Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.757

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 68/2000, do 16 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en conducción de actividades físico-deportivas no medio natural.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2049/1995, do 22 de decembro, establece o título de técnico en conducción de actividades físico-deportivas no medio natural e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo

en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en conducción de actividades físico-deportivas no medio natural, regulado polo Real decreto 2049/1995, do 22 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por teren superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: conducción de actividades físico-deportivas no medio natural.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

Conducir clientes en condicións de seguridade por sendeiros ou zonas de montaña (onde non se precisen técnicas de escalada e alpinismo) a pé, en bicicleta ou a cabalo, conseguindo a satisfacción dos usuarios e un nivel de calidade nos límites de custo previstos.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Participar na organización de actividades de conducción, concretando os obxectivos, os recursos necesarios e os destinatarios, e realiza-las xestións administrativas para que se leven a cabo.

* Dinamiza-las actividades de forma que resulten atractivas e motivadoras e cumpran coas expectativas dos participantes.

* Sensibiliza-lo cliente cara ós aspectos de conservación de espacios naturais, facilitándolle información sobre os prexuízos que pode ocasionar unha conducta non respectuosa cara ó medio.

* Detectar e interpretar información técnica ou científica relacionada co seu traballo co fin de incorpora-las novas técnicas e tendencias e utiliza-los novos equipos e materiais do sector.

* Percorrer cos clientes itinerarios a pé, por sendeiros ou zonas de montaña onde non se precise a utilización de material ou técnicas de escalada e alpinismo.

* Realizar itinerarios cos clientes en bicicleta ou dacabalo por terreos variados.

* Posuír unha visión global e integrada do proceso de prestación do servicio, comprendendo a función das instalacións e equipos e as dimensións técnicas, organizativas, económicas e humanas do seu traballo.

* Aplicar técnicas propias do seu traballo para optimiza-la prestación do servicio, segundo criterios de eficacia e seguridade, conseguindo satisface-las expectativas do cliente e nos límites de custo previstos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar en condicións de posible emerxencia, determinando a actuación máis oportuna, transmitindo con serenidade e celeridade os sinais de alarma e aplicando os medios de seguridade establecidos.

* Resolve-las continxencias que se presenten no seu ámbito de actuación en relación ás persoas, o medio, as instalacións e os equipos ou materiais.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Dirixir e asesorar individuos ou grupos na utilización dos equipos e material e na execución das técnicas propias da actividade, co fin de prever posibles riscos e garanti-la seguridade.

* Organizar zonas para a estadía e para pasa-la noite no medio natural.

* Manter relacións fluídas cos membros do equipo de traballo no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que

se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Comunicarse e actuar de maneira coordinada con todas aquelas organizacións empresariais ou institucionais que incidan na prestación do servicio, co fin de logra-los obxectivos previstos.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ós cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e sociais que inciden na súa actividade profesional.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización das actividades e determinación, ó seu nivel, dos recursos económicos, materiais e humanos necesarios.

* Selección de itinerarios adecuados ás características do cliente ou grupo e ó medio de transporte que se prevé utilizar (a pé, en bicicleta, dacabalo).

* Realización dos itinerarios en condicións de seguridade e de forma que se garanta a satisfacción do grupo ou cliente.

* Acompañamento de persoas ou grupos:

-En actividades de sendeirismo e excursionismo por baixa e media montaña.

-Por itinerarios en bicicleta.

-Por itinerarios en cabalo.

* Verificación do estado do material que se utiliza e realización das reparacións de urxencia durante o transcurso da actividade.

* Coidado e manutención dos cabalos.

* Determinación e adopción das medidas de seguridade necesarias para levar a cabo a actividade.

* Detección de situacións de posibles riscos derivados do medio (riscos obxectivos) ou das persoas (riscos subxectivos).

* Determinación da necesidade de intervención dos servicios de rescate e asistencia externa, comunicándose e coordinándose con eles.

* Realización, cando as características do caso o permitan, do socorro e administración dos primeiros auxilios.

* Motivación do grupo nos aspectos relacionados coa conservación do contorno natural.

* Organización da zona para estadía ou para pasa-la noite.

2.4. Unidades de competencia:

1. Conducir clientes por sendeiros e rutas de baixa e media montaña.

2. Conducir clientes en bicicleta por itinerarios no medio natural.

3. Conducir clientes dacabalo por itinerarios no medio natural.

4. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: conducir clientes por sendeiros e rutas de baixa e media montaña:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Establece-lo itinerario da actividade tendo en conta as características dos usuarios e as condicións do medio.* Identifícanse as características dos usuarios e os seus intereses.

* Selecciónase a documentación necesaria para establece-la ruta: mapas, referencias técnicas, guías descritivas da zona.

* O itinerario programado asegura ou prevé:
-A satisfacción dos usuarios.
-Que o grao de dificultade se adapta ás características dos participantes.
-A súa idoneidade desde a óptica das características naturais e paisaxísticas.
-Condicións aceptables de seguridade.
-O custo previsto.
-A adecuación ós medios dispoñibles.
-A duración nas marxes previstas.
-Os períodos e zonas de descanso necesarias.
-O avituallamento preciso.
* Determínanse os puntos de referencia do itinerario para facilita-la súa posterior realización e seguimento.
* Prevense itinerarios alternativos para realizar en caso necesario.

1.2.Establece-las medidas preventivas e os recursos necesarios para garanti-lo desenvolvemento da actividade en condicións de seguridade.* Determínanse solucións alternativas para resolve-las posibles continxencias que se poden presentar ó realiza-la ruta en relación a:-Condicións do medio: desprendementos, bloqueos, incendios, aludes, crecidas de ríos, terreos enlamados.
-Clima: treboadas, néboa, nevadas, cambios extremos de temperatura.
-Material: rotura ou perda.
* Os participantes: enfermidade, accidente, medo, angustia.
* Determínanse as medidas preventivas necesarias notificándolles, se é o caso, ós servicios de rescate e asistencia o programa de actividades previsto.
* Disponse do material específico de seguridade para unha posible continxencia tendo en conta as características da actividade.
* Determínanse as características que debe reuni-lo material para garanti-las condicións de seguridade necesarias para o seu uso.
* Determínase a composición da caixa de urxencias necesaria para cada tipoloxía de actividade.
* Identifícanse convenientemente os medicamentos e os materiais de cura que compoñen a caixa de urxencias.

1.3.Recoñecer signos meteorolóxicos, do medio e das persoas, que indiquen situación de perigo e actuar consecuentemente.* A observación de signos naturais e a utilización de instrumentos de medición e documentación técnica permite predici-la evolución meteorolóxica a curto ou medio prazo.

* Permanécese constantemente atento á evolución meteorolóxica e ás condicións do medio, detectando situacións que poidan resultar perigosas e adaptando a actividade en caso necesario.

* Detéctanse a tempo nos clientes signos indicadores de fatiga, insolación, deshidratación ou outros que poidan resultar perigosos, aplicando as medidas de recuperación necesarias.

1.4.Progresar con eficacia e seguridade por sendeiros e itinerarios de baixa/media montaña.* Realízanse marchas en diferentes condicións do medio:-Durante aproximadamente 6 horas.-Cunha mochila de 10 kg.
-A unha velocidade de 4-5 km/h sobre plano.
-Acumulando un desnivel total positivo variable de 1.300 a 1.600 m.
-A un ritmo de 400-500 m/h en ascenso.
* Detéctanse as condicións do medio que poidan resultar perigosas durante a progresión.
* A interpretación de datos obtidos de instrumentos, mapas e signos naturais permite ó técnico orientarse en calquera momento.
* Progrésase en ascenso e descenso en diferentes tipos de terreo.

RealizaciónsCriterios de realización

1.5.Informar sobre as técnicas de progresión e as características do material, do itinerario e da zona, sensibilizando o cliente cara ós aspectos de conservación do medio.* O grupo recibe previamente e sobre a marcha indicacións claras sobre:-As características e prestacións do material.-A actuación para seguir nas vías e cruzamentos, demoras, obstáculos e posibles accidentes.-A forma de aseguramento en pasos difíciles.
-Os trazados para seguir en cada momento.
-A técnica de progresión máis adecuada en función das características do terreo.
* A demostración consegue a comprensión e coñecemento adecuados por parte dos clientes. A demostración inclúe:
-Técnicas de ascenso e descenso.
-Técnicas de aseguramento.
-Posicións adecuadas en diferentes situacións.
-Manobras para a superación de obstáculos.
* A información que recibe o grupo permítelle coñece-los aspectos máis significativos en relación a:
-Itinerario: etapas, horarios previstos, descansos, lugares que poidan presentar algunha dificultade ou especial interese, etc.
-Flora, fauna, clima predominante e características da zona.
-Espacios protexidos.
-Realidade sociocultural da zona.
* A comunicación realízase de forma amena e comprensible, mantendo o interese do grupo e orientando a información ás súas preferencias predominantes.
* Disponse de recursos informativos de interese para a actividade e, se é o caso, xestiónase previamente a súa utilización.
* Infórmase sobre as normas de protección de espacios naturais asegurándose de que en todo momento se cumpre a regulamentación ó respecto.
* Foméntase que o grupo teña unha conducta respectuosa co medio e a ruta se manteña nas mesmas condicións anteriores ó seu paso.

1.6.Guiar, organizar e anima-lo grupo adaptándose ás características dos seus integrantes.* Compróbase a experiencia previa e o nivel dos clientes co fin de asegura-lo desenvolvemento da actividade.

* Os compoñentes do grupo dispoñen de avituallamento e o material necesario para o percorrido.

* Compróbase que os equipos, vestimenta, calzado, mochila e materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade están nas condicións adecuadas para o seu uso, realizando en caso necesario as reparacións de urxencia.
* O itinerario programado realízase adaptando o ritmo e os descansos ás necesidades do grupo.
* A situación do técnico permite en todo momento controla-lo grupo e da-las indicacións necesarias.
* Na organización do grupo e distribución de tarefas téñense en conta as preferencias e posibilidades de cada participante.
* Dinamízase o grupo mantendo o interese pola actividade e promovendo relacións positivas entre os participantes.
* Nos terreos que presentan dificultade, reagrúpanse os participantes facilitando a axuda necesaria.

1.7.Organizar actividades complementarias de carácter lúdico para realizar nas horas de descanso.* As actividades propostas adáptanse ás condicións do medio e ás características dos participantes.

* Organízanse actividades variadas e motivantes de forma que fomenten a cohesión do grupo.

* Explícanse de forma clara e atractiva as condicións ou regras do xogo ou actividade.
* Dinamízase o grupo durante a realización da actividade.
* Cando se detecte a perda de interese pola actividade propóñense modificacións alternativas que manteñan o nivel de motivación.

1.8.Seleccionar unha localización segura e organizar unha zona para pasa-la noite respectando a normativa vixente.* A zona escollida está protexida de perigos naturais (caídas de pedra, crecidas de río, etc.) e a distribución das tendas foi a adecuada.

* Respéctanse en todo momento as normas de conservación de espacios naturais.

* Organízanse os lugares máis adecuados para realiza-los diversos servicios (cociña, comedor, latrinas).
* Asegúrase previamente da dispoñibilidade da zona para pasa-la noite e, se é o caso, disponse dos permisos necesarios.

1.9.Aplica-los métodos de aseguramento e realiza-lo salvamento de persoas, en caso de accidente, cando as condicións o permitan.* Determínase a técnica de aseguramento e o material que se vai utilizar a partir da valoración das condicións do medio e das persoas.

* En situacións que poidan comportar perigo:-Realízase a instalación de medidas de seguridade en función das características do medio e do material dispoñible.

RealizaciónsCriterios de realización

-Realízase o encordamento da/s persoa/s, colocando o arnés de fortuna e realizando o nó de seguridade.
-Aplícase o método de aseguramento máis adecuado en función da instalación realizada, o material dispoñible e as condicións do terreo.
* En situacións de accidente onde as condicións permitan realiza-lo salvamento sen axuda exterior:
-Valóranse as condicións do medio, das persoas e das posibilidades do material e decídese a técnica de salvamento e aseguramento que se vai realizar.
-Instálanse rápel ou polipastos para descender ou ascender ata o lugar do accidentado.
-Asegúrase o accidentado e recupérase realizando as manobras de ascenso/descenso e/ou franqueo.

1.10.Aplica-los primeiros auxilios a enfermos e accidentados e coordina-lo traslado en caso necesario.* Identifícase o estado de gravidade dos enfermos ou accidentados, establecendo a prioridade de atención e/ou evacuación.

* Aplícanse os coidados de urxencia seguindo os protocolos e pautas de actuación establecidos.

* Cando a situación o require establécese comunicación cos servicios de asistencia e/ou rescate.
* A evacuación e/ou traslado do enfermo ou accidentado realízase en condicións de seguridade e utilizando o sistema máis adecuado á lesión e nivel de gravidade.

1.11.Dirixi-lo grupo en situacións difíciles ou extremas e organiza-las medidas de supervivencia que aseguren as necesidades de alimentación, hidratación e refuxio.* En situacións de perigo evidente ou subxectivo, os participantes reciben indicacións claras sobre as accións e o comportamento que se deben seguir.

* Optimízase o uso dos recursos dispoñibles, materiais e humanos, para saír da situación de perigo.

* Transmítese confianza e seguridade desdramatizando a situación.
* En caso necesario, organízase un refuxio improvisado nas máximas condicións de seguridade.
* Procúrase o aprovisionamento de auga e alimentos a partir de recursos naturais e procedementos de fortuna.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Medios de transporte. Refuxios de montaña, albergues, instalacións hoteleiras. Sendeiros e zonas de baixa/media montaña. Zonas de acampada. Medios de comunicación (radiotransmisores e outros). Medios de socorro profesionais (ambulancia, helicópteros...). Medios de fortuna (para inmobilizar e transportar). Asistencia médica. Caixa de urxencias.

-Materiais empregados:

Material de seguridade: cordas, mosquetóns, cordinos auxiliares. Material de acampada e persoal: tendas de campaña de diferentes modelos, sacos de durmir, fundas de vivac, esteiras illantes, mochilas, cantimploras, lanternas, vestimenta adecuada, calzado de treking, impermeable. Material de orientación: mapas da zona, compás, medidor de distancias, altímetro, termómetro.

-Resultados intermedios:

Trámites para utilizar instalacións. Recoñecemento do medio ou a instalación.

-Resultados do traballo:

Conducción e animación de grupos por sendeiros e zonas de baixa/media montaña. Animación de veladas e tempos de descanso. Adopción de medidas de seguridade. Prevención de accidentes. Valoración do estado de gravidade do enfermo. Administración dos primeiros auxilios. Organización do rescate ou eva

cuación con medios propios ou alleos. Comunicación cos medios de rescate.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de progresión en montaña por terreos marcados, camiños, canteiras, etc. Procedementos de control de riscos. Técnicas de aseguramento. Técnicas de lectura e interpretación de mapas. Técnicas de orientación. Técnicas de observación e interpretación meteorolóxica. Técnicas de dinámica de grupos. Técnicas de seguridade e salvamento. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de inmobilización e traslado de accidentados con medios de fortuna. Técnicas de autorrescate. Técnicas de supervivencia. Técnicas de comunicación por radio. Procedementos de actuación en rescate aéreo.

-Información:

Mapas topográficos de excursionismo e do exército, mapas urbanísticos, mapas de estradas. Guías de itinerarios. Guías de xeoloxía, botánica e fauna. Información meteorolóxica e xeográfica. Simboloxía de sendeiros. Localización de centros de asistencia e rescate: direccións, teléfonos e frecuencias de acceso. Guías de aloxamentos e restauración. Información sobre necesidades e motivacións dos participantes. Documentación para clientes: contratos, facturas, recibos, cartas en xeral. Documentación técnica de materiais. Programación. Enquisas sobre a actividade. Fichas con datos de cada usuario. Partes de accidentes. Protocolos de actuación de primeiros auxilios. Protocolos de actuación en salvamento en montaña. Información sobre os medios de socorro da zona e sistemas de comunicación con eles. Canles e frecuencias radiofónicas para comunicación. Mapas topográficos. Informes meteorolóxicos. Guías de xeoloxía, botánica e fauna.

-Actividades concernidas:

Sendeirismo. Excursionismo por baixa e media montaña, exceptuando os terreos que requiran para a progresión a utilización de técnicas ou material de escalada e alpinismo. Realización de itinerarios de observación da natureza. Realización de itinerarios para o coñecemento do contorno sociocultural. Actividades de agroturismo. Actividades de ecoturismo. Aseguramento de persoas en situacións de perigo. Rescate de persoas cando as condicións do medio o permitan. Aplicación de primeiros auxilios. Colaboración cos equipos de rescate externo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Empresas turísticas. Empresas de servicios deportivos. Axencias de viaxes. Entidades públicas de carácter social, deportivo e recreativo. Colexios. Clubs ou asociacións. Empresas de xestión de parques naturais. Clientes individuais.

2.5.2. Unidade de competencia 2: conducir clientes en bicicleta por itinerarios no medio natural.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Establece-lo itinerario da actividade tendo en conta as características dos usuarios e as condicións do medio.* Identifícanse as características dos usuarios e os seus intereses.

* Selecciónase a documentación necesaria para establece-la ruta: mapas, indicacións técnicas, guías descritivas da zona.

* O itinerario programado asegura ou prevé:

RealizaciónsCriterios de realización

-A satisfacción dos usuarios.
-Que o grao de dificultade se adapta ás características dos participantes.
-A súa idoneidade desde a óptica das características naturais e paisaxísticas.
-Condicións aceptables de seguridade.
-O custo previsto.
-A adecuación ós medios dispoñibles.
-A duración nas marxes previstas.
-Os períodos e zonas de descanso necesarias.
-O avituallamento preciso.
* Determínanse os puntos de referencia do itinerario para facilita-la súa posterior realización e seguimento.
* Prevense itinerarios alternativos para realizar en caso necesario.

2.2.Prepara-lo material, acondiciona-la bicicleta e realiza-lo seu mantemento preventivo con destreza e eficacia.* Disponse do material necesario para realiza-las reparacións de urxencia, así como o material de orientación, de comunicación e o de uso persoal.
* Compróbase antes e despois da realización do itinerario:
-O funcionamento dos cambios, freos e dirección.
-A infladura dos pneumáticos e a montaxe das rodas.
* En caso necesario realízanse as reparacións de urxencia de xeito que permitan finaliza-lo itinerario en condicións de seguridade.
* Distribúese correctamente a equipaxe na bicicleta.
* Adáptase o tamaño das bicicletas ás características dos usuarios.
* Ó finaliza-lo itinerario, compróbase e, se é o caso, acondiciónase:
-A engraxe da cadea.
-A tensión dos radios.
-O estado das lamias.
-O desgaste da cuberta.
-A sincronización dos cambios.
-Os desaxustes na dirección, caixa de pedais, guiadores e asento.
-A inexistencia de fendas no cadro.
-Os axustes dos parafusos.

2.3.Conduci-la bicicleta por terreos de diferentes características con eficacia e seguridade.* Manéxase a bicicleta para supera-las diferentes condicións do terreo:-Pedaleando constantemente sentado e de pé.-Erguendo a roda dianteira, a traseira e ámbalas dúas á vez.
-Derrapando en ascensos sen dete-lo pedaleo.
-Derrapando en descensos sen pó-lo pé no chan.
-Subindo e descendendo da bicicleta en marcha.
-Introducindo e sacando o pé dos pedais automáticos sen dete-lo pedaleo.
-Detendo a bicicleta en terreos esvarantes sen derrapar.
-Andando e correndo coa bicicleta ó lombo e a un lado.
-Mantendo o equilibrio sobre a bicicleta parada.
-Usando os cambios por separado e simultaneamente en tódalas situacións.
-Desprendéndose da bicicleta, en caso necesario, sen consecuencias físicas persoais.

2.4.Informar sobre as técnicas de conducción e as características da bicicleta, do itinerario e da zona, sensibilizando o cliente cara ós aspectos de conservación do medio.* O grupo recibe previamente e sobre a marcha indicacións claras sobre:-As características e prestacións da bicicleta.-A actuación para seguir nas vías e cruzamentos, demoras, obstáculos e posibles accidentes.-Os trazados para seguir en cada momento.
-A forma e o momento de realiza-lo cambio de marchas e/ou modifica-lo desenvolvemento.
-A posición máis adecuada sobre a bicicleta.
-Os sistemas de freada que se deben utilizar en cada caso.
* A demostración de conducción adáptase ó nivel de comprensión dos clientes e inclúe:
-Técnicas de equilibrio e propulsión da bicicleta en subidas e baixadas.
-Manobras para a superación de obstáculos.
-Manobras de freada e derrapaxe.
-Posicións adecuadas en diferentes situacións.
-A forma de realiza-lo cambio de marchas e modifica-lo desenvolvemento en diferentes situacións.
* A información que recibe o grupo permítelle coñece-los aspectos máis significativos en relación a:
-Itinerario: etapas, horarios previstos, descansos, lugares que poidan presentar algunha dificultade ou especial interese, etc.
-Flora, fauna, clima predominante e características da zona.
-Espacios protexidos.
-Realidade sociocultural da zona.

RealizaciónsCriterios de realización

* A comunicación realízase de forma amena e comprensible, orientando a información cara ás preferencias predominantes e mantendo o interese do grupo.
* Disponse de recursos informativos de interese para a actividade e, se é o caso, xestiónase previamente a súa utilización.
* Infórmase sobre as normas de protección de espacios naturais asegurándose de que en todo momento se cumpre a regulamentación ó respecto.
* Foméntase que o grupo teña unha conducta respectuosa co medio e a ruta se manteña nas mesmas condicións anteriores o seu paso.

2.5.Guiar, organizar e anima-lo grupo adaptándose ás características dos seus integrantes.* Compróbase o nivel de destreza dos usuarios respecto á conducción da bicicleta, co fin de asegura-la viabilidade da actividade.

* Os compoñentes do grupo dispoñen do avituallamento e do material necesario para o percorrido previsto.

* Compróbase que os equipos, vestimenta e materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade están nas condicións adecuadas para o seu uso, realizando en caso necesario as reparacións de urxencia.
* O itinerario programado realízase adaptando o ritmo e os descansos ás necesidades do grupo.
* A situación do técnico permite en todo momento controla-lo grupo e da-las indicacións necesarias.
* A observación de signos naturais e a utilización de instrumentos e mapas permite coñecer en calquera momento e circunstancias a situación do grupo.
* A observación de signos naturais e a utilización de instrumentos de medición e documentación técnica permite predici-la evolución meteorolóxica a curto e medio prazo.
* Na organización do grupo e distribución de tarefas téñense en conta as preferencias e posibilidades de cada participante.
* Dinamízase o grupo mantendo o interese pola actividade e promovendo relacións positivas entre os participantes.
* Nos terreos que presenten dificultade reagrúpanse os participantes facilitando a axuda necesaria.

2.6.Aplica-los primeiros auxilios a enfermos e accidentados e coordina-lo traslado en caso necesario.* Valórase o estado de gravidade dos enfermos ou accidentados, establecendo a prioridade de atención e/ou evacuación.

* Aplícanse os coidados de urxencia seguindo os protocolos e pautas de actuación establecidos.

* Cando a situación o require, establécese comunicación cos servicios de asistencia e/ou rescate.
* A evacuación e/ou traslado do enfermo ou accidentado realízase en condicións de seguridade e utilizando o sistema máis adecuado á lesión e nivel de gravidade.

2.7.Dirixi-lo grupo en situacións difíciles ou extremas e organiza-las medidas de supervivencia que aseguren as necesidades de alimentación, hidratación e refuxio.* En situacións de perigo evidente ou subxectivo, os participantes reciben indicacións claras sobre as accións e o comportamento que se debe seguir.

* Optimízase o uso dos recursos dispoñibles, materiais e humanos, para saír da situación de perigo.

* Transmítese confianza e seguridade desdramatizando a situación.
* En caso necesario, organízase un refuxio improvisado nas máximas condicións de seguridade.
* Procúrase o aprovisionamento de auga e alimentos a partir de recursos naturais e procedementos de fortuna.

2.8.Organizar actividades complementarias de carácter lúdico para realizar nas horas de descanso.* As actividades propostas adáptanse ás condicións do medio e ás características dos participantes.

* Organízanse actividades variadas e motivantes de forma que fomenten a cohesión do grupo.

* Explícanse de forma clara e atractiva as condicións ou regras e o desenvolvemento do xogo ou actividade.
* Dinamízase o grupo durante a realización da actividade.
* Cando se detecte a perda de interese pola actividade, propóñense modificacións alternativas que manteñan o nivel de motivación.

2.9.Seleccionar unha localización segura e organizar unha zona para pasa-la noite respectando a normativa vixente.* A zona escollida está protexida de perigos naturais (caídas de pedra, crecidas de río, etc.) e a distribución das tendas é a adecuada.

* En todo momento respéctanse as normas de conservación de espacios naturais.

* Organízanse os lugares máis adecuados para realiza-los diversos servicios (cociña, comedor, latrinas).

RealizaciónsCriterios de realización

* Asegúrase previamente a dispoñibilidade da zona para pasa-la noite e, se é o caso, disponse dos permisos necesarios.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Vehículos de apoio (4x4, furgoneta, remolque). Medios de transporte. Bicicletas. Vestiarios. Almacén e taller. Refuxios de montaña. Albergues. Instalacións hoteleiras. Zonas de acampada. Sendeiros e zonas de baixa/media montaña. Radiotransmisores.

-Materiais empregados:

Bicicleta. Equipo persoal: casco homologado, lentes, luvas, culotte, maillot, calzado, impermeable, mochila, etc. Material de reparación e mantemento: caixa completa de ferramentas para tódalas pezas da bicicleta, xogo de ferramentas portátil, cámaras, cubertas, cables de freo e de cambio, lubricante e desoxidante, bomba de aire de pé, etc. Material de orientación e medición: mapas, compás, medidor de distancias, altímetro e termómetro, etc. Material de acampada: saco de durmir, funda de vivac, esteira illante, tenda de campaña, lanterna frontal, cantimplora, etc. Caixa de primeiros auxilios.

-Resultados intermedios:

Tramitación dos medios necesarios para a actividade. Identificación do nivel dos participantes.

-Resultados do traballo:

Conducción de ciclistas garantindo a seguridade e a adaptación ó nivel dos participantes. Transmisión de instruccións sobre aspectos básicos de conducción da bicicleta.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de recoñecemento do nivel dos participantes. Técnicas de conducción de bicicleta de montaña. Técnicas de reparación e mantemento do material. Técnicas de orientación. Técnicas de valoración da calidade dos productos, medios e materiais empregados. Técnicas de observación e interpretación meteorolóxica. Técnicas de dinámica de grupos. Técnicas de lectura e interpretación de mapas. Técnicas de seguridade e salvamento. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de autorrescate. Técnicas de supervivencia.

-Actividades concernidas:

Realización de itinerarios en bicicleta por estradas, camiños, sendeiros e zonas de baixa/media montaña nos límites previstos polas normativas ó respecto. Itinerarios de observación da natureza. Itinerarios de coñecemento do contorno sociocultural. Actividades de agroturismo. Actividades de ecoturismo.

-Información:

Mapas topográficos de excursionismo e do exército, mapas urbanísticos, mapas de estradas. Guías de itinerarios. Guías de xeoloxía, botánica e fauna. Información meteorolóxica e xeográfica. Simboloxía de sendeiros. Localización de centros de asistencia e rescate:

direccións, teléfonos e frecuencias de acceso. Guías de aloxamentos e restauración. Normativas relacionadas co medio natural. Información sobre necesidades e motivacións dos participantes. Documentación para clientes: contratos, facturas, recibos, cartas en xeral. Documentación técnica de materiais. Programación. Enquisas sobre a actividade. Fichas con datos de usuarios.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Empresas turísticas. Empresas de servicios deportivos. Axencias de viaxes. Entidades públicas de carácter social, deportivo e recreativo. Colexios. Clubs ou asociacións. Empresas de xestión de parques naturais. Clientes individuais.

2.5.3. Unidade de competencia 3: conducir clientes dacabalo por itinerarios no medio natural:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Establece-lo itinerario da actividade tendo en conta as características dos usuarios e as condicións do medio.* Identifícanse as características dos usuarios e os seus intereses.

* Selecciónase a documentación necesaria para establece-la ruta: mapas, indicacións técnicas, guías descritivas da zona.

* O itinerario programado asegura ou prevé:
-A satisfacción dos usuarios.
-Que o grao de dificultade se adapta ás características dos participantes.
-A súa idoneidade desde a óptica das características naturais e paisaxísticas.
-Condicións aceptables de seguridade.
-O custo previsto.
-A adecuación ós medios dispoñibles.
-A duración nas marxes previstas.
-Os períodos e zonas de descanso necesarias.
-O avituallamento preciso.
* Determínanse os puntos de referencia do itinerario para facilita-la súa posterior realización e seguimento.
* Prevense itinerarios alternativos para realizar en caso necesario.
* Localízanse os puntos de asistencia veterinaria máis próximos.

3.2.Prepara-lo material, acondiciona-los cabalos e encargarse do seu mantemento.* Prepárase o cabalo para a marcha colocando: a manta, o petral, a montura, as alforxas, as rendas, as bridas, a cabezada e o material necesario para a súa manutención durante a súa duración.
* Cando o percorrido o requira, prepárase o cabalo de reata e colócanse as alforxas ó ganduxo.
* Realízase o embarque e desembarque de cabalos nos vehículos de transporte cando as condicións do itinerario o requiran.
* En caso necesario realízanse as reparacións e/ou reposicións de ferraxe e gornición que permitan finaliza-lo itinerario en condicións de seguridade.
* A caixa de urxencias contén o material e substancias necesarias para atende-lo cabalo nas súas lesións externas.
* Cando a situación o requira adminístranselle os primeiros auxilios ó cabalo e, en caso necesario, organízase a súa repatriación.
* Prevense os alimentos e a cantidade de auga necesaria para os cabalos, así como os lugares onde adquirilos.
* Asegúranse os cabalos na zona de acampada, acondicionando a súa estancia ó aire libre ou en cuberto.
* Disponse do material necesario de orientación, comunicacións e o de uso persoal.

3.3.Cabalgar con equilibrio e soltura nos diferentes aires en monta de exterior por terreos de diferentes características.* Mantense o equilibrio nos diferentes aires (paso, trote e galope) regulando a impulsión e a dirección en calquera terreo.

* Na monta:-Mantense a posición correcta desde a óptica de saúde e estilo.

-O cabalo responde satisfactoriamente ás ordes de paso, trote e galope.
-O cabalo é tratado con seguridade e amabilidade.
* Cando a situación o require:
-Móntase e desmóntase pola dereita ou a esquerda e movéndose na montura con total facilidade.

RealizaciónsCriterios de realización

-Supéranse os obstáculos naturais e artificiais, montando ou desmontando, levando incluso o cabalo de reata.
-Axúdase a coloca-lo material no cabalo do cliente, montado ou desmontado.
-Mantense a marcha desmontado co cabalo a dous trancos (uns tres metros) do guía.
-Obrígase o cabalo a realizar toda a marcha e salvar obstáculos co xinete desmontado.

3.4.Informar sobre as técnicas de equitación e as características do cabalo, do itinerario e da zona, sensibilizando o cliente cara ós aspectos de conservación do medio.* O grupo recibe previamente e sobre a marcha indicacións claras sobre:-As características e os costumes do cabalo.-A actuación para seguir nas vías e cruzamentos, demoras, obstáculos e posibles accidentes.-Os trazados para seguir en cada momento.
-A posición máis adecuada sobre o cabalo en relación ó terreo que percorre.
* A demostración da conducción do cabalo inclúe:
-Posición adecuada no cabalo.
-Forma de montar e desmontar.
-Manobras e sinais para transmiti-las ordes de avance, parada e cambio de dirección.
-Actuación en caso de caída ou descontrol do cabalo.
* A información que recibe o grupo permítelle coñece-los aspectos máis significativos en relación a:
-Itinerario: etapas, horarios previstos, descansos, lugares que poidan presentar algunha dificultade ou especial interese, etc.
-Flora, fauna, clima predominante e características da zona.
-Espacios protexidos.
-Realidade sociocultural da zona.
* A comunicación realízase de forma amena e comprensible, orientando a información cara ás preferencias predominantes e mantendo o interese do grupo.
* Disponse de recursos informativos de interese para a actividade e, se é o caso, xestiónase previamente a súa utilización.
* Infórmase sobre as normas de protección de espacios naturais asegurándose que en todo momento se cumpre a regulamentación ó respecto.
* Foméntase que o grupo teña unha conducta respectuosa co medio e a ruta se manteña nas mesmas condicións anteriores ó seu paso.

3.5.Guiar, organizar e anima-lo grupo adaptándose ás características dos seus integrantes.* Compróbase o nivel de destreza dos usuarios respecto á monta e conducción de cabalos, co fin de asegura-la viabilidade da actividade.
* Os compoñentes do grupo dispoñen do avituallamento e o material necesario para o percorrido.
* Compróbase que os equipos, vestimenta e materiais necesarios para o desenvolvemento da actividade están nas condicións adecuadas para o seu uso, realizando en caso necesario as reparacións de urxencia.
* Asígnanse os cabalos ó grupo tendo en conta:
-As características do xinete e a súa destreza co cabalo.
-As características do cabalo.
* Axúdase a montar ós clientes no cabalo.
* O itinerario programado realízase adaptando o ritmo e os descansos ás necesidades do grupo.
* A situación do técnico permite en todo momento controla-lo grupo e da-las indicacións necesarias.
* A observación de signos naturais e a utilización de instrumentos e mapas permite coñecer en calquera momento e circunstancias a situación do grupo.
* A observación de signos naturais e a utilización de instrumentos de medición e documentación técnica permite predici-la evolución climática a curto e medio prazo.
* Na organización do grupo e distribución de tarefas téñense en conta as preferencias e posibilidades de cada participante.
* Dinamízase o grupo mantendo o interese pola actividade e promovendo relacións positivas entre os participantes.
* Nos terreos que presentan dificultade reagrúpanse os participantes facilitando a axuda necesaria.

3.6.Organizar actividades complementarias de carácter lúdico para realizar nas horas de descanso.* As actividades propostas adáptanse ás condicións do medio e ás características dos participantes.

* Organízanse actividades variadas e motivantes de forma que fomenten a cohesión do grupo.

* Explícanse de forma clara e atractiva as condicións ou regras e o desenvolvemento do xogo ou actividade.

RealizaciónsCriterios de realización

* Dinamízase o grupo durante a realización da actividade.
* Cando se detecte a perda de interese pola actividade propóñense modificacións alternativas que manteñan o nivel de motivación.

3.7.Aplica-los primeiros auxilios a enfermos e accidentados e coordina-lo traslado en caso necesario.* Valórase o estado de gravidade dos enfermos ou accidentados, establecendo a prioridade de atención e/ou evacuación.

* Aplícanse os coidados de urxencia seguindo os protocolos e pautas de actuación establecidos.

* Cando a situación o require, establécese comunicación cos servicios de asistencia e/ou rescate.
* A evacuación e/ou traslado do enfermo realízase en condicións de seguridade e utilizando o sistema máis adecuado á lesión e nivel de gravidade.

3.8.Dirixi-lo grupo en situacións difíciles ou extremas e organiza-las medidas de supervivencia que aseguren as necesidades de alimentación, hidratación e refuxio.* En situacións de perigo evidente ou subxectivo, os participantes reciben indicacións claras sobre as accións e o comportamento que se debe seguir.

* Optimízase o uso dos recursos dispoñibles, materiais e humanos, para saír da situación de perigo.

* Transmítese confianza e seguridade desdramatizando a situación.
* En caso necesario, organízase un refuxio improvisado nas máximas condicións de seguridade.
* Procúrase o aprovisionamento de auga e alimentos a partir de recursos naturais e procedementos de fortuna.

3.9.Seleccionar unha localización segura e organizar unha zona para pasa-la noite sen infrinxi-la normativa vixente.* A zona escollida está protexida de perigos naturais (caídas de pedra, crecidas de río, etc.) e a distribución das tendas é a adecuada.

* En todo momento se respectan as normas de conservación de espacios naturais.

* Organízanse os lugares máis adecuados para realiza-los diversos servicios (cociña, comedor, latrinas).
* Asegúrase previamente da dispoñibilidade da zona para pasa-la noite e, se é o caso, dispóñense os permisos necesarios.
* Asegúranse os cabalos na zona de acampada acondicionando a súa estandía.

Dominio profesional

-Medios de prestación do servicio:

Vehículos de apoio (4x4, remolque para cabalos). Medios de transporte. Cabalos. Instalacións: centros hípicos, sendeiros e zonas de baixa/media montaña, albergues con cortes. Medios de comunicación: radiotransmisores.

-Materiais empregados:

Material do cabalo: manta, petral, montura, alforxas, bolsa cebadeira, rendas, bridas, cabezada, cabestro, bornal, caldeiro encartable, etc. Material de orientación e medición: mapas, compás, medidor de distancias, altímetro, termómetro, etc. Material de acampada: saco de durmir, funda de vivac, esteira illante, tenda de campaña, lanterna frontal, cantimplora, etc. Caixa de primeiros auxilios.

-Resultados intermedios:

Identificación do nivel dos xinetes. Asignación dun cabalo adecuado ó nivel do xinete. Tramitación do uso de instalacións.

-Resultados do traballo:

Conducción de todo tipo de clientes por rutas ecuestres. Transmisión de instruccións de aspectos básicos sobre monta e trato do cabalo.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de identificación do nivel dos participantes. Técnicas básicas de reparación de coiro e ferraxes.

Técnicas de orientación. Técnicas de valoración da calidade dos productos, medios e materiais empregados. Técnicas de equitación: montar nos tres aires en calquera terreo, cabalgar sen estribos ó paso, ó trote e ó medio galope, realizar figuras xeométricas ó paso e ó trote, saltar valos de ata 0,7 m ó trote e ó medio galope. Mantenza e coidados básicos do cabalo. Técnicas de observación e interpretación meteorolóxica. Técnicas de dinámica de grupos. Técnicas de lectura e interpretación de mapas. Técnicas de seguridade e salvamento. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de autorrescate. Técnicas de supervivencia.

-Actividades concernidas:

Conducción/acompañamento de clientes/grupos dacabalo por camiños, sendeiros e zonas de baixa/media montaña nos límites previstos polas normativas ó respecto. Itinerarios de observación da natureza. Itinerarios de coñecemento do contorno sociocultural. Actividades de agroturismo. Actividades de ecoturismo.

-Información:

Mapas topográficos de excursionismo e do exército, mapas urbanísticos, mapas de estradas. Guías de itinerarios. Guías de xeoloxía, botánica e fauna. Información meteorolóxica e xeográfica. Simboloxía de sendeiros. Localización de centros de asistencia e rescate: direccións, teléfonos e frecuencias de acceso. Guías de aloxamentos e restauración. Normativas relacionadas co medio natural. Información sobre necesidades e motivacións dos participantes. Documentación para clientes: contratos, facturas, recibos, cartas en xeral. Documentación técnica de materiais. Programación. Enquisas sobre a actividade. Fichas con datos de cada usuario.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Empresas turísticas. Empresas de servicios deportivos. Axencias de viaxes. Entidades públicas de carácter social, deportivo e recreativo. Colexios. Clubs ou asociacións. Empresas de xestión de parques naturais. Clientes individuais.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

* Realízase a análise previa á implantación, valorando:

-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-A necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo a formación, experiencia e condicións actitudinais, se proceden.

4.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identifícanse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo os máis habituais no sector.

* Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

4.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Establécese un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos) elabóranse no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas e outras).

4.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tense en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.

* Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

* A participación en feiras e exposicións permite establece-las vías de distribución dos diversos productos ou servicios.

4.5.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Téñense en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume de pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes téñense en conta:
-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobramento.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.

4.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respóndense satisfactoriamente ás súas demandas, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunícaselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que lles poida interesar.

4.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identifícase a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais:
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas TC1, TC2, alta en IAE. Libros con

tables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

No sector das actividades deportivas recreativas prevese un aumento da actividade empresarial, debido a unha demanda cada vez máis importante das actividades que se realizan no marco do medio natural.

A demanda destas actividades vén condicionada entre outros factores, por maior poder adquisitivo nalgúns sectores da poboación, un aumento progresivo do tempo de lecer e unha maior ocupación del na práctica de actividades físicas e deportivas, sobre todo, aquelas que comportan un certo risco ou teñen compoñentes de aventura.

Por outro lado, a tendencia á despoboación que existe en zonas rurais, especialmente de montaña, provocou que as diferentes administracións potencien o deporte de aventura como unha parte importante das ofertas turísticas de promoción da zona. Esta oferta de actividades permite, pola súa banda, xerar emprego para a poboación nova da comarca, moitas veces complementario da actividade laboral principal.

As actividades de aventura están adquirindo nos últimos tempos unha significación importante para o desenvolvemento do sector turístico. As características xeográficas do noso país resultan especialmente atractivas para o mercado doutros países europeos con gran demanda e tradición na práctica destas actividades.

No ámbito organizativo, é previsible que, ante o aumento da demanda, exista a tendencia a ofrecer estas actividades, desde pequenas ou medianas empresas de servicios deportivos, nas que este técnico desenvolverá a súa actividade profesional.

É de esperar tamén que a demanda fluctúe cara a un tipo ou outro de actividades respondendo ás modas, ás promocións dun producto determinado ou

ás variacións técnicas que comporten unha nova modalidade da mesma actividade.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

As actividades profesionais deste técnico variarán en función da introducción de novas modas ou a especialización cara a unha actividade concreta.

Cando a actividade laboral se realiza desde o seo dunha empresa é previsible que a actividade técnica se oriente cara a un tipo determinado de actividades ou poboación.

2.6.3. Cambios na formación:

As necesidades de formación que poderían deducirse dos cambios nas actividades profesionais do sector van dirixidas a adquiri-los coñecementos que se deriven das novas modalidades ou variacións técnicas que aparezan.

A incorporación de novos elementos ou materiais que permitan novas prestacións nas bicicletas requirirá dunha formación permanente nestes aspectos, para poder ofrecer uns productos acordes coas demandas do momento.

Por outro lado, será necesaria a adquisición de coñecementos relacionados coa informática e coas linguas estranxeiras, que adquirirán gran importancia para o desenvolvemento do seu traballo en determinados ámbitos turísticos.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá a súa actividade no campo do turismo e o lecer, prestando servicios de acompañamento a clientes particulares ou grupos organizados que desexen realizar actividades lúdicodeportivas que se desenvolven no medio natural: medio terrestre en xeral, baixa e media montaña, etc.

Os distintos tipos de empresas onde pode desenvolve-lo seu traballo son:

* Empresas de actividades de aventuras.

* Empresas turísticas: hoteis, cámpings, albergues ou casas de colonias, refuxios.

* Axencias de viaxes.

* Empresas de xestión de parques naturais ou zonas protexidas.

* Clubs deportivos.

* Escolas.

* Estacións de esquí con oferta complementaria de actividades fóra de temporada.

* Entidades públicas que ofrezan programas de actividades no medio natural.

Este técnico pode exercer como autónomo ofrecendo os seus servicios a estas empresas ou traballar como contratado nelas.

Para exerce-la súa actividade neste campo, este técnico posuirá estabilidade emocional e temperamental e unha aptitude física que lle permita desenvolverse con seguridade e eficacia.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura localízase nos procesos de conducción e animación de grupos/clientes e nas funcións/subfuncións de organización e realización de actividades de sendeirismo, excursionismo, itinerarios en bicicleta e rutas ecuestres.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen os seguintes eidos:

* Comunicación e dinámica de grupos.

* Características fisiolóxicas do esforzo en montaña.

* Coñecementos do medio natural.

* Técnicas de progresión en montaña.

* Técnicas de orientación e meteoroloxía.

* Técnicas de seguridade.

* Seguridade, rescate e primeiros auxilios na montaña.

* Técnicas de ciclismo.

* Técnicas de equitación básica e coidado de cabalerías.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Acompañador de montaña.

* Guía de turismo ecuestre.

* Guía de itinerarios en bicicleta.

* Coordinador de actividades de conducción/guía en empresas turísticas ou entidades públicas ou privadas de actividades na natureza.

* Promotor de actividades de conducción/guía en clubs ou asociacións.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Implementar actividades de conducción de grupos, establecendo a información necesaria sobre a ruta e o itinerario, os medios de transporte, o aloxamento ou zona para pasa-la noite, as visitas e as actividades complementarias, e axustando o servicio prestado en función das posibles continxencias e imprevistos que se presenten, co fin de preparar tódalas actuacións que dean resposta ás necesidades dos clientes.

* Analizar e executa-las operacións necesarias para a conducción de clientes a pé por sendeiros ou zonas de montaña onde non se precise a uti

lización de material ou técnicas de escalada e alpinismo, garantindo a seguridade propia e a dos clientes e motivándoos cara á práctica de actividades fisicodeportivas e a conservación do ambiente.

* Analizar e executa-las operacións necesarias para a conducción de clientes en bicicleta por diferentes tipos de terreos, garantindo a seguridade propia e dos clientes, facendo as reparacións de urxencia necesarias e motivando os participantes cara á práctica de actividades fisicodeportivas e a conservación do ambiente.

* Analizar e executa-las operacións necesarias para a conducción de clientes dacabalo por diferentes tipos de terreo, garantindo a seguridade propia, dos clientes e dos cabalos, así como o coidado e mantenza destes últimos, e motivando os participantes cara á práctica de actividades fisicodeportivas, o coidado dos animais e a conservación do ambiente.

* Avalia-las características e comportamentos dos grupos humanos e aplicar técnicas de dinámica de grupos.

* Verifica-la calidade da actividade realizada, mediante a confrontación dos resultados obtidos cos resultados previstos, valorando as causas ou motivos das posibles desviacións respecto do servicio programado e introducindo as correccións oportunas co fin de que se consigan os obxectivos marcados.

* Aplicar en todo momento as normas de seguridade e hixiene, identificar e previ-los riscos de accidentes e domina-las técnicas de evacuación, rescate acuático e administración de primeiros auxilios.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona as actividades profesionais de conducción, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais e adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as continxencias que se poidan presentar.

* Establecer unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual para transmitir e recibir unha correcta información e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións no contorno de traballo como nas relacións cos clientes.

* Utilizar e buscar fontes de información e formación relacionadas co exercicio da profesión que posibiliten o coñecemento e a inserción no sector das actividades físicas e/ou deportivas e a evolución e adaptación das capacidades profesionais propias ós cambios tecnolóxicos e organizativos que se producirán ó longo de toda a vida activa.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre:

Asociado á unidade de competencia 1: conducir clientes por sendeiros e rutas de baixa e media montaña.

Capacidades terminais elementais

* Planificar e elaborar itinerarios a partir da interpretación de datos obtidos en distintos tipos de mapas e de outra información sobre o medio.

* Elaborar itinerarios adaptándoos ás características do grupo ou cliente determinando o medio de desprazamento, tempos, etapas, desniveis... e interpretando a sinalización dos sendeiros.

* Orientarse en diferentes situacións a partir da interpretación de signos naturais e de datos obtidos de mapas e instrumentos como compases, altímetros e outros accesorios de orientación.

* Describir e manexar adecuadamente o compás, o altímetro e outros instrumentos accesorios de orientación.

* Realizar marchas e/ou carreiras de orientación diúrnas e/ou nocturnas en rutas de baixa e media montaña.

* Analiza-las características do medio e as técnicas de progresión e desprazamento en diferentes tipos de terreo.

* Describi-los indicadores e procedementos que permitan detecta-las condicións do medio que poidan resultar perigosas para o desenvolvemento da actividade.

* Explica-las características do equipo e do material que se debe levar nos diferentes tipos de marchas e determina-la súa adecuada distribución nas mochilas.

* Detectar signos de deterioración e realiza-las reparacións de urxencias en diverso material de montaña.

* Describi-las indicacións que debe recibi-lo grupo antes e durante a marcha.

* Utiliza-los datos dispoñibles para a predicción meteorolóxica e describir fenómenos adversos que permitan presaxiar cambios meteorolóxicos.

* Analiza-las características xeográficas, xeolóxicas, socioeconómicas, biolóxicas e antropolóxicas das zonas nas que se desenvolven as actividades, valorando as propias da Comunidade Autónoma.

* Analiza-las repercusións ambientais da actividade humana nunha zona determinada.

* Elabora-lo material informativo que permita establecer itinerarios de no medio natural.

* Deseñar actividades no medio natural que compatibilicen turismo cultural e deportivo, incorporando os recursos da zona onde se desenvolven.

* Organizar campamentos e elabora-lo programa de actividades en función das características do grupo e os seus obxectivos.

* Describir e realizar actividades segundo a finalidade do campamento: terapéutica, recreativa, deportiva...

* Analiza-la normativa relacionada coa práctica de actividades e a protección ambiental coa finalidade de aplicala.

* Utiliza-lo material de seguridade con destreza, analizando as súas características e aplicacións, e recoñece-los signos de desgaste e anomalías nel.

* Realiza-las técnicas de aseguramento máis adecuadas ás diferentes situacións e circunstancias do medio e das persoas.

* Elabora-los plans de actuación nos que se recollan as medidas necesarias para previr e resolver diferentes situacións de perigo para a seguridade e saúde das persoas.

* Planifica-la supervivencia e executa-las técnicas necesarias para resolver unha situación de emerxencia en condicións de seguridade, empregando os recursos dispoñibles.

* Describi-las normas de comportamento e de utilización de equipos e material de seguridade en diferentes situacións de perigo na montaña: incendios, tormentas, néboas, caídas, desprendementos e bloques, entre outros.

* Manexar diferentes instrumentos e equipos de transmisión, efectuando os controis necesarios que permitan detectar posibles anomalías.

* Identifica-los signos internacionais de SOS, emitir mensaxes pola radio, determinando o tipo de información útil para lles transmitir ós servicios de asistencia en situación de rescate.

* Describi-los síntomas característicos das alteracións máis comúns que poidan resultar perigosas para a saúde das persoas.

* Realiza-las manobras básicas de rescate e aplica-las técnicas de recuperación máis usuais.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Orientación:

* Interpretación de datos obtidos nos instrumentos de orientación e apreciación de distancias e desniveis.

* Orientación con mapa e compás.

Planificación e organización de itinerarios:

* Cálculo do tempo dun percorrido segundo as características do grupo.

* Distribución das cargas na mochila.

* Elaboración de fichas e percorridos.

* Técnicas de instrucción ó grupo.

* Distribución, organización e control do grupo.

* Prevención e control das accións en pasos difíciles ou en situacións de perda.

* Aplicación das técnicas de progresión en diferentes terreos.

* Técnicas básicas de escalada.

Meteoroloxía:

* Interpretación de mapas meteorolóxicos e signos observables.

* Control dos riscos asociados ós fenómenos meteorolóxicos e medidas preventivas.

Ecoloxía e educación ambiental:

* Análise do impacto ambiental das prácticas de actividades físicas no medio natural.

* Visualización e recoñecemento da xeografía, flora e fauna do contorno.

Campamentos e acampadas:

* Análise das características que debe reunir un terreo para a localización de campamentos e acampadas.

* Organización e planificación de xogos e actividades no medio natural.

* Desenvolvemento práctico de construccións con medios naturais.

* Formulación dos obxectivos da acampada, segundo as súas características.

Seguridade e salvamento en montaña:

* Aplicación dos distintos procedementos, segundo protocolos de actuación, para a evacuación de persoas accidentadas.

* Interpretación e manexo dos sinais de SOS.

* Control e manexo dos instrumentos de comunicación.

* Manexo do equipo básico de salvamento na montaña.

* Manexo das técnicas de aseguramento, remonte e transporte de accidentados.

Supervivencia:

* Análise e control da situación de supervivencia.

* Manexo e control do material e equipo de supervivencia.

* Construcción de refuxios improvisados. Vivas.

* Aplicación das técnicas e útiles adecuados para a obtención de auga e alimentos.

Contidos conceptuais

Orientación:

* Medios e instrumentos de orientación.

* Medios naturais.

* O compás.

* Instrumentos accesorios. Curvilímetros.

* Cartografía e tipos de mapas.

Planificación e organización de itinerarios:

* Factores para ter en conta na planificación e organización de itinerarios.

Marcha e travesía:

* Material e equipamento: o calzado.

* Fases da marcha e consellos durante a progresión.

* Tipos de terreo e técnicas de progresión: a escalada básica.

* Material e equipamento.

* Normativa. Tramitación e permisos.

Clima:

* Principios físicos na formación de fenómenos atmosféricos.

* Fenómenos atmosféricos locais e xerais.

* Riscos asociados a fenómenos atmosféricos e medidas preventivas.

Xeografía, clima, flora e fauna da zona:

* Zonas de interese no ámbito comarcal e rexional.

Ecoloxía e educación ambiental:

* Lexislación e normativa de espacios naturais e da práctica de actividades.

* Impacto ambiental deste tipo de práctica.

Xogos e actividades recreativas ó aire libre:

* Tipos de xogos e características. Desenvolvemento práctico.

* Actividades e construccións con medios naturais.

* Aspectos para ter en conta na organización de actividades recreativas.

Campamentos e acampadas:

* O terreo de acampada, infraestructuras e adecuación de espacios.

* Fases do campamento.

* Dinámica do campamento e animación de veladas.

* Tendas de campaña e material. Características.

* Normas de acampada. Tramitación de permisos.

Seguridade e salvamento na montaña:

* Principais riscos en montaña e prevención de accidentes.

* Accidentes: normas de actuación e evacuación.

* Loxística de actuación en rescate.

* Sinais de SOS.

* Instrumentos de comunicación.

* Lexislación.

* Técnicas de aseguramento, remonte e transporte na montaña.

* Material e equipo básico de seguridade na montaña.

Supervivencia:

* Aspectos psicolóxicos da supervivencia.

* Material e equipo de supervivencia.

* Relación de útiles e procedemento para a obtención de auga e alimentos.

Contidos actitudinais

* Valoración do aspecto formativo das actividades no medio natural.

* Aceptación da importancia do traballo previo de organización e planificación nas actividades no medio natural.

* Amosar predisposición positiva ante as actividades de traballo tanto individuais como grupais, así como a cooperación e aceptación das diferentes funcións asignadas dentro da unidade de traballo en equipo.

* Respecto pola conservación do medio natural e participación nas actividades destinadas a preservalo.

* Sensibilidade pola integración de persoas con discapacidades no campo das actividades físicas no medio natural.

* Respecto polas peculiaridades socioculturais da zona na que se desenvolva a actividade.

* Interese pola diversidade xeográfica, da fauna e da flora da zona na que se desenvolve a actividade.

* Valoración da importancia que, para a seguridade das persoas, ten o correcto mantemento do equipamento que se emprega na práctica de actividades no medio natural.

* Predisposición a actuar con rapidez no caso de xurdir algunha continxencia, amosando boa disposición anímica e enteireza.

* Recoñecemento da axuda prestada polos habitantes da zona e agradecemento por ela.

* Valoración da habilidade persoal para dirixir e dinamizar diferentes tipos de actividades no medio natural.

* Actitude crítica co traballo realizado tanto individualmente como en grupo.

3.2.2. Módulo profesional 2: conducción de grupos en bicicleta:

Asociado á unidade de competencia 2: conducir clientes en bicicleta por itinerarios no medio natural.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los procedementos de organización da conducción dun grupo nos itinerarios en bicicleta.

* Planificar, deseñar e propor itinerarios en bicicleta adecuados a un grupo de usuarios dunhas características dadas.

* Determinar, distinguir e utiliza-las indicacións técnicas e de conducción nos itinerarios en bicicleta.

* Analiza-las medidas de control necesarias para garantir un adecuado itinerario en bicicleta.

* Indica-las posibles continxencias que se poden producir en relación ó medio, á bicicleta e ás persoas, así como as solucións previstas.

* Indica-lo material persoal e complementario así como a súa distribución na bicicleta para a realización de itinerarios.

* Analiza-los distintos tipos de bicicleta e os seus compoñentes, determinando as características e a súa funcionalidade.

* Prepara-las bicicletas adaptándoas ás condicións dos distintos conductores, terreos e cargas que se transporten.

* Detectar e diagnosticar avarías nas bicicletas, realiza-las operacións para a súa resolución e aplica-las medidas de mantemento necesarias para a súa prevención.

* Analiza-las diferentes técnicas para aplicar na conducción de bicicletas e selecciona-la máis adecuada a cada tipo de terreo.

* Conduci-la bicicleta con seguridade, eficacia e equilibrio, en diferentes tipos e estados do terreo, segundo a técnica máis axeitada a cada caso.

* Valora-la necesidade de estar en bo estado de acondicionamento físico para a práctica de actividades con bicicletas no medio natural coas máximas garantías para a saúde.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Material e equipo:

* Selección do equipo e material persoal e complementario para empregar na actividade.

* Adecuación de medidas ó usuario: tallas, regulación de elementos móbiles, ...

* Distribución da carga na bicicleta.

Conducción de grupos en bicicleta:

* Análise das medidas para ter en conta nos itinerarios en bicicleta con respecto:

-Ós usuarios.

-Ó lugar.

-Ás normas de circulación.

* Desenvolvemento dos itinerarios en grupo: organización, instruccións e aplicación das técnicas de dinámica de grupos.

* Selección de itinerarios en función do grupo.

* Aplicación dos consellos e criterios para a asignación e adecuación de bicicletas ás persoas dos distintos grupos.

* Análise das distintas actuacións do técnico antes, durante e despois da actividade.

Técnicas de conducción de bicicletas:

* Control e manexo da bicicleta.

* Aplicación de técnicas de propulsión, equilibrio e específicas da conducción en:

-Subidas e baixadas de diferente pendente e en diferentes tipos de terreo.

-Superación de obstáculos.

-Trial.

-Freadas e derrapaxes.

* Adaptación das distintas técnicas de conducción ás necesidades especiais das persoas con discapacidades.

Mecánica e mantemento:

* Selección das técnicas e coidados destinados ó correcto mantemento das bicicletas.

* Desmontaxe e montaxe de elementos básicos.

* Execución das reparacións básicas e de emerxencia destinadas a resolver situacións críticas puntuais.

* Emprego dos distintos métodos de transporte en vehículos e almacenamento.

* Adaptación das bicicletas ás necesidades especiais das persoas con discapacidades.

Contidos conceptuais

Material e equipo:

* Tipos de bicicleta. Compoñentes básicos.

* Equipo e material persoal e complementario.

* Instruccións para a carga da bicicleta.

Conducción de grupos en bicicleta:

* Instruccións ó grupo.

* Normas de circulación en ruta e estrada.

* A organización do grupo: itinerarios adecuados e material adecuado.

* Instruccións para o correcto desenvolvemento de itinerarios en grupo.

* Técnicas de dinámica de grupos destinadas a favorece-lo control do grupo durante o desenvolvemento da actividade.

Contidos actitudinais

* Respecto polo medio natural no que se desenvolve a actividade e participación nas actividades destinadas a preservalo.

* Valoración do aspecto lúdico das actividades en bicicleta.

* Colaboración para facilita-la integración de persoas con discapacidades nos itinerarios en bicicleta.

* Valoración da importancia que, para a seguridade das persoas, ten o correcto mantemento, transporte e almacenamento das bicicletas e do equipamento que se emprega na práctica de actividades desenvolvidas con elas.

* Preocupación polo estado de saúde e de acondicionamento físico previo á actividade física que se vai desenvolver, así como da realización dos exames médicos previstos para descartar posibles contraindicacións a ela.

3.2.3. Módulo profesional 3: conducción de grupos dacabalo e coidados equinos básicos:

Asociado á unidade de competencia 3: conducir clientes dacabalo por itinerarios no medio natural.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los procedementos de organización seleccionando a documentación e información necesarias para a conducción de grupos en rutas ecuestres.

* Planificar, deseñar e propor rutas ecuestres adecuadas ás características dos usuarios.

* Determina-las medidas de control e seguridade necesarias para garantir un adecuado itinerario, previndo as posibles continxencias que se poidan producir.

* Analiza-las necesidades e coidados básicos do cabalo nas cortes e en ruta, definindo claramente a raza e características básicas do seu comportamento, deducindo posibles perigos en relación ás súas reaccións.

* Efectua-lo mantemento e coidados básicos dos cabalos en corte e en ruta segundo as súas necesidades.

* Explica-las características do cabalo e do equipo que mellor se adapte ós distintos tipos de itinerarios e clientes.

* Prepara-lo cabalo para unha ruta ecuestre, identificando o material necesario (talabartería, ferraxe, alforxas...), a súa distribución e as medidas destinadas á súa posible reparación de urxencias.

* Controla-lo cabalo mantendo equilibrio ós diferentes aires (ó paso, ó trote e ó galope...) por distintos terreos e con obstáculos baixos.

* Realiza-la monta e desmonta do cabalo desde o chan, adopta-la posición adecuada sobre o cabalo en función do ritmo e características do terreo e axudar a outros xinetes a facelo.

* Analiza-los procedementos de organización, seleccionando a documentación e información necesarias para a conducción de grupos en rutas ecuestres.

* Conducir grupos de persoas a cabalo ós diferentes aires, controlando desde o propio cabalo os comportamentos anormais dos outros.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

O cabalo, material e equipo:

* Análise das características que debe reunir un cabalo de marcha.

* Identificación dos sinais indicativos de malestar ou enfermidade do cabalo.

* Equipamento do cabalo tendo en conta as características, tallas e axustes precisos.

* Identificación e reparación de ferraxes.

Conducción de grupos dacabalo:

* Distribución e organización do grupo.

* Control do grupo e selección de itinerarios adecuados tendo en conta o terreo, o cabalo e os usuarios.

* Análise das distintas actuacións do técnico antes, durante e despois da actividade.

* Adaptación das distintas técnicas de conducción ás necesidades especiais das persoas con discapacidades.

* Identificación dos riscos típicos nas marchas ecuestres e aplicación das medidas preventivas destinadas a evitalos.

* Análise das normas de seguridade para ter en conta.

Coidados e mantemento:

* Rutinas das cortes.

* Execución das tarefas destinadas a abeberar e alimenta-los cabalos.

* Adecuación de espacios e leitos para pasa-la noite nas cortes e en ruta.

* Preparación de talabartería e reparacións básicas.

* Mantemento preventivo e almacenaxe de materiais e equipamentos.

Técnicas de equitación:

* Guía de cabestro.

* Monta e desmonta desde o chan, por ámbolos lados, con e sen axuda.

* Monta ós tres aires da monta en terreos de diferente desnivel e dificultade.

* Dominio do salto de obstáculos sinxelos.

* Establecemento da carga do cabalo.

* Conducción dun grupo de cabalos.

* Adaptacións nas técnicas, nos materiais e na elección da cabalería para facilita-la participación de persoas con discapacidades.

Contidos conceptuais

O cabalo, o material e o equipo:

* Tipos de cabalo: características específicas dos cabalos de raza galega (Faca galizana).

* Anatomía, fisioloxía, saúde e psicoloxía equina.

* Material e equipo do cabalo.

* Equipo básico do xinete.

Conducción de grupos dacabalo:

* Instruccións ó grupo.

* Criterios para a asignación de cabalos.

* Aspectos para ter en conta na distribución e organización do grupo.

* Medidas para ter en conta no control do grupo.

Coidados e mantemento:

* Rutinas das cortes.

* Hidratación e alimentación das cabalerías.

* Necesidades nutricionais da cabalería en función do seu estado fisiolóxico e actividade física.

* Talabartería e ferraxes.

Técnicas de equitación:

* Tipos e características das diferentes técnicas de equitación.

Contidos actitudinais

* Recoñecemento e divulgación das características definidoras dos cabalos de raza autóctona galega: Faca galizana.

* Rigor na supervisión e mantemento dos equipos e materiais que se empregan nas distintas actividades.

* Amosar respecto polo cabalo e o medio natural no que se desenvolve a actividade.

* Interesarse e colaborar nos coidados tanto das cabalerías como das cortes.

* Sensibilidade e colaboración nas tarefas destinadas a adecuar e facilita-la realización de actividades a persoas con discapacidades.

* Actitude responsable e respectuosa coas persoas que participan nas distintos itinerarios.

* Supeditar aspectos lúdicos e/ou competitivos que poidan levar consigo riscos á seguridade do grupo.

3.2.4. Módulo profesional 4: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e as características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto da duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, formalización dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Cubri-los datos da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa:

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 5: fundamentos biolóxicos, saúde e primeiros auxilios:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los órganos que configuran cada un dos sistemas ou aparellos do corpo humano, definindo a función de cada un deles.

* Defini-las características estructurais, funcionais e mecánicas do aparello locomotor.

* Analiza-la resposta dos diferentes sistemas e aparellos do organismo á práctica das diferentes actividades fisicodeportivas nas diversas etapas evolutivas da vida.

* Axusta-la achega enerxética e hídrica dunha persoa, así como as pautas de administración, en función da duración e intensidade da actividade, utilizando táboas de referencia.

* Analiza-lo nivel de saúde dos usuarios, discriminando os síntomas de fatiga e aquelas contraindicacións que impidan continuar coa actividade.

* Describi-los efectos das diferentes técnicas recuperadoras sobre o organismo e aplica-las máis adecuadas en cada situación (estiramentos, masaxe, sauna...).

* Analizar e aplica-los procedementos e técnicas dos primeiros auxilios, en función do tipo de accidente ou lesión, segundo os protocolos establecidos, discriminando os casos nos que debe intervir outro profesional máis cualificado.

* Discrimina-las prioridades de actuación en función da gravidade e tipo de lesión.

* Identifica-las situación que requiran de recuperación cardio-pulmonar e realiza-las manobras básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP).

* Seleccinar e realiza-las técnicas básicas de inmobilización e/ou traslado de persoas enfermas ou accidentadas.

* Confeccionar unha caixa de urxencias básica e describi-las indicacións dos productos que contén.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

Fundamentos biolóxicos:

* Adaptacións funcionais á actividade física.

Actividade física e saúde:

* Valoración do esforzo tomando como referencia o pulso.

* Manexo de táboas de gasto enerxético.

* Aplicación de técnicas recuperadoras.

Primeiros auxilios:

* Análise e realización das diferentes técnicas de exploración básica.

* Elección e aplicación dos procedementos e técnicas de atención urxente ante:

-Traumatismos físicos.

-Traumatismos químicos.

-Alteracións da consciencia.

* Dominio das técnicas de RCP básicas.

* Elección e execución de sistemas adecuados de transporte e inmobilización de persoas enfermas ou accidentadas.

Contidos conceptuais

Fundamentos biolóxicos:

* Estructura e funcións dos diferentes sistemas e aparellos do organismo humano.

* Introducción á biomecánica da marcha e do ciclismo.

* Fundamentos do metabolismo enerxético.

* Concepto de fatiga e recuperación.

Actividade física e saúde:

* Efectos da actividade física sobre a saúde.

* Contraindicacións totais ou parciais na práctica das AFD.

* Gasto, achega e balance enerxético.

* Hábitos saudables e hábitos tóxicos.

* As técnicas recuperadoras.

* Descrición das diferentes etapas evolutivas da vida e a súa relación coa actividade física.

* A actividade física na terceira idade.

Primeiros auxilios:

* Principios xerais do socorrismo.

* Técnicas exploratorias básicas. Métodos diagnósticos.

* Traumatismos físicos.

* Traumatismos químicos.

* Alteracións da consciencia.

* Deshidratación, hipoglucemia, hipertemia e golpe de calor.

* RCP básica.

* Sistemas de recollida, transporte e evacuación de persoas accidentadas.

* A caixa de urxencias.

Contidos actitudinais

* Valoración da práctica de actividades fisicodeportivas no medio natural como xeito de aproveita-lo lecer en contacto co ambiente.

* Recoñecemento da importancia que a práctica de actividades físico-deportivas ten no estado de benestar das persoas.

* Aceptación da importancia de promover hábitos saudables nas persoas e de reforzar aquelas conductas destinadas a rexeita-los hábitos tóxicos ou nocivos.

* Asunción da necesidade de colaborar cos servicios de rescate e sanitarios sempre que sexa preciso.

* Colaboración con outros profesionais da saúde na súa promoción.

* Aceptación da práctica deste tipo de actividades como xeito de enriquecemento social e cultural.

* Ter unha actitude dilixente e colaboradora nas manobras de recollida, inmobilización e transporte de persoas accidentadas así como na aplicación de medidas de recuperación.

3.3.2. Módulo profesional 6: actividades físicas para persoas con discapacidades:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las características máis relevantes dos diferentes tipos de diminución enumerando os diferentes sistemas de clasificación e os criterios de valoración médico-deportiva.

* Discrimina-los casos nos que por exceder da súa competencia non debe intervir sen o asesoramento doutro profesional máis cualificado.

* Realiza-la transferencia de persoas con discapacidades motrices dun lugar a outro en condicións de seguridade, segundo procedementos establecidos.

* Indica-las especificidades e as contraindicacións da adaptación dunha persoa con discapacidades á práctica de actividades físicas.

* Realizar valoracións funcionais sinxelas de persoas con discapacidades, a partir dos datos obtidos cos instrumentos de valoración e na aplicación de test protocolizados.

* Identifica-las necesidades de atención e axuda das persoas segundo o tipo e características da discapacide que ten e do grao de autonomía.

* Sinala-los aspectos e motivacións singulares para considerar na animación con persoas discapacitadas.

* Comunicarse con persoas con discapacidades sensoriais, a partir de consignas e instruccións verbais e xestuais entendedoras e adaptadas ás súas necesidades.

* Analiza-las condicións dun espacio determinado co fin de propor adaptacións que dean solución a posibles barreiras físicas.

* Seleccionar actividades modificando aqueles aspectos imprescindibles para que os participantes con diminucións poidan acceder a elas e precisa-lo material e escenario axeitados ás súas características e posibilidades.

* Indica-las posibilidades de intervención na organización de actividades físico-deportivas adaptadas dos diferentes organismos públicos ou privados.

* Xestiona-la documentación necesaria para a realización de actividades deportivas adaptadas e a atención das persoas con discapacidades que participan.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

As discapacidades:

* Valoración das posibilidades motrices dos distintos tipos de discapacitados.

* Análise das posibilidades de participación en cada actividade ou modalidade incluída no currículo das técnicas de actividades físicas e deportivas.

Nocións médico-sanitarias da actividade física adaptada:

* Control da hixiene e coidado específico das secuelas.

* Experimentación, manexo e mantemento do material protésico e ortésico.

* Actuación fronte a diferentes lesións.

* Determinación da técnica de transferencia de persoas discapacitadas que se vai utilizar.

* Transferencia de persoas con discapacidade tendo en conta a súa mobilidade.

Trato coas persoas con discapacidades:

* Manexo dos equipamentos e materiais necesarios e das axudas técnicas requiridas en cada situación.

* Adaptación de consignas e explicacións.

Organización de actividades físicas adaptadas:

* Identificación de deportes, actividades físico-recreativas e xogos adaptados a cada minusvalidez.

* Organización de actividades físicas adaptadas tanto institucionalizadas como non institucionalizadas.

* Tramitación da documentación específica.

Integración e normalización:

* Práctica de xogos sensibilizadores, integradores e específicos.

Contidos conceptuais

As discapacidades:

* Concepto e tipo de discapacidades: fisicomotrices, psíquicas e sensoriais.

* A valoración médicodeportiva das discapacidades: test e instrumentos de valoración.

* Clasificacións medicodeportivas.

Nocións médicosanitarias da actividade física adaptada:

* A adaptación ó esforzo das persoas discapacitadas: características e contraindicacións.

* A transferencia de persoas discapacitadas: características e técnicas.

Barreiras arquitectónicas:

* Lexislación estatal e autonómica.

* Clases de barreiras físicas.

* As modificacións arquitectónicas e a funcionalidade dos espacios.

Integración e normalización:

* Concepto e terminoloxía. Filosofía.

* Evolución histórica do deporte adaptado.

* Beneficios físicos, psicolóxicos e sociais da actividade física en persoas con discapacidades.

Organización de actividade física adaptada:

* Organismos e entidades a nivel autonómico, estatal e internacional.

Contidos actitudinais

* Rigor nas pautas para a optimización das relacións interpersoais.

* Interese polas características psicoafectivas das persoas con discapacidades.

* Conciencia da responsabilidade de integrar persoas nun grupo.

* Responsabilidade na adaptación de actividades ás posibilidades das persoas con discapacidades.

* Colaboración nas axudas requiridas polas persoas con discapacidades e potenciación da súa autonomía.

* Sensibilidade á hora de establecer consignas e explicacións adecuándoas ás necesidades das persoas.

3.3.3. Módulo profesional 7: dinámica de grupos:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los factores psicosociolóxicos que poden influír na conducción de actividades fisicodeportivas.

* Explica-la influencia de determinados factores da sociedade actual e a súa relación coas actividades de ocio, turismo e fisicodeportivas e a dinámica de grupos.

* Identificar signos e actitudes de emoción intensa e de situacións de crise, propondo estratexias de actuación para potencialas ou reconducilas.

* Caracterizar e analiza-los papeis, funcións, tarefas e calidades que se requiren do conductor nos encontros de grupo.

* Analiza-la dinámica interna dos grupos, relacionando os diferentes roles coas súas funcións e tarefas e especificando o papel do conductor en cada tipo de grupo.

* Caracterizar e aplicar distintos procedementos e/ou técnicas de animación de grupos.

* Xustificar e valora-la importancia dunha actitude empática e tolerante no animador e descubri-los comportamentos que a caracterizan.

* Identificar, utilizar e seleccionar diversas técnicas de comunicación adecuadas ó contexto situacional.

* Xustifica-las distintas estratexias empregadas para conseguir unha boa comunicación.

* Describi-los elementos e o funcionamento do proceso de comunicación no seo do seu grupo.

* Identifica-las interferencias que dificultan a comprensión da mensaxe indicando as medidas correctoras delas.

* Seleccionar e empregar aqueles recursos audiovisuais e gráficos para transmitir información complementaria á actividade.

* Seleccionar e empregar técnicas de comunicación verbal ou xestual adecuadas ó contexto situacional.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Dinámica e dinamización de grupos:

* Análise e aplicación das diferentes técnicas dinamizadoras de grupos.

* Identificación e selección das técnicas de recollida de datos máis adecuada en cada caso.

* Aplicación das distintas técnicas de elaboración da información utilizando diferentes soportes.

Solución de problemas e toma de decisións:

* Selección e aplicación dos métodos máis usuais para a toma de decisións no grupo.

* Análise e resolución das situacións de conflicto.

* Medidas destinadas á prevención das situacións de conflicto e crise no medio natural.

Comunicación:

* Elaboración de informes utilizando diferentes soportes.

* Selección e aplicación das técnicas destinadas a supera-las dificultades e barreiras na comunicación.

* Análise e elección do tipo de comunicación máis adecuado ó contexto situacional.

Os grupos no medio natural:

* Análise dos ingredientes de emoción, risco e aventura nas actividades no medio natural.

* Identificación e xeración de actitudes específicas. Control de riscos.

Contidos conceptuais

Fundamentos psicolóxicos, pedagóxicos e sociolóxicos básicos aplicados á conducción de actividades fisicodeportivas:

* Desenvolvemento evolutivo.

* Psicoloxía do grupo.

* Calidade de vida e desenvolvemento persoal. Necesidades persoais e sociais.

* Motivación, actitudes, sensación e emoción.

* Socioloxía do lecer, tempo libre, turismo e deporte.

* A educación non formal e actividades físico-deportivas.

Dinámica e dinamización de grupos:

* O grupo.

* O líder: tipos de liderado.

Solución de problemas e toma de decisións:

* Factores que inflúen nunha decisión.

* Métodos más usuais para a toma de decisións en grupo.

* Fases na toma de decisións.

Comunicación:

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Os grupos no medio natural:

* Comportamentos e relacións tipo. Rivalidade. Cohesión.

Contidos actitudinais

* Valoración do papel dinamizador que o conductor das actividades fisicodeportivas ten na sociedade actual.

* Observación das medidas correctoras destinadas a evitar comportamentos antisociais.

* Colaboración e coordinación coas persoas que participen no desenvolvemento dos diferentes plans de actuación conxuntos.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Definir e organizar percorridos e estadías no medio natural.* Análise das posibilidades reais da zona para a organización de percorridos no medio natural.

* Descrición do material necesario, duración do percorrido, zonas de descanso e calquera outro aspecto de interese para a realización do traxecto.

2.Definir e organizar actividades complementarias no medio natural.* Programación das actividades complementarias para realizar axeitadas ós diferentes usuarios e percorridos, tendo en conta a súa duración o período de acampada.

3.Tramita-los medios e recursos necesarios para a realización das actividades no medio natural.* Recollida diaria de información meteorolóxica interpretando os datos e publicándoos nun lugar axeitado para ter informados os usuarios.

* Realización dos trámites necesarios para a organización de actividades no medio natural.

4.Tomar medidas de soporte psicolóxico e adopta-las medidas preventivas necesarias de primeiros auxilios previas á realización da actividade.* Selección da caixa de urxencia en función das actividades para realizar.

* Consellos hixiénico-sanitarios previos á realización da actividade.

* Identificación dos teléfonos de interese e próximos ó lugar da actividade.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Aplicación das técnicas de inmobilización e traslado de persoas feridas ou accidentadas.

5.Informa-lo grupo sobre os distintos aspectos paisaxísticos e culturais, fomentando conductas respectuosas co medio nas actividades que se desenvolvan. * Descrición, ós usuarios, das características propias da zona.

* Fomento de conductas respectuosas co ambiente.

6.Analiza-las condicións de partida dun grupo ante un itinerario a pé: materiais, distribución da carga e outros aspectos.* Recepción e información ó grupo do itinerario previsto.

* Explicación e consellos, o grupo ou clientes, sobre diferentes aspectos da marcha a pé.

7.Acompañar grupos ou clientes por itinerarios a pé, baixo a supervisión do responsable da empresa.* Aplicación dun ritmo axeitado na marcha, tendo en conta a súa dificultade e duración, así como as características propias dos participantes.
* Detección de signos ou síntomas de canseira ou fatiga e deshidratación nas persoas que participan nos itinerarios.
* Detección de imprevistos e propostas de itinerarios alternativos durante o percorrido, se é o caso.

8.Guiar clientes ou grupos por itinerarios en bicicleta baixo a supervisión do responsable da empresa.* Aplicación dun ritmo axeitado na marcha tendo en conta a súa dificultade e duración, así como as características propias do usuario.

* Detección de signos ou síntomas de canseira ou fatiga e deshidratación nas persoas que participan nos itinerarios.

* Detección de imprevistos e propostas de itinerarios alternativos durante o percorrido, se é o caso.

9.Analiza-las condicións de partida dun grupo ante un itinerario en bicicleta: material, vestimenta...* Recepción e información ó grupo do itinerario previsto.

* Explicación e consellos sobre os diferentes aspectos da marcha en bicicleta ós clientes.

10.Guiar clientes ou grupos por itinerarios dacabalo baixo a supervisión do responsable da empresa.* Control, durante o transcurso da marcha, dos posibles demorados, guiando en cabeza o grupo.

* Alternancia de posicións durante a marcha para lles dar consellos técnicos ós usuarios e apoio psicolóxico, cando sexa preciso.

* Detección de imprevistos e propostas de itinerarios alternativos durante o percorrido, se é o caso.
* Revisión, durante as pausas, da albardería e ferraxes do cabalo.

11.Analiza-las condicións de partida dun grupo ante un percorrido en cabalo.* Recepción e información, polo grupo, do itinerario previsto.

* Explicacións e consellos, ós usuarios, sobre os distintos aspectos do percorrido en cabalo

* Explicación, ó inicio da marcha, das características e costumes do cabalo, así como os consellos habituais para o desenvolvemento da marcha.
* Demostrarlles ós clientes, ó inicio da actividade, a posición adecuada sobre o cabalo, a forma de face-la monta e desmonta, forma de lle dar ordes ó cabalo, etc..

12.Colaborar nas tarefas rutineiras das cortes.* Colaboración diaria na mantenza e hixiene equina.
* Observación e colaboración co veterinario, nas curas e tratamentos dos cabalos.

13.Cumprir con responsabilidade profesional, calquera actividade ou tarefa asignada e relacionada co traballo que realiza, amosando unha actitude de superación e respecto.* Cumprimento responsable das normas, procesos e procedementos establecidos ante calquera actividade ou tarefa, obxectivos, tempos de realización e niveis xerárquicos existentes na empresa.

* Responsabilidade no traballo asignado, comunicándose coa persoa adecuada en cada momento. Canalización das demandas e indicacións dos usuarios ás persoas adecuadas.

* Asunción das características do seu traballo na empresa e predisposición a executar con rigor e dilixencia ás instruccións recibidas.
* Coordinación da súa actividade coa do resto de persoal da empresa mantendo boas relacións interpersoais.
* Estimación das repercusións do seu traballo nas actividades que oferta a empresa, e na imaxe que está proxecta.
* Demostración en todo momento dunha actitude de respecto cara ós procedementos e normas internas da empresa.
* Participación nas actividades complementarias da empresa.

14.Aplicar, se é o caso, primeiros auxilios.* Aplicación das primeiras curas no caso de lesión ou accidente.
* Realización de RCP básica.

15.Establecer dispositivos de seguridade nas situacións que implican riscos.* Deseño dun plan de evacuación de persoas feridas ou accidentadas, segundo os protocolos establecidos.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

16.Organizar e colaborar na montaxe da zona onde pasa-la noite durante a travesía.* Montaxe e recollida da zona onde pasa-la noite durante as travesías.

* Programación de actividades de animación na propia acampada.

17.Revisa-lo material ó finalizar a actividade.* Revisión do material para empregar nas diferentes actividades no medio natural.
* Comprobación do estado do material tanto ó inicio como durante os percorridos, nos descansos ou ó seu remate.
* Colaboración na recepción do diverso material.
* Colaboración na reparación ou substitución do material deteriorado.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de conducción de actividades fisicodeportivas no medio natural:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre(1)(1)

2Conducción de grupos en bicicletas(1)(1)

3Conducción de grupos dacabalo e coidados equinos básicos(1)(1)

4Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

5Fundamentos biolóxicos, saúde e primeiros auxiliosEducación físicaProfesor de ensino secundario

6Actividades físicas para persoas con discapacidadesEducación físicaProfesor de ensino secundario

7Dinámica de gruposEducación físicaProfesor de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Para a impartición destes módulos profesionais é necesario un profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de conducción de actividades fisicodeportivas no medio natural require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de bicicletas90 m60 m10%

Ximnasio90 m90 m10%

Cortes (1)150 m150 m15%

Baixa e media montaña (1)35%

Aula polivalente60 m40 m30%

(1) Espacio singular non necesariamente situado no centro docente.

A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio previsto para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre.

* Conducción de grupos en bicicletas.

* Conducción de grupos dacabalo e coidados equinos básicos.

* Actividades físicas para persoas con discapacidades.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre.

* Conducción de grupos en bicicletas.

* Conducción de grupos dacabalo e coidados equinos básicos.

* Actividades físicas para persoas con discapacidades.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1, 2 e 3 trimestre

215Desprazamento, estandía e seguridade no medio terrestre

130Conducción de grupos en bicicleta

215Conducción de grupos dacabalo e coidados equinos básicos

80Fundamentos biolóxicos, saúde e primeiros auxilios

55Actividades físicas para persoas con discapacidades

55Dinámica de grupos

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

55Formación e orientación laboral

4 trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.