Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.054

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de marzo de 2000 pola que se procede á execución da sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, con data do 9 de febreiro de 2000, e se dispón a publicación dunha aspirante que debe incluírse na relación dos que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 11 correspondente ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade e en execución do disposto na resolución da sentencia dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, con data do 9 de febreiro de 2000, pola que se estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento abreviado nº 358/1999, interposto por Mª del Carmen Fernández González, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Incluír na relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 11 correspondente ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, publicada en virtude da Orde do 3 de xuño de 1999 (DOG nº 107, do 7 de xuño), á persoa da que se sinalan os datos a seguir:

Apelido I: Fernández.

Apelido II: González.

Nome: Mª del Carmen.

DNI: 34.924.173.

Nota 1: 13,75.

Nota 2: 8,75.

Méritos: 0,88.

Total: 23,38.

Segundo.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no DOG, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública