A necesidade de adecua-las características do posto de traballo do xerente do Centro de Control de Calidade do Medio Mariño de Vilaxoán ás funcións que terá que desenvolver este, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vintetrés de marzo de dous mil, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.
Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de marzo de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, marisqueo e Acuicultura, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO
Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura
Persoal funcionario
Na relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 202, do 19 de outubro de 1999, prodúcese a seguinte modificación:
* Na páxina 12.402, no centro de destino «CENTRO DE CONTROL DA CALIDADE DO MEDIO MARIÑO (VILAXOÁN)», no posto co código «PE.C99.40.202.36590.001. XERENTE», na columna «Grupo» engádese «B».