Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lamas-San Martiño.
Situación: Meis.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 16 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 48 da L.M.T. tivo 8.05 ata o C.T. que se proxecta en Lamas-San Martiño, concello de Meis. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 215 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organis
mos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 8 de febreiro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra