Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se anuncia concurso, polo sistema de procedemento aberto, para a adquisición de material informático para centros dependentes desta consellería. (Expediente 1/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 1/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material informático para centros dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de entrega: lotes 1, 2, 3, 5 e 6: 30 días. Lote 4: 60 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 552.154.000 ptas. (3.318.512,37 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% da cantidade establecida para cada lote e que figura no anexo III do prego de prescricións técnicas.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n, Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

c) Enderezo de Internet: http.//www.xunta.es/conselle/ceoug/sx/index.htm.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova, 19, Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 22 de maio de 2000, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: San Caetano s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 26 de maio de 2000, a partir das 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria