Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de marzo de 2000 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por Orde do 25 de xaneiro de 2000 (DOG nº 25, do 7 de febreiro).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.41º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario do que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educacion e

Ordenacion Universitaria

ANEXO

Denominación e código do posto: xefe do Servicio de Programación. ED.C04.00.001.15770.003.

Dependencia: Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: B.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: Corpo de Xestión.

Apelidos e nome: Potel Touceda, Juan José.

Nº de rexistro de persoal: 35.450.238.57.A2051.