos. * Intervir nas operacións.
* Achegar ideas de configuración física da estructura dos sistemas, seleccionando os equipos, dispositivos e materiais que mellor se adecuen á realización prestacións-custo establecida. * Realiza-lo estudio técnico-económico da solución adoptada, xustificando os criterios seguidos en cada caso. * Elaborar esquemas e planos correspondentes á solución adoptada, empregando as normas de representación estándar e utilizando os medios dispoñibles. * Determina-las características dos equipos, máquinas, elementos e redes da instalación, aplicando procedementos de cálculo. * Seleccionar nos catálogos comerciais os diferentes equipos a partir das características establecidas, aplicando os criterios e procedementos regulamentarios. * Identifica-los esforzos a que están sometidos os elementos suxeitos a solicitacións mecánicas, establecendo as súas dimensións en función dos resultados dos cálculos realizados, aplicando os criterios de estandarización e normalización. * Determina-los criterios que se deben ter en conta no deseño da instalación, co fin de facilita-los procesos do seu mantemento (preventivo e correctivo). * Determinar ou modifica-lo sistema de regulación e control, fixando os parámetros de funcionamento de acordo coas especificacións iniciais. * Determina-los axustes, probas, ensaios e modificacións necesarias para logra-lo cumprimento das especificacións funcionais, de calidade e fiabilidade prescritas. * Elabora-lo informe correspondente ás probas funcionais e de fiabilidade prescritas, indicando as continxencias, modificacións e demais información conveniente que facilite a actualización da documentación do sistema.
7. Actuar no posto de traballo respectando as normas de seguridade persoal e dos medios e materiais utilizados no desempeño das actividades. * Identifica-los riscos asociados ó desenvolvemento dos procesos de implantación e mantemento das instalacións térmicas ou de fluídos, materiais, ferramentas e instrumentos, así como a información e os sinais de precaución que existan no lugar da súa actividade.
Nº Capacidades terminais elementais Actividades formativas de referencia
* Ter unha actitude cauta e previsora, respectando fielmente as normas de seguridade e hixiene. * Identifica-los medios de protección e o comportamento preventivo que debe adoptar para os diferentes traballos e en caso de emerxencia. * Emprega-los útiles de protección persoal dispoñibles e establecidos para diferentes operacións. * Utiliza-los medios e útiles de protección de compoñentes, instrumentos e equipos estandarizados.
3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:
Capacidades terminais elementais
* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.
* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.
* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.
* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.
* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.
* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.
* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.
* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.
* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.
* Describi-lo sistema de protección social.
* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.
* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.
* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.
* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Contidos (duración 55 horas)
Contidos procedementais
Saúde laboral:
* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.
* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.
* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.
* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.
* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.
* Determinación dos equipos de protección individual.
Lexislación e relacións laborais:
* Identificación das distintas modalidades de contratación.
* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.
* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.
* Elaboración dunha folla de salario.
* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.
Orientación e inserción sociolaboral:
* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.
* Identificación e definición de actividades profesionais.
* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.
Principios de economía:
* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.
* Manexo e interpretación de táboas económicas.
* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.
Economía e organización da empresa:
* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.
* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.
O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:
* Análise dunha empresa do sector.
* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.
* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.
Contidos conceptuais
Saúde laboral:
* Condicións de traballo e seguridade.
* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.
* Danos profesionais.
* Medidas de prevención e protección.
* Marco legal de prevención laboral.
* Notificación e investigación de accidentes.
* Estatística para a seguridade.
* Primeiros auxilios.
Lexislación e relacións laborais:
* Dereito laboral nacional e comunitario.
* Contrato de traballo.
* Modalidades de contratación.
* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.
* Órganos de representación dos traballadores.
* Convenios colectivos.
* Conflictos colectivos.
* Seguridade Social e outras prestacións.
Orientación e inserción sociolaboral:
* Mercado de traballo.
* A autoorientación profesional.
* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.
* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.
* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.
* Itinerarios formativos/profesionalizadores.
Principios de economía:
* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.
* Relacións socioeconómicas internacionais.
Economía e organización da empresa:
* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.
* Funcionamento económico da empresa:
-Patrimonio da empresa.
-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.
-Interpretación de estados de contas anuais.
-Custos fixos e variables.
O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:
* Tipoloxía e funcionamento das empresas.
* Evolución socioeconómica do sector.
* Situación e tendencia do mercado de traballo.
Contidos actitudinais
* Respecto pola saúde persoal e colectiva.
* Interese polas condicións de saúde no traballo.
* Valoración do ambiente como patrimonio común.
* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.
* Valoración e cumprimento da normativa laboral.
* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.
* Toma de conciencia dos valores persoais.
* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.
* Preocupación polo mantemento da ética profesional.
* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.
* Valoración crítica dunha economía de mercado.
* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.
* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.
4. Ordenación académica e impartición.
4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:
Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:
* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:
-Ciencias da natureza e da saúde.
-Tecnoloxía.
* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:
-Tecnoloxía industrial II.
4.2. Profesorado:
4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso:
do profesoradoNº Módulo profesional Especialidade
Corpo
Sistemas electrónicos Profesor de ensino secundario
1 Procesos e xestión do mantemento e montaxe de instalacións Organización e proxectos de sistemas enerxéticos Profesor de ensino secundario
2 Execución de procesos de montaxe de instalacións Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos Profesor técnico de FP
3 Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos Profesor técnico de FP
4 Proxectos de modificación de instalacións térmicas e de fluídos Organización e proxectos de sistemas enerxéticos Profesor de ensino secundario
5 Sistemas automáticos nas instalacións Sistemas electrotécnicos e automáticos
Profesor de ensino secundario
do profesoradoNº Módulo profesional Especialidade
Corpo
6 Equipos para instalacións térmicas e de fluídos Organización e proxectos de sistemas enerxéticos Profesor de ensino secundario
7 Representación gráfica en instalacións Oficina de proxectos de fabricación mecánica Profesor técnico de FP
8 Calidade no mantemento e montaxe de equipos e instalacións Organización e proxectos de sistemas enerxéticos Profesor de ensino secundario
9 Plans de seguridade no mantemento e montaxe de equipos e instalacións Organización e proxectos de sistemas enerxéticos Profesor de ensino secundario
10 Relacións no contorno de traballo Formación e orientación laboral Formación e orientación laboral
11 Formación e orientación laboral Formación e orientación laboral Formación e orientación laboral
4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:
do profesoradoMaterias Especialidade
Corpo
secundario
Sistemas electrotécnicos e automáticos
Sistemas electrónicos secundario
Profesor de ensino
secundario
Profesor de ensino
secundario
Sistemas electrotécnicos e automáticos
Sistemas electrónicos secundario
Profesor de ensino
secundario
Profesor de ensino
secundario
Sistemas electrotécnicos e automáticos
Sistemas electrónicos secundario
Profesor de ensino
secundario
Profesor de ensino
secundario
secundario
secundario
Mecánica Organización e proxectos de sistemas enerxéticos Profesor de ensino
Tecnoloxía industrial I Organización e proxectos de sistemas enerxéticos
Profesor de ensino
Tecnoloxía industrial II Organización e proxectos de sistemas enerxéticos
Profesor de ensino
Electrotecnia Organización e proxectos de sistemas enerxéticos
Profesor de ensino
Economía Formación e orientación laboral (1) Profesor de ensino
Economía e organización de empresas Formación e orientación laboral (1) Profesor de ensino
(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e Administración pública.
4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:
As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.
Especialidade do profesorado para efectos de docencia
Titulación declarada equivalente
Organización e proxectos de sistemas enerxéticos -Enxeñeiro técnico industrial, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico aeronáutico, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico de obras públicas, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico de telecomunicación, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico naval, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico agrícola, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico de minas, en tódalas súas especialidades-Diplomado en máquinas navais
Especialidade do profesorado para efectos de docencia
Titulación declarada equivalente
Sistemas electrotécnicos e automáticos -Diplomado en radioelectrónica naval-Enxeñeiro técnico aeronáutico, especialidade en aeronavegación-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electricidade-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electrónica industrial-Enxeñeiro técnico de telecomunicación, en tódalas súas especialidades
Sistemas electrónicos -Diplomado en radioelectrónica naval-Enxeñeiro técnico aeronáutico, especialidade aeronavegación-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electricidade-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electrónica industrial-Enxeñeiro técnico de telecomunicación, en tódalas súas especialidades
Formación e orientación laboral -Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e Administración pública
4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:
De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:
Espacio formativo (30 alumnos) (20 alumnos) utilización
Superficie
Superficie
Grao de
Aula técnica 90 m 60 m 30%
Taller de instalacións electrotécnicas 120 m 90 m 20%
Taller de instalacións térmicas 180 m 150 m 20%
Taller de sistemas automáticos 120 m 90 m 15%
Aula polivalente 60 m 40 m 15%
* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.
* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.
* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.
* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.
* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.
4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:
4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:
* Proceso e xestión do mantemento e montaxe de instalacións.
* Execución de procesos de montaxe de instalacións.
* Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos.
* Proxectos de modificación de instalacións térmicas e de fluídos.
* Sistemas automáticos nas instalacións.
* Equipos para instalacións térmicas e de fluídos.
4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:
* Proceso e xestión do mantemento e montaxe de instalacións.
* Execución de procesos de montaxe de instalacións.
* Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos.
* Proxectos de modificación de instalacións térmicas e de fluídos.
* Sistemas automáticos nas instalacións.
* Equipos para instalacións térmicas e de fluídos.
* Formación en centros de traballo.
* Formación e orientación laboral.
4.4.3. Acceso a estudios universitarios:
* Diplomado en máquinas navais.
* Diplomado en navegación marítima.
* Diplomado en radioelectrónica naval.
* Enxeñeiro técnico aeronáutico (tódalas especialidades).
* Enxeñeiro técnico agrícola (tódalas especialidades).
* Enxeñeiro técnico en deseño industrial.
* Enxeñeiro técnico forestal (tódalas especialidades).
* Enxeñeiro técnico industrial (tódalas especialidades).
* Enxeñeiro técnico en informática de xestión.
* Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.
* Enxeñeiro técnico de minas (tódalas especialidades).
* Enxeñeiro técnico naval (tódalas especialidades).
* Enxeñeiro técnico de obras públicas (tódalas especialidades).
4.5. Distribución horaria:
* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:
Horas totais Denominación dos módulos
1º, 2º e 3º trimestre
215 Execución de procesos de montaxe de instalacións
185 Sistemas automáticos nas instalacións
240 Equipos para instalacións térmicas e de fluídos
185 Representación gráfica en instalacións
55 Plans de seguridade no mantemento e montaxe de equipos e instalacións
4º, 5º e 6º trimestre
110 Procesos e xestión do mantemento e montaxe de instalacións
185 Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos
165 Proxectos de modificación de instalacións térmicas e de fluídos
90 Calidade no mantemento e montaxe de equipos e instalacións
55 Relacións no contorno de traballo
55 Formación e orientación laboral
380 Formación en centros de traballo
* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.