Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

EDICTO.

No Concello de Catoira tramítase a autorización para a construcción en solo rústico dunha edificación para usos hoteleiros, que se situará no lugar de Tras da Veiga, parroquia de Catoira, por solicitude de Juan José Conde Touriño e Ana María Otero González.

De conformidade co establecido no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, durante o cal se poderá consulta-lo expediente nas oficinas municipais e presenta-las reclamacións que se consideren procedentes.

Catoira, catorce de marzo de dous mil.

O alcalde-presidente

Rubricado