Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.057

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000 pola que se nomean funcionarios de carreira, da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, os aspirantes que superaron o curso selectivo.

Por Resolución do 27 de decembro de 1999 foron nomeados funcionarios en prácticas da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes que aprobaron as correspondentes probas selectivas.

Superado polos aspirantes o curso selectivo previsto na Resolución do 10 de maio de 1999, pola que se convocaban as devanditas probas selectivas

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da universidade,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira os interesados prestarán xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto deste nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de xestión da Universidade

de Santiago de Compostela

Apelido 1Apelido 2NomeDNI

1GarcíaReyRamón76.854.201
2VilasNovásMª Beatriz33.243.600
3CarballeiraHortasRicardo33.189.319
4Casal BotanaMª Milagros33.235.619
5NavazaBlancoFélix35.203.188
6ParguiñaFernándezMª del Pilar32.446.627
7BraoViñaAna María33.305.963
8PiñeiroArandaMª Concepción32.755.730
9SoengasSeoaneMª del Carmen33.267.242