Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 17 de marzo de 2000 Páx. 3.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, pola que se anuncia a convocatoria para a selección de 12 empresas para formar parte dunha mostra piloto para o programa RIS+ Galicia, consistente no deseño dun mecanismo de apoio integral ó proceso de innovación en empresa.

A Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas anuncia convocatoria pública para a selección de 12 empresas que formarán parte dunha mostra piloto integradas nun proxecto ó abeiro da convocatoria RIS, fase II, convocado pola DXXVI da Comisión Europea e que ten as seguintes características:

Obxecto:

O programa consiste no deseño dun mecanismo de apoio integral ó proceso de innovación empresarial no que as 12 empresas elixidas formarán parte dunha mostra piloto no diagnóstico das capacidades tecnolóxicas, no deseño do seu plan tecnolóxico, na identificación e definición de proxecto relacionados coa innovación, a investigación e desenvolvemento, e a presentación de proxectos por empresas a convocatorias de axudas rexionais, nacionais ou europeas, durante o ano 2000.

Estas empresas serán tuteladas por consultores designados por la Consellería de Industria e Comercio.

Beneficiarios:

El programa piloto experimentarase nun total de 12 empresas.

Presentación de candidaturas:

As empresas interesadas en concorrer á convocatoria deberán presentar instancia dirixida á Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestruc

turas Tecnolóxicas no rexistro xeral da Consellería de Industria e Comercio na que se fará constar que desexa participar no programa II, do RIS+ Galicia, xunto cunha breve memoria descritiva que expoña as características da empresa e o fundamento do seu interese en participar nesta convocatoria, así como, calquera documentación adicional que poida contribuír á mellor avaliación da proposta.

O prazo para súa presentación será de 15 días desde a publicación deste anuncio.

Comisión de valoración e selección:

As 12 empresas serán seleccionadas por unha comisión formada por 3 persoas presidida por un subdirector da Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas, cos seguintes cirterios de selección preferentes:

Representatividade do sector industrial ó que pertenza a empresa en Galicia.

Fundamentación do interese en participar na convocatoria.

Non poderán formar parte da mostra empresas que xa teñan unha ampla experiencia na xestión de proxectos de innovación e I+D subvencionados por convocatorias nacionais ou europeas.

Na mostra seleccionada deberá ter cabida o maior número posible de sectores.

A comisión de valoración elevará a súa proposta ó director xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas para que resolva. Ás empresas participantes seralles notificada a devandita resolución.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

José Manuel González González

Director xeral de Programas Industriais

e Infraestructuras Tecnolóxicas