Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de febreiro de 2000 pola que se lle autoriza a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Compañía de María de Vigo.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Compañía de María de Vigo no que solicita a ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación infantil.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación de dúas unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo desta orde, facendo constar que, para a posta en funcionamento delas, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia nas unidades que se amplían.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Ecuador, 35.

Denominación: Compañía de María.

Titular: Compañía de María.

Nivel: educacion infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 4.

Unidades novas autorizadas: 2.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 6 unidades.

Centro de educación primaria: 18 unidades.

Centro de educación secundaria:-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.-8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.