Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 9 de marzo de 2000 pola que se establece un réxime de axudas á apicultura.

O Regulamento (CE) 1221/1997, do Consello, do 25 de xuño de 1997, polo que se establecen as normas xerais de aplicación das medidas destinadas a mellora-la producción e comercialización do mel e o Regulamento 2300/1997, da comisión, que establece disposicións de aplicación do anterior, consideran o cofinanciamento comunitario das accións previstas no Programa Nacional Anual de medidas de axuda á apicultura.

O devandito programa nacional español para o ano 2000, elaborado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e mailas comunidades autónomas en estreita colaboración coas organizacións representativas e as cooperativas do sector apícola, foi aprobado pola Comisión Europea na decisión do 27 de xullo de 1999.

No marco do dito Programa Nacional Anual establécese un réxime de axudas destinadas a mellora-la producción e comercialización do mel, no que a participación financeira corresponde nun 50% ó financiamento comunitario, o 25% corresponde ó financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o 25% restante á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Finalmente e como no artigo 3 do Regulamento (CE) número 1221/1997, do consello, se establece que os gastos dos estados membros deberán efectuarse como máis tarde o 15 de outubro, data na que deben terse presentados os xustificantes de gasto por parte do Estado membro da UE, cómpre que os gastos correspondentes ás accións realizadas se xustifiquen perante a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria como máis tarde o 1 de setembro de 2000.

En virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1993, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establecer un réxime de axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellora-la producción e comercialización do mel.

Artigo 2º.-Finalidade das axudas.

Poderán ser obxecto das axudas, consonte o disposto no anexo I da decisión da comisión do 27 de xullo de 1999, aquelas actividades ou investimentos que estean inescusablemente ligados a un programa sanitario, realizadas desde o 1 de xaneiro de 2000, encamiñadas a:

a) Prestar información e asistencia técnica.

b) A loita contra a varroase.

c) Racionaliza-la transhumancia

d) Establecer medidas de apoio para a análise do mel.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán optar ás medidas da axuda prevista no artigo 2º:

1. As persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas. Será requisito para a obtención das axudas estar inscrito no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma, polo menos con anterioridade ó primeiro de xaneiro do ano anterior ó da aplicación do programa nacional anual.

2. Os apicultores que realicen transhumancia, integrados ou non nunha asociación ou organización de apicultores, presentarán solicitudes individuais, achegando a solicitude coa seguinte documentación:

a) Xustificación da titularidade da explotación apícola (certificación do rexistro da explotación apícola).

b) Código de identificación fiscal e certificado da conta bancaria.

c) Xustificación da identificación das colmeas (declaración xurada e modo de identificación).

d) Programa de actuación que pretende desenvolver (memoria onde figuren os datos do apicultor, número de colmeas, descrición das obras ou investimentos e finalidade delas para a mobilidade das colmeas, facturas pro forma dos investimentos).

e) Dispoñibilidade dos terreos nos que pretenda face-los asentamentos dos colmeares, así como permisos ou licencias das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos.

f) Memoria explicativa da realización da trashumancia (bosquexo e situación dos lugares onde se pretende realiza-la trashumancia).

g) Usos altenativos do remolque e tempo de utilización para a actividade trashumante, de se-lo caso.

h) Certificación de encontrarse ó día das obrigas tributarias e sociais e de que non teñen ningunha débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

3. As cooperativas apícolas e organizacións representativas con personalidade xurídica de seu, integradas na súa maioría por apicultores que cumpran os requisitos establecidos no punto 1) do artigo 3º, achegarán a solicitude coa seguinte documentación:

a) Acta de constitución da asociación ou organización.

b) Relación nominal de socios en programa actualizado.

c) Código de identificación fiscal e certificado da conta bancaria.

d) Programa actualizado que se pretende desenvolver.

e) Contrato cos veterinarios responsables da execución do programa sanitario.

f) Declaración xurada de exclusividade dos veterinarios.

g) Xustificación de formación específica e/ou experiencia probada dos veterinarios.

h) Xustificación do cumprimento do punto 1) do artigo 3º.

i) Xustificación do recoñecemento do laboratorio de análise das características físico-químicas do mel, de se-lo caso.

j) Certificación de encontrarse ó día das obrigas tributarias e sociais e de que non teñen ningunha débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

2. Ademais, e para as medidas de axuda previstas na letra d) do artigo 2º, os beneficiarios poderán ser tamén os laboratorios debidamente recoñecidos polos servcios competentes da Comunidade Autónoma que efectúen ou poidan efectuar análises das características fisicoquímicas do mel.

Artigo 4º.-Solicitudes.

Tódalas solicitudes se farán segundo os modelos dos anexos I (solicitudes individuais á trashumancia) e II (xeral). Presentaranse preferentemente na Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 20 días naturais desde a entrada en vigor desta orde.

Artigo 5º.-Resolución e recurso administrativo.

Recibidas as solicitudes de axudas e a súa documentación, serán analizadas polos servicos técnicos, e será o director xeral de Producción Agropecuaria a quen competerá a súa resolución. A dita resolución non esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación.

A resolución notificarase na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que, transcorridos seis meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia non se dictase resolución, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 6º.-Xustificación.

1. O investimento previsto nos subprogramas aprobados realizarase antes do 1 de setembro de 2000, aínda que a execución técnica poderá diferirse ata o 31 de decembro de 2000.

2. O beneficiario comunicaralle á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria a realización do investimento previsto, achegando os xustificantes do gasto e, en todo caso, unha memoria explicativa da súa realización antes do 1 de setembro de 2000.

3. A contía das axudas poderá ser satisfeita mediante pagamentos parciais, unha vez realizados os investimentos previstos en cada caso, trala súa comprobación por parte dos servicios correspondentes da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

4. O incumprimento das obrigas asumidas polo beneficiario suporá a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituí-las cantidades percibidas,

sen prexuízo doutras responsabilidades en que puidesen incorre-los beneficiarios.

Artigo 7º.-Anticipos.

Poderán realizarse, por pedimento dos interesados, os anticipos correspondentes á contratación dos técnicos responsables do seguimento dos distintos subprogramas, de conformidade co disposto no artigo 37.Dous.3 da Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2000.

Artigo 8º.-Concorrencia con outras axudas.

A obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, e a alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda poderán dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 9º.-Inspección e control.

Os beneficiarios das axudas recollidas nesta presente orde están obrigados a facilitarlle tódolos labores de inspección ó persoal técnico das distintas administracións que cofinancian o programa, achegando tódolos datos que sobre o particular lles sexan solicitados.

Artigo 10º.-Financiamento.

As axudas establecidas nesta orde teñen o carácter de cofinanciadas pola UE, o MAPA e a Comunidade Autónoma, en virtude do Regulamento (CE) 1221/1997, do consello, e o R.D. 521/1999, do 26 de marzo, polo que se regula o réxime de axudas á apicultura no marco dos programas nacionais animais

A contía das axudas, por importe máximo de 80.000.000 de ptas., farase con cargo ós créditos do Plan apícola galego, co que se dote o concepto orzamentario 09.03.613-A.780.1.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os peticionarios das axudas presentarán, coa solicitude inicial, unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes, agás no caso de expedientes xa iniciados como consecuencia de normas en vigor, nos que non se esixirá a antedita declaración.

Así mesmo, no momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria para dicta-las instruccións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria