Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é obxecto deste contrato a subministración dun sistema de información de xestión de ingresos, de acordo coas características indicadas no prego de condicións económico-administrativo.

Tipo de licitación: 10.000.000 de pesetas IVE incluído.

Financiamento: partida: 00-121.62602.

Prazo de execución: o contratista estará obrigado a entrega-los bens obxecto da subministración no prazo dun mes a partir da data de recepción da notificación.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación; Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios), teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto criterios de adxudicación, do prego de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

Don/Dona..... veciño/a..... nº..... e DNI nº....., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de..... ) na licitación do contrato de:....., e xa que logo fago constar:

a) Ofrezo o prezo de..... (en letras e números)..... pesetas, o que supón unha baixa de..... (en letras e números)..... pesetas, con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección á industria nacional.

Santiago de Compostela, ..... de..... de 2000.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anucio no BOP.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde