Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 33, do xoves, 17 de febreiro de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:
-Na páxina 2.031, no encabezamento da orde, onde di: «cambio de denominación do colexio de edu
cación infantil e primaria de Viveiro (Lugo)», debe dicir: «cambio de denominación do colexio de educación primaria de Viveiro (Lugo)». No anexo da orde onde di: «Localidade: A Cabana», debe dicir: «Localidade: Viveiro», onde di: «denominación: colexio de educación infantil e primaria de Viveiro», debe dicir: «colexio de educación primaria de Vivieiro». Onde di: «Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Luis Tobío», debe dicir: «Nova denominación: colexio de educación primaria Luís Tobío».