Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é o mantemento e a reparación dos elementos de control de acceso restrinxido ó núcleo histórico. Actualmente atópanse en servicio nas seguintes portas de entrada: Cardeal Payá, Algalia de Abaixo, Casas Reais. A estas incorporaranse a Porta da Pena, cando transcorra o prazo de garantía, así como aqueles outros elementos que posteriormente instale o concello.

Tipo de licitación: 4.998.152 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de catro anos contado a partir do día seguinte ó da recepción da notificación do acordo de adxudicación. O período inicial poderá ser prorrogado por anualidades ata un máximo de dous anos.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Partida orzamentaria: o gasto irá con cargo ó consorcio, á partida orzamentaria 222.22716/2000.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14 horas dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela, (Departamento de Contratación-Servicios) Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, 19-21. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe do orzamento.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

Modelo de proposicións:

Don/Dona....., con domicilio en..... rúa..... nº..... teléfono....., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación) de..... DNI ou CIF nº..... e domicilio en....., toma parte no concurso por procedemento aberto para a..... e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... pesetas.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de condicións deste contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En...... o.....de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso de..... presentada por.....

En..... o..... de.....de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde