Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se procede ó inicio de expediente expropiatorio dos terreos necesarios para a execución do proxecto de ramal de gas do Complexo Medioambiental de Cerceda.

O proxecto de ramal de gas do Complexo Medioambiental de Cerceda, foi aprobado definitivamente como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal por resolución do Consello de la Xunta de Galicia do 15 de febreiro de 2000. A Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), insta, como beneficiaria da expropiación, a incoacción do correspondente expediente expropiatorio para a execución do proxecto, de acordo co previsto no artigo 5 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

O proxecto afecta os termos municipais de Abegondo, Mesía, Ordes, e Cerceda (lugares de Fonte do Seixo, Brixeo e Recostro en Abegondo; As Cobenllas e Seixo en Mesía; Fraga, O Coto, Anada Pequena, Seixo, Mesón, Rubieiro Pequeno, Quenlla da Dina, Chousa do Cuco, Trobe, Trobe Pequeno, A Capela, Detrás da Capela, Bulleiro, Campos de Fruxil, Camposas, Pío, Revolta Nova, Cancela da Brea, Brañas, Tras da Chousa e Chousa da Terroeira en Ordes; e Morzos en Cerceda).

Na súa virtude e para os efectos previstos nos artigos 17 e 18 da Lei de expropiación forzosa e para os concordantes do regulamento para súa aplicación,

RESOLVO:

Inicia-lo expediente de expropiación forzosa e abri-lo período de información pública polo prazo de 20 días hábiles, -computados na forma prevista no artigo 17, parágrafo primeiro do Regulamento do 26 de abril de 1957-, coa finalidade de que os propietarios que figuran na relación anexa e as personas ou entidades que se consideren afectadas poidan por escrito emendar ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os posibles erros padecidos na relación de bens ou face-las alegacións que estimen pertinentes, de acordo co previsto na Lei de expropiación forzosa e no artigo 56 do regulamento para a súa aplicación.

O proxecto de referencia e os planos parcelarios ponse de manifesto nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña.

-Concellos de Abegondo, Mesía, Ordes, e Cerceda.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

Francisco Pan Montojo

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental